A fame:
En tempos de fame cando se comían os brisos do río, que eran unhas plantas pequenas cunhas floriñas brancas, tamén se recollían unhas herbas dos montes e das leiras que botan unha çeboliña pequena, así como pan de cobra, leitughas,...
Todo valía para inghredientes das comidas, como empanadas, caldo, ou calquera outro tipo de comida, que ao non haber açeite, par ao cal había que ter cartos, nin manteigha ou ghraxa do porco como sustituto, botábanlle viño, iso que no tivera, senón aghua.
Para criar un porco ou calquera outro animal había que ter que dárlle que comer.
Teño escoitado en conversas aos vellos que, por exemplo épocas pasadas na feira de Noia a cal era a que estaba máis perto daquí, cheghaban as familias ao extremo de vender as mulleres na feira para traballaren nas casas dos poderosos.
Púñanse as moças sentadas en bancos xa dispostos na feira todas de fronte e en rinqlueira, e alí iban os adiñeirados a que lles mostraran as mans por ver se tiñan callos para aseghurarse de que eran traballadoras, tanto para criar os fillos dos poderosos, como façelas labores da casa ou coidarlles os animais e traballaren as terras.
En tempos de fame cando se comían os brisos do río, que eran unhas plantas pequenas cunhas floriñas brancas, tamén se recollían unhas herbas dos montes e das leiras que botan unha çeboliña pequena, así como pan de cobra, leitughas,...
Todo valía para inghredientes das comidas, como empanadas, caldo, ou calquera outro tipo de comida, que ao non haber açeite, par ao cal había que ter cartos, nin manteigha ou ghraxa do porco como sustituto, botábanlle viño, iso que no tivera, senón aghua.
Para criar un porco ou calquera outro animal había que ter que dárlle que comer.
Teño escoitado en conversas aos vellos que, por exemplo épocas pasadas na feira de Noia a cal era a que estaba máis perto daquí, cheghaban as familias ao extremo de vender as mulleres na feira para traballaren nas casas dos poderosos.
Púñanse as moças sentadas en bancos xa dispostos na feira todas de fronte e en rinqlueira, e alí iban os adiñeirados a que lles mostraran as mans por ver se tiñan callos para aseghurarse de que eran traballadoras, tanto para criar os fillos dos poderosos, como façelas labores da casa ou coidarlles os animais e traballaren as terras.
10 comentarios:
¿Qué é o pan de cobra?
¿Qué pasaban fame antes?. Todo porque comían briso,leitugas ou pan de cobra...ja,dame a risa.
Para fame a que pasei eu na mili.
Pero bueno, xa volo contarei despois, porque ajora xa é a unha e media e voume para a casa porque me entraron janas de comer...
¿Dices tú de mili?
Mili la que pasé yo en Cartagena, en infantería de marian.
teníamos un cabo chusquero que era de la piel del demono, pero yo me camelé a un furriel sino hubiera chupado más mili que el palo de la bandera.
Eu non pasei fame, pero si falla de moitas cousas e non digo de xoguetes, senón de alimentos que noutras casas tiñan e na miña non os había, fora unha etapa dificil pero que gracias a Deus xa pasou.
O pan de cobra son os coghomelos, máis conoçidos como setas.
Daquela andaban a patadas con eles e os tiñan como algho que semellaban tocados polos ofidios, réptiles e demáis fauna, polo que lle daban repulsión.A non ser por eses tempos de neçesidades en que apañaban todo o que encontraban. Anque hoxe hai moita xente que os anda buscando polos montes, lévannos ás súas casa, alí cun coitelo ou navalla sácanlle os picaños e restos de lixo que teñan arredor do cañoto e no sombreio , para logho vendelos ós seus compradores ambulantes e estes lévanos para os puntos de almaçenaxe, por exemplo en Cariño, perto de Ortighueira,... e daí transpórtanos aos lughares onde acostuman a consumirse como Barçelona, Madrid, Euskadi, Valençia, ...
Un reconoçemento a miña nai como a primeira introductora na parroquia de Cures e eu diría que de toda a canle hasta Boiro na costume de recoleççión dos coghomelos(chantarelas, lencuas de vaca ou ovella, boletos,...) a nivel comerçial como un inghreso máis das familias
Arredor aprox. do 1995-96 apareçeran por Moimenta unha ou dúas persoas de perto de Ortighueira ou Lugho que contrataron a un señor de Moimenta ensinándolle o que tiña que saber sobre as setas e coa fin de começar a explotaççión destes orghanismos a nivel comerçial. Tiñan de antemán xa todo a rede de produççión montada.
Enchían sacos e çestos destes orghanismos vexetais para introduçir na venda de consumo. Quedábaselle pequena a contía recollida en base á súa maior demanda polo que começaron alghún veçiños do señor de Moimenta a apañalos. A demanda aumentaba e os compradores un día nesa época 1996-97 chegharon pola taberna de meus pais e falando con miña nai dixéronlle se quería ghanar máis cartos ó lado da casa. Mostráronlle as espeçies que se daban nestes montes e o tipo de pinos onde acostuman a criarse para daí a pouco començar ela tamén a encher caixas, çestos e caldeiros de coghomelos.
Chegaba o día e os compradores viñan pola taberna a recoller todas estes fhunghos xa limpos e preparados. A operaçión era pesalos, xa que o preçio é por quilo. Levaban o produto e deixaban os cartos. A xente que alí estaba na taberna, nos primeiros días ríase cando vían a miña nai monte arriba e abaixo pateando o terreo e descubrindo os lughares onde estaba este froito. Eu teño ido con ela. Como pateaba o monte e subía polas barreira como unha javata. Cómo me ghustaba a min atopar as setas e descubrir os espeçios sorprendente que ten o monte e a natureça. Respirar o aire limpo, o sol entrando entre a ramaxe, o silençio do bosque. Ilusionábame cando me pedía de ir se é que eu tivese tempo para poder repartir. Empeçou meu pai a miña nai na búsqueda e xa non só camiñaban os montes da parroquia, senón que levaban o coche para trasladarse a montes do noso conçello, conçellos limítrofes e máis lonxanos: Padrón, Dodro, e máis distantes... Eso sí, tamén deçir que era tanta a paixón de miña nai en explorar o monte na búsqueda dos coghomelos que ten ido soa, chovendo ou con frío e incluso colléndolle a noite no camiño. Non é polas veçes que se lle avisou. A xente vendo que a cousa era continua e sistemática e como cada pouco tempo entreghaba o apañado e recollía os cartos no mostrador, empeçaron a inquietarse por querer tamén eles partiçipar e aumentar os seus inghresos.
Daí a un tempo a xente de Cures que esto vía apareçeu como recolectora por todas partes tendo de antemán contacto cos compradores para a súa recollida.
Hoxe por hoxe en todo o Barbança xa non é estrano ver recolectores de setas por calquera monte e currucho.
tés que dar explicacións máis amplias, ramón, que te explayas moi pouco
HISTORIAS DA PUTA MILI
¿Dices tú de mili?. Mili a que pasei eu en Fachadolid. Fasendo JUARDIAS no inverno a -47 JRADOS SENTRÍFUJOS no Pinar de Antequera, con dúas mantas por riba do uniforme. (Que non, que non esaxero,eran dúas mantas por riba do uniforme).
Fasía tanto frío que cómo votaras unha mexada ó aire libre, o chorro conxelábase antes de CHEJAR ó chan.
Eu fixen a mili en caballería e tocoume destino formando parte da tripulasión dun carro blindado(non carallo, un carro blindado non é un carro JALLEJO no que as vacas leven armadura,non). Tratábase dun tanque modelo M-47 da JERRA de Corea que os americanos lle deran a España cando o plan Marshall. O probe estaba tan feito polvo que sempre que saíamos ó campo con él, iba deixando un rastro de aseite e pesas que lle ían caendo ó chan.
Unha ves leváronnos a unhas maniobras conxuntas da Otan a SARAJOSA, a un campo militar
que lle chamaban SAN JREJORIO ,na famosa comarca DOS MONEJROS(Vaia TRABALENJUAS que fixen ca JOTA,eh).
Alí estivemos quinse días dalle que te PEJO. Moito se rían de nós os extranxeiros cando íamos ó campo de tiro. Primeiro tiraban eles cos seus tanques noviños do trinque, que dispoñían de torretas que xiraban electricamente e tiñan mira laser, e despois íbamos nós ca nosa carraca vella.Tiñamos que xirar a torreta cunha manivela, á palicuerda, e ó obxetivo tirábaselle casi a ollo,porque por aquela mirilla non se vía un carallo.Había veses que o pepinaso que lansábamos desviábase máis de 500 metros do blanco. Nós sabíamos a distansia á que quedáramos do obxetivo pola intensidade da risa dos extranxeiros.
Outra das probas que che mandaban faser nestas maniobras era unha de Orientasión. Soltáromnos en JRUPOS de catro no medio do monte de noite, cunha brúxula, e,SEJINDO as estrelas e máis as coordenadas dun plano que nos daban,había que CONSEJIR CHEJAR ó punto destino nun plaso de tempo de tres horas... a nós fóromnos buscar ó medio do monte á mañá SIJIENTE cun Land Rover.
Dormíamos nunhas pequenas tendas de campaña en PAREXAS de a TRES, como ordenara o sarxento.
Xa que durante esos quinse días só nos pudéramos duchar unha ves, debido á excases de AJUA,fasiámolo vestidos e calsados. Calquera se atrevía a quitar as botas, eso sería muerte SEJURA. Para acabar de JODER o noso "plasentero" descanso tódalas noites de MADRUJADA, o vento típico da Zona, o puto Sierso(Cierzo,ou tamén chamado Mistral),ENCARJÁBASE de tirarnos a tienda de campaña. As primeiras veses que nos pasou,levantámonos para voltar a montala tenda, pero despois, e dada a insistensia do puñetero vento, xa nos acostumamos a dormir ca lona PEJADA na cara.
Tema aparte era o da comida. Eu ó prinsipio, como son de bó dente, comía de todo o que me votaban.
A presentasión non era moi boa, e ás veses era complicado DISTINJIR si o primeiro prato era ensaladilla ou fabada, pero comíase. O problema empesou cando polo barracón se extendeu o rumor de que os cosiñeiros(moitos deles soldados de reemplaso coma nós),lle AJREJABAN INJREDIENTES a maiores ás comidas, e non espesias presisamente.
Era só un rumor, pero eu cómo son moi aprensivo empesei a andar ca mosca detrás da orella. Non paraba de pensar no tema:¡Cuspir e mexar na comida!, ¡Qué asco!,¡Imposible, non pode ser!.
Aserqueime á cosiña un día para FISJONEAR un pouco. Vín entón as pintas que tiñan moitos deles, e máis o seu estado físico (ALJÚNS xa estaban borrachos ás 12 da mañá), e desidín non volver a probar alimento preparado por eles, por si acaso.
Foi así como me fixen embaixador en Pusela(Pusela=Siudad por donde pasa el río PISUERJA), de productos JALLEJOS tales como Mexilóns, sardiñas, samburiñas...eso sí... todo en conserva. Iba CARJADO de latas para o cuartel.
Así que, ¿dices tú de mili?. Para mili a miña, ¡qué non sei como aínda SIJO vivo,coño!.
Posdata : O de JOHN Rambo(con JOTA) do título, non quere desir que JOHN se escribe con JOTA, sinón que se me disparou O ásido úrico no dedo JORDO do pé.
Pedro, descubricheste.
¿Dices tú de mili?.Para mili a miña, que hai quince anos que me casei e aínda ando tódolos días firme.
¿E qué me decides do Novo Look da páxina?.¡Qué cambio tan radical a cómo era antes!. O formato dos artigos,a estructura da páxina... Agora sí que está todo moito máis... como o explicaríá eu...MOITO MÁIS VERDE,¿NON SÍ?.
Publicar un comentario