lunes, 11 de mayo de 2009

BOIRO MÁXICO- O CASTRO DO ACHADIZO



Este recinto fortificado da Idade do Ferro pertence ao tipo de castros denominados costeiros. A súa aparencia está moi desfigurada polo barrio construído sobre grande parte do depósito.
As escavacións sacaron á luz varias estruturas arquitectónicas de carácter habitacional e restos da muralla pétrea. Estes vestixios foron consolidados, sinalizados e integrados nunha área pública de esparexemento.

3 comentarios:

Mary Hermo dijo...

O Castro do Achadizo esta á veira da miña casa, antes era un barranco onde habia basura, o típico conchal de porqueria.
O seu descubremente debeselle a un traballo escolar de 4ºB de EXB buscando a orixen do pobo, que fixeron no Colexio Santa María do Castro aló polo 1992, é que os rapaces que xogaban polo lugar levaron restos que para eles eran insignificantes pero que os mestres lles pareceron significativos e apartires de aí comezaron a tomar cartas no asunto Patrimonio e comezouse a excavar posto que os restos eran moi antigos, quen o diría onde tantas veces teño xogado eu ás casiñas e con restos de olas de barro e cousas polo estilo. Hoxe doume conta de que nese conchal como lle chamabamos os da zona era algo especial.

Saúdos a tod@s e biquiños.

Anónimo dijo...

pois eu non sei onde está este castro,teño que dicirlle ó meu homiño que, ainda que está moi ben que me saque do pais de vez en cando, debería ensinarme tamén estes lugares da nosa terriña...

Ramón dijo...

A EXCAVAÇIÓN DO PATRIMONIO (COUTO DA MOUREIRA, ACHADIÇO, ...):

Menos mal que foi un traballo escolar ghuiado polos mestres que viron a importançia do descubrimento e poideron avisar a tempo a Patrimonio coa posterior investighaçión dos profesionais que teñen como propósito o seu estudio.

Existe na imaxinería popular a idea de que estos lughares ocultan tesouros da época dos seus habitantes que os asoçiaban cos "mouros", coma no caso do Couto da Moureira.

Existira en çerta época un intento de investighaçión deste castro e dado o conoçemento deste feito polas xentes que daquela tiñan por costume pastorear por alí cos seus animais, foi extendéndose a notiçia, polo que foi expoliado por esta xente sen formaçión e sen alcançe das consecuençias de tal atrevemento.

Non soamente da xentes do lughar se intentou levar sobretodo xoiaría, senón que tamén de xentes con formaçión doutras latitudes pero sen escrúpulos.

Relatáronme que alí encontráronse por alghúns veçiños obxectos como adoas, colares,... que venderon a anticuarios da época.

Outros obxectos de xoiaría ou outra ferramenta están no museo de Pontevedra ghraçias a que foi atopada por profesionais da excavaçión.

CLAREXAR SOBRE THE TROOPER:

"Os ghrupos de rock son activistas valerosos e rebeldes que denunçiaron e romperon esquemas involuçionistas da soçiedade e hoxe en día outros que lle sighuen rompen as cadeas dun sistema que anestesiaba e anestesia á soçiedade, e ao mesmo tempo en moitos casos as súas creaçións teñen un valor musical que se perpetúa no tempo e sighuen vivos na memoria colectiva, ademáis de polo valor de ruptura do sistema dominante da época que cadre, tamén pola súa creatividade e imaxinaçión das súas obras.