lunes, 30 de noviembre de 2009

OS FONDOS MARIÑOS




O releve da rexión peláxica:





A 200 metros seguen certas zonas de transición (ata 2000m), vindo logo unha escaleira brusca e profunda, que é o límite da rexión peláxica, con afondamentos comprendidos entre os 2000 e os 6000 metros. Esta é a de mais amplo desenvolvemento nos océanos. Nesta zona os depósitos xa son escasos, moi finos e uniformes, consistindo en lameiras e barro, que segundo a sua cor, orixe e composición química, clasifícanse en distintos tipos. En tales profundidades abundan tamén os depósitos de orixe orgánico, como as lameiras de globixerinas, pterópodos, radiolarios, etc.



O relevo da zona abisal:




Está pouco desenvolvida e pode ser considerada como o reverso dos macizos de grande altura nos continentes. Polo xeral, relacionada coas zonas de máxima altitude, fenómeno de moita importancia para a explicación das grandes depresións e roturas ou xeoclasas. Pola sua pocua extensión e extraordinaria fondura denomínaselles fosas. As principais son:


  1. O abismo Emden, en Filipinas, de 10.793 metros
  2. O de Rampao, no arquipélago oceánico de Bonín, de 10.660 metros
  3. O de Nero, nas illas Marianas, de 9.636 metros
  4. A fosa de Xapón, de 9.435 metros
  5. O abismo de Aldrich, nas illas Kermadek, de 9427 metros
  6. A fosa de Tonga, de 9.184 metros
  7. O abismo Planet, nas illas Salomón, de 9.148 metros



Todas elas encóntranse no Pacífico. No Atlántico Norte está a fosa de Porto Rico, que alcanza 8.821 metros. Nas illas Sandwich do Sur, en augas austrais, hai unha fosa de 8.091 metros. Nestas profundas zonas so existe o barro dos grandes fondos, de orixe mineral e de cor vermello, cuxa formación parece debida á descomposición dos silicatos de orixe eruptivo.



As fosas oceánicas:





Son as rexións mariñas onde se alcanza nas maiores profundidades. Están íntimamente relacionadas coas zonas de subducción das placas e so aparecen nas marxes continentais activas ou de tipo pacífico. As dorsais oceánicas son aliñacións de releves submariños despregadas a xeito de cordilleiras mergulladas, de varios quilómetros de lonxitude e con alturas de 1500-2500 metros sobre as chairas abisais oceánicas. A primeira dorsal descuberta e estudiada foi a dorsal medio-atlántica, que se estende desde Islandia at ao sur do océano Atlántico, dividindo a este en duas metades bastante simétricas. Dita dorsal continúase polo sur de Africa coa dorsal índica, a cal a sua vez esta estreitamente relacionada co sistema de fosas tectónicas (rifts valleys) de Africa oriental. A dorsal do océano Índico continúa polo sur de Australia coa dorsal do océano Pacífico. As dorsais coñecidas ata a actualidade presentan unha lonxitude de mais de 60.000 kilómetros.





[...] Hai tamén profundos abismos nos que o Gran Cañón sería un simple barranco. As fosas, todas elas localizadas ó longo de arquipélagos, teñen, en conxunto, unha área dun 1% do chan oceánico. Este pode non parecer moito, pero en realidade equivale á metade da área dos Estados Unidos, e as fosas conteñen 15 veces mais agua que tódolos ríos e lagos do mundo. A mais profunda delas esta situada no Pacífico. Estas fosas atópanse ó longo dos arquipélagos de Filipinas, Marianas, Kuriles, Salomón e Aleutianas. Existen tamén outros grandes abismos no Atlántico, perto das Indias Occidentais e nas illas Sandwich del Sur, e un no océano Índico, xunto ás Indias Orientais (Isaac Asimov)



Estructura das dorsais oceánicas:






O seu progresivo conocemento está aportando datos importantes sobre a dinámica da códea terrestre. Un corte transversal dunha dorsal típica mostra que está formada por dúas aliñacións montañosas de varios centenares de quilómetros de anchura, separadas por unha fosa que ocupa o eixo axial da dorsal e que presenta unha anchura de 20-50 kilómetros. Longitudinalmente, las dorsales están formadas por segmentos rectilíneos desplazados unos respecto a otros y separados por fallas, las llamadas fallas de transformación, de dirección perpendicular a la de la dorsal. El funcionamiento de dichas fallas, provocando el desplazamiento de los sectores o bloques que delimita, es la causa principal de los numerosos movimientos sísmicos cuyos focos se localizan en las dorsales.




A exploración dos fondos oceánicos:





O home empezou a sondear as grandes profundidades do océano cando xa estaba moi avanzado o noso século. O solo mariño converteuse nun asunto de interés comercial cando se decideu tender un cable telegráfico a través do Atlántico. Con tal boxecto, en 1850, Maury trazou un mapa do fondo do Atlántico. Transcorreron 15 anos, marcados por numerosas interrupcións e fracasos, antes de que o cable atlántico fose tendido, ó fin, gracias, sobre todo, ó impulso, increíblemente perseverante, do financeiro americano Cyrus West Field, quen perdeu neso un fortuna. A exploración sistemática do fondo mariño inicouse coa famosa expedición arredor do mundo do buque británico Challenger, en 1870. Para medir a profundidade dos océanos, o Challenger empregou o método tradicional de arriar 6 km de cable, cun peso no seu extremo, ata alcanzar o fondo. Deste xeito realizáronse máis d e 360 sondeos. Este procedemento non é so enormemente laborioso, senón tamén pouco exacto. A exploración do chan oceánico experimentou unha auténtica revolución en 1922, ó introducirse o método de emisión de ondas sonoras e recepción dos seus ecos.



Hai mesetas do tamaño dun continente, e cadeas montañosas máis longas e elevadas que as da terra emerxida. A illa de Hawai é o cume dunha montaña sumariña de 9900 m de altura –mais alta que calquera do Himalaia-, polo cal Hawai pode ser chamada con toda propiedade, a montaña mais alta da Terra. Existen tamén numerosos conos truncados, chamados mariños ou guyots. Dóuselles o nome de guyot en honor do xeólogo suizo-americano Arnold Henry Guyot.






Despois da Segunda Guerra Mundial, Ewing e Heezen exploraron con redobrado afán os accidentes do fondo oceánico. Para sorpresa sua, diversos e minuciosos sondeos, realizados en 1953, mostráronlles que ó longo da dorsal, e xustamente polo seu centro, corría un profundo barranco. A seu debido tempo descubreuse tamén esta particularidade en tódolos anacos da dorsal transoceánica. Eso conduceu a que algúns o denominaran "a Grande Fendedura do Globo ". Hai lugares onde esta acércase moito á Terra: sobe polo mar Vermello, entre Africa e Arabia, bordea as costas do Pacífico, atravesa o golfo de California e arrodea o litoral do Estado de California. Ó primeiro parecía como se tal Fendedura fose continua (una greta de 65.000 km na códea terrestre). Sen embargo, unha exploración mais detida demostrou que estaba composta por breves seccións rectas separadas entre si como se unhas sacudidas sísmicas desconectasen cada sección da seguinte. E, en efecto, ó longo da Fendedura é onde soen orixinarse os terremotos e os volcáns. No seu día, tal Fendedura era unha falla pola que emerxía lentamente, desde o interior, a rocha fundida, ou magma. Alí arrefiábase e aglomerábase para formar a dorsal, e incluso estendíase mais alá da mesma. Esta difusion pode alcanzar velocidades de 16 cm/ano: en consecuencia, todo o fondo do océano Pacífico podería quedar cuberta por unha nova capa en 100 millóns de anos. Por certo que os sedimentos extraídos do fondo oceánico son moi raras veces mais antigos, o al pode parecer asombroso nunha vida planetaria que sería corenta e cinco veces mais vella senón medira ese concepto do “espallamento sobre o chan mariño”. A Fendedura e as suas ramificacións parecen dividir a códea terrestre en seis inmensos zócalos e algúns outros mais pequenos. Estes zócalos móvense impulsados pola actividade reinante ó longo da Fendedura, pero fano como unidades independentes, é dicir, que non se produce ningún movemento apreciable nos accidentes dun determinado zócalo. A remoción de tales zócalos explica a rotura da panxea e a deriva continental producida desde entón.(Asimov)



Bacterias e criaturas abisais:





Entre as principais expedicións que achegaron datos sobre a vida en augas moi profundas está a do Challenger (1872-76)



,dirixida polo inglés Wyville Thomson, que demostrou que había vida ata os 5000 metros de profundidade. Outras foron a Meteor (1950-52), Danal I e II, Discovery I e II (1925), Galathea (1950-52), Nautile , Trieste, Kaiko e a mais recente Shinkai 6500, que chegou ata os 10900 metros, desde o cal, a 6400 metros de profundidade, o científico James Hunt, avistou unha estrana criatura sobre a que aínda non se sabe case nada. As investigacións (2004) de Henry A. Ruhl e Kenneth L. Smith da Institución Scripps de Oceanografía en California demostraron a influencia das condicions climáticas da superficie sobre especies que viven a uns 4000 metros de profundidade no Pacífico. Os seus traballos rexistraron unha marcada tendencia na estrutura da comunidade da megafauna epibéntica dominante síncrona coa evolución dos episodios de O Neno/A Nena, durante o período 1989-2002. A Elpidia minutissima aumentou abundamente durante o período 1989-1996, para decrecer marcadamente no período 1999-2000 ata, practicamente desaparecer, entre 2001 e 2002. A Peniagone vitrea, mostrou un comportamento parecido. Outros organismos como Abyssocucumis abyssorum, Scotoplanes globosa, Psychropotes longicauda, etc., durante a maior parte do período estudado, apareceron en concentracións pequenas mentres que a sua poboación creceu abundamente durante o período 2001-2002. A biomasa abisal é apenas de 22 a 56 gr/m3 entre os 200 e os 500 m, e de 9 a 26 gr/m3 dos 2000 aos 9000 m. O bentos da zona hadal ou ultraabisal logra adaptarse á presión, oscuridade e falta de osíxeno e alimento. A temperatura oscila entre 5 e 1ºC.






As bacterias conforman a biomasa mais abundante. Algunhas son autótrofas quimiosintéticas, que cubren as suas necesidades de carbono, a expensas do ion bicarbonato, oxidando amoníaco, hidróxeno, nitrito, metano ou substancias inorgánicas. As heterótrofas, nútrense da masa orgánica disolta que aporta a auga circulante e de detritos. Entre as especies animais están variadas formas de rizópodos e unha gran variedade de esponxas, entre as que son especialmente características as hexaltinélidas. Entre os celentéreos encóntranse hidrozoos, como grandes pólipos solitarios, pennatularios e actinias. Encontráronse 375 especies de equinodermos por debaixo dos 2000 metros. Os briozoos abisais son raros, encóntranse algúns anélidos poliquetos e os braquiópodos encóntranse nun número moi notable. A maior parte de cefalópodos de profundidade son batipeláxicos.



Entre as formas de vida dase un alongamento de órganos táctiles. Por medio da bioluminiscencia procúrase a atracción de presas. Ademais dos organismos con corpos transparentes, a pigmentación dase entre tons rosados e violetas. O vermello non resulta atraínte porque as ondas luminosas vermellas non traspasan as capas superiores do océano. Suponse que o crecemento dos seres abisais é lento e a sua vida moi longa.




William Beebe e Otis Barton mergúllanse na batisfera (Bermuda 1930):






Finalmente estábamos todos preparados e ollei ó meu redor o mar e ao ceo, ós barcos e a meus amigos, é o non ser capaz de pensar nalgún dito conciso e expresivo que pudera facerse eco ó longo dos séculos, non dixen nada, arrastreime con esforzo por riba dos tornillos de aceiro, deixéime caer no interior e acurrucheime no frío e duro fondo da esfera. Esto fíxome recuperar a fala e pedín un coxín. Otis Barton meteuse detrás de min, desenredamos as pernas e nos preparamos.



Non me imaxinaba que houbera tanto espazo no interior da esfera de metro corenta de diámetro, anque canto mais tempo pasamos dentro, mais pequena nos parecía. A suxestión de Barton, ocupei a miña posición nas xanelas mentres que el arrimouse polo lado da porta, onde podería vixiar os diversos instrumentos. Tamén púxose os audífonos. Na cuberta, a señorita Hollister encargábase do outro extremo do teléfono, mentres que o señor Tee-Van asumía o control da tripulación de cuberta. Din o sinal e a porta de douscentos quilos foi erguida no aire e deslizada a seu sitio co son metálico do frío aceiro. Os tornillos foron enroscados e seguidamente remachados, no interior as terribles reverberacións case nos deixaron xordos. Estabamos herméticamente encerrados con so unha abertura de dez centímetros no centro da porta. Ó final, este gran tornillo foi ben axustado e quedámonos totalmente illados do mundo do sol e aire e dos seres humanos, salvo polas reconfortantes palabras que se deslizaban arriba e abaixo polos cables do teléfono [...] Elevámonos da cuberta como o mais lixeiro dos despegues dun avión, e balanceámonos polo costado. Aquí oscilamos uns momentos e logo empezamos a fundirnos lentamente (W.Beebe, Unha viaxe de ida e volta ó cofre de Davy Jones)




domingo, 29 de noviembre de 2009

SEN MEDO




Xa ves mamá. Aqui estou, tentando botar fóra a anguria e volver a xuntar os pedaciños de alma que esta explosión me deixou por aí esparexidos. Como podes ver non estás… pero estás. Porque coma sempre, sigo falando contigo. Agora lembro aquelo do medo de cando era pequeno. Lembro que tanto conmigo coma co meu irmán non nos quixeches inculcar o medo. Eu, coma tantos nenos fuxía das escuridades, pero ti, ante iso, me levabas da man para amosarme que non había nada nesa escuridade, só unha habitación sen luz. Sempre dicías que non entendías cómo a xente lle metía medo aos nenos falándolle de cocos, homes do saco e fantasías desas. Nunca tales nomes sairon da túa boca. Nos educaches para non ter medo e como foches tan boa niso de educarnos, pódoche dicir que ante todo isto que se aveciña, non vou ter medo, mamá. Afrontarei todo sen medo ante as escuridades que me están a envolver. Pero non me pidas que deixe de sentir este oco no peito, non me pidas que non me sinta afogado en anguria porque estou coma un solar, mamá.


Ademáis, como as cousas non veñen soas, que saibas que teño que operarme “daquelo”… A diferenza da primeira vez, hoxe non vou correndo pra casa a que me des cobixo porque a fin de contas, contigo, era un neno grande. Cada vez que me atopaba mal, ía cara ti coma o neno que cae no parque e corre onda súa nai para a que lle de aloumiños. Deste xeito sentíame mellor… Agora corro coma un polo sen cabeza. Pero non te preocupes mamá, afrontareino sen medo, porque sei que irei da túa man.


Mamá…grazas. Grazas por ter sido a miña nai. Por ter tanto orgullo en ser nai, por non elixir ser outra cousa na vida e inda por riba por ser unha persoa que despedía tanto cariño. Cos da casa e cos de fóra. Sempre pensado nos demáis, sei de sobra que teu último pensamento foi de pena por deixarnos aqui aos outros dous paxariños do niño. Mamá, agora tes que estar co resto da familia, agora vaiche coidar Geni que tomará o noso relevo e atoparás de novo a tanta xente querida.


Corcubión perde a unha entusiasta desta vila… pura paixón. A praia de Quenxe está de loito… curiosamente coma se viñese outro Prestige, agora que estamos de aniversario… Mira que sufrimos vendo como destrozaban o noso mar. Calou unha voz, as túas poesías non sairán máis brotando da túa gorxa, as túas melodías xa non terán eco. Pero iso non é todo. Porque como xa dixen unha vez, somos inmortais. Cada vez que alguén lembra algo dos que non están, os devolven á vida. Cada vez que saias nunha conversa, voltarás entre nós. Eu teño moito que lembrar, miles de recordos: paseos da túa man cando inda era un cativo, mañás facendo a compra polas rúas agora desertas de Vigo, tardes de domingo apurando a roupa para poder voltar a Compostela, paseos por Quenxe, traballos na horta, visitas a túa habitación a darte o bico de boa noite… e podo seguir ata o infinito. E o último recordo, ti, como se foses a aboíña na que non che convertín, sentadiña na cadeira de mimbre, envolta na batiña roxa e coa mantiña da mesma cor, agardando e contando polos dedos que pasasen os días pra que te quitasen aquel cepo da perna e che devolvesen a ansiada liberdade… e a despedida ata mañá co ese sorriso imborrable.


Mamá… grazas. Nunca puiden devolver o que fixestes pero a miña gratitude será eterna. Grazas por escoller ser nai. Envólvome nos “filliño”, na “comidiña de mamá” , en centos de “abrigate que vas coller frío”, precisamente para iso… para non sentir este frío que me roe. Mamá, voute resucitar cada día da miña vida. Ata mañá, mami. Todo vai sair ben parruliña.

(Blog: Sen xeito por Barrenes. Data 16.11.2009)

sábado, 28 de noviembre de 2009

LENDIAS, PIOLLOS E OUTRAS FIERAS (HEREDEIROS DA CRUS)



Ano ochenta e pico


no Saghrado Corasón

tiñan a puta costumbre

de pasar revisión


Con solo dose anos

tiñamos que aturar

as inspesións das monxas

disfrasadas de sanidá


Murmúrase polas clases

mañán despeinarán

quinientas dúas cabesas

que verghonsa me dá


Pero como eran crueles

víñanche por detrás

e sin desir nada

empesábanche a mirar


Hermana que a inspesión e mañán

e non lavín a cabesa

e teño o chander roido por detrás


Ai miña nai

non sabes ti

collérono insado de lendias

piollo e mais outras fieras


Ai miña nai

Fulanito di

que a culpa túvoa un compañeiro

que llas pejou a el no pelo


Sin ninghún reparo

vaise correndo a vos

por todo o colegio

Saghrado Corasón


Pido un minuto de silensio

por Jaxapiño

que é o meu amigho

e tamén do batallón


Cortáronlle o pelo de máis

súa nai estallos quitando

con seta, seta paf


Ai miña nai

non sabes ti

collérono insado de lendias

piollo e mais outras fieras


Ai miña nai

Fulanito di

que a culpa túvoa un compañeiro

que llas pejou a el no pelo


(Solo)


Ai miña nai

non sabes ti

collérono insado de lendias

piollo e mais outras fieras


Ai miña nai

Fulanito di

que a culpa túvoa un compañeiro

que llas pejou a el no pelo


In nomine patre

et filio et espiritu santi

Yo, como servidor

del Dios en el que no crees

te pongo una penitencia

simplemente

que sigas pensando en ella


Perdóneme señor Virgilio, ahí fuera le aclaman las multitudes


En este kiosko que estoy yo con la celosía


namás que aguantando gilipolleces todo el día


Virgilio, Virgilio, Virgilio...

viernes, 27 de noviembre de 2009

CANSANÇIO DO REAL E DO IMPENETRABLE por Ramón Laíño



Con paso cansado camiñan mente e corpo nun ambiente espeso.

Ritmo açelerado dunha realidade axitada de estrés e sen descanso.

O equilibrio non vive coa pesada atmósfera desta vida sen sentido.

Materia densa sen transparençia nin claridade nun horiçonte que so produçe hastío.

Baleiro instalado con pés de barro adentrándose nun poço escuro e sen fondo.

Soedade que se busca, así espada de doble fío, nese aghobiante e desolado instante como refuxio do momento.

É do traballo ennobleçer o ser, mudado en vil competiçión de suma vana onde a súa busca tamén desespera.

Reiterada constante de non alcançar o que con frecuençia se aspira loghrar, síntoma do barullo, derivado da xente, efecto e produto da súa causa.

Aventuras nos labirintos da mente aparentando estar sobrado, en tender á superfiçialidade, de pretender ir ao profundo.

Límites da comprension humana que impiden encontrar o que se busca, inçerto propósito de superaçión que intenta ser sobrançeiro.

Desaghrados sen remedio aparente xurden no noso andar, continxençias en feitos e imaxinaçións causando sufrimento.

Somos ansia de liberdade aspirando romper cadeas de condiçionantes e iniquidades propias e alleas, çeo aberto para elevarnos ó mais alto.

Funçión de máquina baleira e deshumaniçada, temores e alertas de instinto animal, fantasmas e anghustias de vida humana.

A través dos meus sentidos che perçibo, mundo exterior, por veçes frío e outras acolledor, coa inseparable unión da propia enerxía e substançia.

Çírculo viçioso dunha soçiedade enferma que se preçipita apresurada camiño dunha meta equivocada.

Con cansançio nos empuxan á lus deste mundo en contra do noso acomodo e satisfaççión, e sen mais raçón aquí estamos.

Continuadores da vida e do sutil, actores da súa obra prestada, viaxeiros que sen entender a nosa estadía, nos marchamos.

jueves, 26 de noviembre de 2009

VIÑOS DAS RÍAS BAIXAS

Os viños das Rías Baixas conquistan o mundo



A Denominación de Orixe Rías Baixas, que atopamos ó norde de España, seduceu os mercados estranxeiros. As cepas que nacen xunto ó Atlántico, en chans areosos, producen un viño de gran calidade e aceptación en países como Estados Unidos, consumidor por excelencia, e Gran Bretaña. Ademais, as reseñas nas mais importantes revistas e guías internacionais eloxian a sua grande calidade


No país norteamericano as vendas aumentaron nun 71% a pasada tempada e un estudio da empresa Datamonitor prevé en Gran Bretaña un aumento do 16% nos próximos anos. Non esquece o Consello Regulador a inclinación de China por todo o occidental que fai que o seu mercado sexa de grande interés para a exportación. Xa no 2004 os viños da D.O. Rías Baixas participaron na feira Food & Hotel China que se celebrou en Shangai


O mercado internacional




Juan Muñoz, presidente da Asociación Española de Sumilleres, destaca a calidade, a innovación tecnolóxica e o traballo nas viñas como as características principais que fixeron ó produto competente nos mercados internacionais. O clima atlántico e as características que definen o chan son, sen dúbida, as condicións máis propicias para a produción dos viños de calidade


Asimesmo, o aumento de referencias e artigos dedicados a Rías Baixas aumentou na prensa estranxeira. Un dos grandes gurús do viño, o catador Robert Parker, afirmou na revista Food & Wine que o estado español é un lider emerxente en viños de calidade e creatividade, e inclúe sete caldos desta Denominación na súa guía Wine Advocate. No periódico Wall Street Journal eloxiáronse tamén os viños galegos por alonxarse dos actuais métodos de produción industrial. Nunha reportaxe de Tim Alkin, publicado na revista Life, destácase a combinación de tradición e modernidade na elaboración dos caldos



Ademáis, o Consello Regulador está promocionando os viños nos mercados internacionais e as suas diferentes feiras, con promocións en puntos de vendas, marketing e formación. Durante os próximos tres anos, Rías Baixas representará ós viños brancos de calidade en Estados Unidos, anque xa estivo presente en feiras europeas como Prowine en Alemaña ou na London Wine


Un grande produto




A Denominación de Orixe de Rías Baixas esténdes pola provincia de Pontevedra e abrangue cinco comarcas: Val do Salnes, Condado do Tea, O Rosal, Soutomaior e Ribeira do Ulla


As uvas que se utilizan para a elaboración destes viños son as brancas, as máis comúns, e variedades tintas, moi escasas. Entre as brancas destacan a Albariña, de gran moi pequeno e moi doce, a Loureta, de grande calidade e unha das mais aromáticas xunto á Treixadura, ou a uva Torrontés, que produce viños de pouco corpo e de boa acidez



A variedade de viños fainos mais atractivos se cabe, e aptos para diferentes gustos ou ocasións. Os brancos son secos de aromas afroitados e florais cun gusto fino e prolongado; os de tipo Albariño, frescos e suaves, teñen aromas distinguidos; e os de tipo Rosal ou Condado do Tea destacan polos seus aromas intensos e de lixeira acidez



Os brancos maridan ben con pratos liviáns e con peixes, e os de crianza poden acompañar carnes brancas. Un Albariño é unha boa suxestión para o marisco, crustáceos á parrilla ou moluscos de colleita



Reportaxes recomendadas:


Albariño: o rei das Rías Baixas

O maridaxe perfecto: equilibrio na gastronomía