Onte morreu Papá, arrecendía a rosas por toda a casa.
Xa levaba un tempo mal internado en Santiagho, ata que a mandaron a morrer á casa, tantos días de viaxe mareados polo camiño, parando a ghomitar no espolón de Padrón ata que o deixaron internado.
Chegharon cedo os da Santa Lucía e arreghlaron o comedor, puxeron candeas enriba do trinchero, as sillas de formica ó lado do cadaleito, tapetes de por riba delas, flores e máis flores, coronas de todo tipo, con cintas dedicadas de compañeiros de non sei onde, de amigos de non sei cando, ..canta xente lembraba del!
Que juapo estaba alí mortiño co traxe dos dominkos e cos ollos pechadiños, metido nunha caixa de caoba, él!, que toda a vida estivo picando leña de pino para malvender polas aldeas e ganar uns patacóns para nos dar de comer.
Chegharon as choronas, a metade delas choraban de visio, non tiñan nen idea do feliz que era nestes momentos, Xa non lle doía nada, xa non tusía, xa non estaba preocupado pola enfermidade que o comía por dentro e de paso comíanos a todos nós, xa non sufría,..Era feliz…
Eu estaba preocupado porque Lela estaba para parir dun día a outro,…pero non, papaiño sempre foi moi considerado e nunca lle ghustou molestar, aghora a casa tiña unha preocupación menos e así Ela podería traer outro rapás ó mundo,..Papá marchou antes de ser unha molestia.
Uns veñen e outros van. O enterro foi coma todos, José de Xapiño adornou o coche coma nunca, coas coroas colgadas nos laterais e Don Manuel ghuiouno dende a casa ata o camposanto,..Dale señor el descanso eterno, brille para él la lus eterna…eso sí,..levou moita xente, moita xente que eu non sabía nen quenes eran e pasaban polo meu lado dándome a man coma se eu soubese quen estaba a saudarme.
-Non somos nadie!
- Tes razón meu amigho,..Non sei nen quen eres.
-Eu era moi amigho do teu pai, fixemos a mili xuntos na capitanía de Vilagarcía, despois casei en Coroño e non o volvín a ver,..Que lonxe está Coroño!
Mamá non chorou nada, sabíamos o que había, a morte está tan segura de que te vai coller que te deixa toda unha vida de vantaxe. Pensaba para os seus adentros nos momentos menos duros que tiveran nesa longa vida en común, amor, traballo, vida, fillos e netos.
Recebía a xente e poñía tazas de café con achicoria e caña da casa, un pouco de bizcochón, Quinito, Sansón e viño…viño da casa non fai mal ninkún!….
No camposanto a xente apiñábase con curiosidade para lle dar o último adeus, o cura rezaba letanías e a xente murmuraba e fumaba pitillos debaixo dos paraugas.
Unha vez posta a lousa puxeronlle catro pegotes de cemento e a xente despediuse de nós, e marchamos para a casa,…sen falar, toda unha vida despois deixaba viuva, tres fillos e varios centos de netos…
En dous días a cousa cambiou, xa ninguén falaba del, Lela estaba para dar a lus e non había tempo que enredar,..A cousa estaba difícil, eran as cinco da mañán e non había médico, polo tanto tivemos que ir buscar de favor a Don Pepito, que xa daquela estaba máis alá que acá.
-“Don Pepito, que Lela está moi mal!”
-“Meu fillo, eu tamén estou mal”.
-“Pero está mal de verdad.”
-“Vai para a casa que me visto e vou agora...”
E veu!, case arrastrándose cheghou e axudou a un parto cansino, difícil, pero con bó final.
-O rapás choraba, era o que tiña que facer!, e Don Pepito pideu un pouco de coñac.
-“Non nos queda, antonte morreu Papá e ainda non pasamos pola da Maroña para comprar…temos caña das herbas…”
-“Unha vida vaise e outra ven, ademáis ven ben”, tres quilos oitocentos
E meteu unha copa de caña das herbas coma quen ten moita sede, e marchou para descansar á casa.
Ó día seguinte apareceu a criada de Don Pepito con unha botella de Coñac de regalo para nós,..aínda por riba!
O rapás choraba,..Como choraba o cabrón!, comía tiraba da teta coma un desghrasiado, mexaba e caghaba…..non había trapos para parar toda esa cantidade de humanidade que soltaba por ese cuiño.
O pilón estivo cheo varios días ata que reghulou un pouco o ventre.
Antonte morreu Papá, a casa arrecendía a Rosas…
Hoxe naceu o rapas, a casa…cheiraba a merda...
4 comentarios:
Coma sempre, moi bo, Luis.
Quedan os vivos, veñen outros reçén naçidos, e os que nos deixan van quedando no esqueçemento da nosa memoria, prioriçándose a realidade do vivir de cada día dos que aquí quedamos e dos que cheghan á vida con berros reclamando ser atendidos.
Todo o existir dos que se foron vaise en boa parte con eles, quedando unha nebulosa difuminada dos que os conoçemos en vida, pendiente de desapareçer na súa totalidade ese pouso do seu paso por este mundo cando tamén nós nos vaiamos.
¡Ai, mundo, mundo, lévalas todas!
Volveu o maestro???
Mismamente vin o enterro do meu abuelo....
Un relato precioso.
Dise que as persoas desaparecen cando morren e nunca mellor dito como está a pasar en Cee estes días. Todo o pobo anda revolucionado porque falta un morto do seu nicho. ¡Que non está!. Que estaba a tapadeira de fóra posta pero os ladrilliños de dentro estaban furados e alí non había ninguén.
Descubriuse agora, cando quixeron facer as probas de ADN porque apareceu un fillo ilexítimo que reclama parte da herdanza (abundante, claro, estas só pasan cando hai pasta polo medio.
Continuara?
Publicar un comentario