domingo, 15 de noviembre de 2009

A estrada da miña vida

homesdepedraenbarcosdepau En: cousas do mar xogando co as verbas

Eu fico o carón da estrada , pero non e unha estrada calquera é unha que chega dende o Finisterre hasta América . Si poderamos estarricar un brazo cara de oeste 2639 millas náuticas, non sei si ortodrómica ou loxodromicamente , (alguén o a poder dicir mellor que eu), o primeiro que apalpariamos coa nosa man seria o Cape Cod , siii ! ese mesmo cabo que pensades, o que sae nas películas, siii onde as tormentas son perfectas e os patróns dos barcos son heroes e galáns de cine.



Nesta veira da estrada so lembramos preteritos “pluscuam-impecfectos” onde os vendavais , “hubieran ou hubiesenadoitado traer naufraxios nada peliculeiros e onde a xente morría con sangue de verdade e non con sucedáneos de salsa de tomate.



Onde os patróns apelídanse Martínez ou Pérez ou Seoane ou Caamaño e non Clooney nin Lane nin Ford nin Redford e soen ter medo e toman decisión as veces erradas porque son de carne e oso e non de celuloide.



Eu fico o carón da estrada onde fina o mundo e asolagase o sol facendo ferver entre vapores de xofre o mar aló no poñente mentres danzan invisibles os diaños do océano no horizonte. O carón da estrada pola que a veces a redes en vez de peixes veñen cheas de bagoas de chapapote e ineptitude mesturadas con pingas impotencia. Unha estrada por onde percorre a miña vida dende que aínda adolescente me fixen a ela , e pola que ei de seguir hasta que a xubilación ou a morte me priven de continuar.



Volvo a retomar a estrada que me ha de levar a de novo os arrecendos de salitre gas-oil e peixe , delicado perfume todo elo mesturado para o epitelio olfactivo de un que e mariñeiro; Que me permitira ollar nas vindeiras noites de verán un ceo coroado de estrelas e onde poderei poñerlles nome a todas, unha por unha .
E todo isto e porque eu fico o carón da estrada , pero non de unha estrada calquera



No hay comentarios: