A situación dos galgos no estado español empeora cada ano co fin da tempada de caza
Hoxe non me toca falar a min, senon a Galgos sen Fronteiras.
Déixovos co comunicado que me pasaron denunciando a situación desta raza tan noble e que tanto sofre nas nosas mans.
Galgos sen fronteiras denuncia alarmante situación que desde hai uns días estase producindo como consecuencia do fin da tempada de caza con galgo.
Facemos unha valoración moi negativa en relación ós últimos anos. Como consecuencia da impunidade da que son xa conscientes o colectivo de galgueiros que a pesar das innumerables campañas e denuncias realizadas os últimos anos sobre o maltrato, abandono e morte masiva que destes animais se produce cada ano, observamos un claro retroceso .
Neste momento énos imposible atender as decenas de chamamentos de cidadáns que están vendo cada día un gran número de galgos atropelados, vagando famélicos e incluso atados para que morran de fame e sede.
Moito tememos que volvan os colgareiros de galgos como antes e empezamos a ver outra vez os aforcamentos masivos como aforcamentos masivos como forma de su eliminación.
Castela A Mancha volve un ano mais a ser a comunidade de onde nos chegan as peores situacións. Os micro chips obrigatorios desde hai uns anos non se poñen ou arríncanse antes de deixalos abandonados.
A cría incontrolada de galgos ademáis da sua tenencia en lugares insalubres. Que non reúnen minimamente as condicións que esixen as leis de protección animal. Os animais viven en verdadeiros zulos a escuras e sen apenas ventilación.
En definitiva a masacre vai a peor e so son meras ferramentas de caza de usar e tirar.
Lanzamos esta campaña xa que o goberno négase a sacar adiante como prometeu en campaña electoral unha lei estatal eficaz de protección animal, a pesar de ter presentado a través de a federación de protectoras da CAM máis de 1.300.000 firmas pedindo ó goberno que cumpra a sua promesa.
Mentres tanto damos pasos para atrás a situación empeora de forma evidente debido á impunidade. O exterminio de máis de 50.000 galgos repítese.
O goberno é consciente deste drama, xa que a fapam presentou un informe completo coa situación dos galgos no estado español. A sua vez, Cristina García presidenta de Galgos sen Fronteiras e Matilde Cubillo presidenta de Amnistía animal trasladaronse ó parlamento europeo para pedir axuda e acabar co holocausto dos galgos, pal pero ata o día de hoxe ninguén fixo nada.
Basta xa de tomarnos o pelo e que os políticos cumpran as suas promesas. Non queremos mais situacións como as que podemos ver nestas fotos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario