miércoles, 18 de noviembre de 2009

O OSCURO OBXECTO DO DESEXO, por un Anónimo.

Aquel día non tiña nada de especial, a muller levara o coche ó traballo, o vello coche cos dous elevadores na parte de atrás, eu erguinme un pouco máis tarde e despois do ritual de facer a cama,.. da ducha,.. o almorzó, o pitillo, o ordenador, etc, púxenme en contacto co meu irmán, que estaba de vacacións para que me prestara o seu coche, cousa que foi doada, posto que cando está durmido e moi fácil achegarse a el e sen máís, mangarlle as chaves do coche, cóllelo , usalo e seguramente deixalo no seu sitio antes de que esperte.

Polo tanto xa coas chaves do seu coche na man esquerda, baixei a rampa que encara ó maldito garaxe, aquel que todos sabedes sempre ten un ou dous coches aparcados diante do portón , (paga ti un vado para isto!), e a medida que me achegaba vin unha cousiña tirada no chan, xusto no que era a miña praza de aparcamento, sensiblemente máis limpa posto que o día anterior paseille a mangueira, polo tanto alí no medio destacaba a pesares do seu pequeño tamaño.



Doblei os meus xeonllos, facendo alarde do que é a hixiene postural, sobre todo para alguén a quen o lombo traeo tolo dende fai algún tempo, e collín aquel pequeno pedazo de tea negra coa miña man dereita.


Un pequeño trianguliño negro, que completaba un círculo cunhas gomas negras recubertas de encaixe. Nunca fun moi experto nas lides da lencería, pero debo confesar que aquel pedaciño de encaixe lembroume momentos de gran satisfacción, … pero o lugar non axudaba i eu tiña que marchar ó traballo, polo tanto collín o mentado obxecto e tireino na parte de atrás do coche.

A continuación coloquei varios obxectos relacionados co traballo no mesmo lugar, un par de maletíns, varias ducias de fotocopias e catro chorradas máis, e coa máxima premura encarei o portón e tras os dous pitidos de rigor saín do garaxe e collín vía.

Aquel día tiña que facer varias paradas, todas bastante cerca, pero moi axustadas no tempo, o que facía que non poidera dar moito tempo ás relación socias, coas que debo confesar, disfruto bastante unha vez rematada a tarefa.

E así pasei toda a mañán, de aquí para alá, de norte a sur, ata que cheguei á casa e metín o coche no garaxe, saquei as miñas cousas da parte de atrás, pero por moito que mirei por todas partes na penumbra do garaxe, non fun quen de atopar o luxurioso obxecto, polo tanto abandonei a tarefa, posto que nun para de horas tiña invitados na casa, nada menos que oito persoas que se achegaban á miña casa para probar unha especialidade que aprendín a cociñar e a disfrutar nunha viaxe ás terras dos cátaros.

Bastante apurado andiven no que restaba de mañá para que todo estivese correcto e ser un perfecto anfitrión, e debo confesar que a maioría quedaron bastante contentos, ainda que o pato non estaba moito no seu punto.



Coa sobremesa veu o café e os licores, e como non o momento das anécdotas, onde contei con sinais todo o que acontecerá esa mesma mañá, pero seguía sen saber o que fora do oscuro obxecto, nin o porqué da súa aparición no medio do garaxe.

De quen sería? Por qué aparecerá alí? Onde demo estaba agora?

Ó día seguinte recibín unha chamada do meu irmán preguntándome se collera o seu coche, e visto o afirmativo da resposta a súa reacción foi contestar que deixara algo no asento do conductor, ante o cal eu alimentei o misterio deíndolle –“Gárdao e non digas nada”.

O asunto carece de importancia, pero a verdade é que a curiosidade chama ós meus miolos cada vez que encaro a rampa do garaxe e pregunto se algún de vós podería axudarme a resolver o escuro misterio do escuro obxecto do desexo.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

¿De quen sería a luxuriosa prenda triangular?
¿Algunha se da conta de tela perdido por alí, nenas?

Anónimo dijo...

Conta, conta, de quen era???

Anónimo dijo...

moi intrigante, esto faime pensar que antes para verlle as cachas a unnha moza habia que apartar a roupa interior, agora hai que apartar as cachas para ve-la roupa interior. Como cambian as cousas...

Anónimo dijo...

Antes esa prenda triangular, supoño que sería un tanga, levavanos os tíos que eran strippers, e que se solían contratar nas despedidas de solteiras, que despedidas as de antes, moito mirar pero pouco che deixaban tocar, agora tocas e tocas e se cadra a terciarse acabas coa gaita e o gaiteiro nun recuncho apartado, viva a libertade.

Anónimo dijo...

Por certo, hoxe apareceu morto na súa casa Rafael o Chión , un vello de Ferreiros que andaba moito en Disco 3 cando nós eranos mozos.

Mary Hermo dijo...

Xa sabía o de Rafael, pero foi onte a iso das 11 da noite cando os veciños o non saberen nada del chamaron e foron os médicos do PAC de Urxencias do Saltiño pero xa non puideron máis que certificar a súa morte. Espero que non sufrira moito no momento da súa morte.
Isto seino porque a min teñen que vir a pincharme a esa hora e onte retrasaronse un pouco e contaronme por que se retrasaran.
Que esté alá moitos anos sen nós.

Biquiños para todos.

Contovos un conto real estou sen dentes e parezo aquel que saía na tele que se ría seguido e apenas tiña dentes, non me lembro como se chamaba.

Anónimo dijo...

Cariño, esa prenda es mía, me quedó olvidada con las prisas la última vez que estuvimos juntos por que ya llegaba tu esposa, recuerdo que fue un encuentro tan apasionante que ya no pudimos esperar y lo hicimos en el garaje, o es que ya no te acuerdas.