miércoles, 11 de noviembre de 2009

O VERÁN, por Ramón Laíño




Xa é verán, as ansias de vivir arden no meu peito, todo espera ser color, calor, lus, amor,…


Estaçión do ano sempre soñada e esperada onde os nenos corren libres e aleghres por todas partes, nos campos luminosos e radiantes, na praia, no río, no bosque, ...


Entre as montañas en penumbra esperta o sol e abre os ollos do seu soño nocturno, iluminando e alimentando toda vida con cálida e branca claridade.


Fogho da madrughada, acompañante dos ghaiteiros na alborada, estala no silençio da limpa e práçida mañán anunçiando as festas parroquias propias e çercanas.


Desde o adormeçido inverno repousan nos armarios da espera as coloridas, liviáns e frescas roupas que vestirán baixo os raios do sol os alumeados corpos de fighuras revividas .


Días cálidos e tranquilos abraçan o madurar dos froitos, e a natureça da vida en plenitude burbulla no ánimo da xente que renaçe do seu letargho.


Tempo de desexo, de paixón, de expansión do querer na transparençia clara do día e na resplandeçente noite estrelada.


Non existe horario nin calendario no estío para o ferver do amor, todo lughar e momento pode chegar a ser desenfrenado e romántico.


Baixo as estrelas do firmamento, sobre unha cama sen fin a descuberto, estréitanse os amantes envoltos en morna e suave brisa, prometendo non deixarse nunca, e acaroados anhelan que dure por sempre.


Ao mirar despexado dun novo día, dançan suavemente as árbores e planean en harmonía as aves, mentres avanço presuroso as follas dos libros que ao fin se pecharán. Déixome levar, quero ser libre.


So busco desexar, querer, sentir, amar, brincar, rir, ..., sen medos nin complexos. Lonxe che quero de min, responsabilidade, palabra estrana para un tempo tan fermoso.


Pequenas e diminutas criaturas van atravesando aleghremente o aire en distintas alturas, e alá no çeo alghunha solitaria e ghraçiosa nube fai apariçión entre as estelas dun que outro avión.


Sen saber que ruta tomar voume perdendo en camiños por experimentar e a onde queira que vaia fan apariçión un sen número de festas campestres co arreçendo no ambiente de aromas diferentes.


Alternativas de vivir os pasatempos, con formas e divertimentos desta época e momento, distintas e abundantes nas distançias e intensidades.


¿Por qué un prinçipio tan esperançador, aleghre e vital ten que ter fin? ¿Acaso a beleça non debería ser perpetua? Desexo que non rematen estes esperados momentos nin estas promesas.


Os días começan a ser máis curtos, as mañáns e as noites xa se senten máis húmidas e frías, o corpo e a mente encollen e deslúçense nun sostido vaivén de ansias esperadas.


A ilusión e o contento de novo quedan durmidas esperando o tempo de vivir soñados momentos con renovadas enerxías.



3 comentarios:

Anónimo dijo...

Non hai coma o verán. Podes expandirte para onde queiras.

Tódalas épocas do ano teñen o seu aquel, pero o veransiño, o contento da xente, as festas, as aventuras, ...

Mirón ó axexo dijo...

Bueno oh, non me dijas máis.

Elojo non hai máis que velas en bañador coas súas, como dis ti, "fighuras revividas" imprimíndolle unha enerxía renovada ás cadeiras que non sei de onde lles sale.

Debe ser o calor do sol e a sua lus que alteran as hormonas.

O campista naturista dijo...

Pois, eu no verán aspiro a pasar as noites que poda en tendas de campaña no monte.

Ver o ceo estrelado, a calma da noite, escoitando os ruídos propios do mundo natural.

Erguerme cun bo café feito alí mesmo.

Natural e espontáneo 100%