Tal día coma hoxe hai 50 anos, ás 22:28:34 hora de Moscú (GMT +3), un foguete R-7 Semyorka modificado despegaba desde o campo de lanzamentos de Tyuratam, hoxe coñecido como Cosmódromo de Baikonur, levando a bordo o Sputnik 1, que uns minutos despois se convertería no primeiro satélite artificial posto en órbita pola humanidade, dando así orixe á Era Espacial.
Técnicamente o Sputnik non era gran cousa, pois fora deseñado como un satélite sinxelo e sen maiores pretensións coa idea de intentar adiantarse ó lanzamento do Vanguard no que os Estados Unidos estaban traballando, anque gracias á análise dos pitidos que emitían os seus dous transmisores de radio [wav 112 KB] durante o tempo que estivo en órbita púdose realizar un estudo da densidade de electróns na ionosfera. Estes sinais tamén portaban datos de temperatura e presión que entre outras cousas permitiron comprobar que o satélite non fora perforado por ningún meteorito mentres estivo en órbita, o que sirveu a sua vez para comprobar a eficacia do deseño deste.
O Sputnik 2 coa cadela Laika a bordo demostraría que un ser vivo pode sobrevivir en órbita e non sería ata o Sputnik 3 cando a Unión Soviética lanzara ó espazo o que realmente se deseñara como o seu primeiro satélite artificial, unha sonda moito máis sofisticada deseñada para estudar a atmosfera superior e o espazo máis preto á Terra.
Sen embargo o lanzamento si foi un duro golpe para os Estados Unidos, onde estaban convencidos de levar unha gran vantaxe á Unión Soviética en canto ó desenvolvemento do seu programa espacial, e de feito non sería ata o 31 de xaneiro de 1958 cando os Estados Unidos conseguiron por en órbita o seu primeiro satélite, o Explorer I, despois de que a URSS lanzara xa tamén o Sputnik 2 o 3 de novembro de 1957.
Así, igual que marcou o inicio da Era Espacial, o Sputnik significou tamén o arranque da Carreira Espacial, unha carreira na que os soviéticos ó principio foron á cabeza ó conseguir por o primeiro satélite en órbita, enviar o primeiro ser vivo ó espazo, o primeiro home (Yuri Gagarin a bordo do Vostok 1) e a primeira muller ó espazo (Valentina Tereshkova a bordo do Vostok 6), o primeiro voo dunha cápsula espacial cunha tripulación múltiple no Voskhod 1, o primeiro paseo espacial de Aleksei Leonov no Voskhod 2, e ser os primeiros en aterrar sondas na Lua, Venus e Marte coas Lua 2, Venera 7 e Mars 3 respectivamente.
De tódolos xeitos, foron os Estados Unidos os que ós ollos do público en xeral se convertiron nos gañadores desta carreira ó facer aterrar na Lua a Neil Armstrong e Edwin «Buzz» Aldrin o 21 de xullo de
O curioso é que hai uns días, e xa pasadas as paranoias da guerra fría, Boris Chertok e outros participantes no programa espacial ruso da época foron contando como en realidade o lanzamento do Sputnik foi unha cousa montada «de presa e correndo» e que xamais pensaron que fora ter a relevancia que tivo, segundos se pode ler en Space-age secrets revealed 50 years later.
Co paso do tempo e o acceso doutros países ó espazo, a carreira espacial foi perdenndo fuelle, e xeralmente considérase que rematou o 17 de xullo de 1975 cando unha cápsula Apollo e unha cápsula Soyuz realizaron un encontro espacial que permiteu a suas respectivas tripulacións pasar dunha nave a outra e colaborar en diversos experimentos.
O lanzamento do Sputnik tamén supuxo a creación da NASA, que empezou a funcionar o 1 de outubro de 1958 co obxectivo de «planificar, dirixir, e levar a cabo actividades aeronáuticas e espaciais», que antes estaban en mans de distintas axencias que traballaban de forma descoordenada, e a creación da DARPA, a Axencia para Proxectos Avanzados de Defensa, encargada do desenvolvemento de novas tecnoloxías para o seu uso militar, dun de cuxos proxectos saería Internet, así que non resulta un despropósito dicir que gracias ó Sputnik hoxe en día temos Internet.
Por suposto, Internet non é a única vantaxe que sacamos da carreira espacial no MundoReal™, senón que se contan por milleiros os beneficios que esta nos traeu, empezando polas comunicacións vía satélite e pasando por unhas predicións meteorolóxicas máis fiables, por non falar de todo o que aprendemos durante ela do noso Sistema Solar, en especial gracias ós espectaculares resultados obtidos polas sondas non tripuladas que enviamos ó longo e ancho deste, resultados que a miúdo nos obrigaron a replantearnos moitas das ideas e teorías que manexábamos antes de saír da nosa boliña azul.
Agora, cando os gobernos parecen un pouco máis exhaustos e ó límite das súas posibilidades e/ou da súa imaxinación ou empeñados en proxectos custosísimos e de difícil xustificación e xa case non é noticia o lanzamento dunha nave tripulada ou dunha sonda espacial, pode que sexa a iniciativa privada a que revitalice o interés do público en xeral polo espazo nos próximos 50 anos, cos diversos proxectos de turismo espacial como do de Virgin Galactic ou os hoteis en órbita de Bigelow Aerospace ou con desafíos como o Google Lunar X PRIZE.
Como é de supor estanse escribindo moreas de cousas sobor deste aniversario, así que aquí vai unha colección de enlaces que fun recopilando sobre o tema, sen ningún orde en particular:
- Unha foto do Sputnik é a APOD de hoxe, 50th Anniversary of Sputnik: Traveling Companion; traducido en 50 aniversario do Sputnik: O Compañeiro de Viaxes.
- A Axencia Espacial Europea faise eco do aniversario en ESA - 50 years of space in pictures, mentres que a NASA fai o propio en NASA's 50th Anniversary Website.
- Science Times: The Space Age, un espectacular especial ó respecto da sección de ciencia do New York Times.
- Sputnik Scenes, unha colección de imaxes da época.
- O Sputnik ea s orixes da Era Espacial, Sputnik and the Origins of the Space Age; en especial The Birth of NASA para as orixes da axencia.
- Sputnik launched 50 years of scientific progress, acerca do progreso científico posto en marcha pola Era Espacial.
- 50 anos de aventura espacial en Caderno de Bitácora Estelar.
- Sputnik's Grandchildren: Satellite Technology 50 Years Later, como evolucionou a tecnoloxía dos satélites nestes 50 anos, e How satellites changed the world, cómo os satélites cambiaron o mundo no que vivimos.
- O futuro da tecnoloxía espacial en Spaceflight technology's next 50 years e The Next Fifty Years in Space, anque xa se sabe que esto de predicir o futuro, e en especial se falamos de tecnoloxía, é cando menos arriscado.
7 comentarios:
Si,si pero hay alguien más?, sin duda tienen mucho mérito estas recopilaciones de artículos sobre temas tan interesantes, pero no se podría animar alguien a contar algo mas cercano?.
Estos días estoy febril, ansiosa, la necesidad de sentir algo, de oir en mi pecho las palpitaciones de mi corazón, se me hace insoportable.
Miña pichurra, quixera axudarche dándoche todo o meu calor, que como se ve as novas polo momento escasean.
Que puderas ver e sentir o meu palpitar e alternativamente palpar e escoitar o teu.
Calmar a túa sede con sons profundos e acolledores para que quede o noso sinal nun punto da nosa alma que non se olvide, e que lojo podas desir, pichón non me abandones nunca porque estamos en conexión.
Verche sostida e acollida pola miña protesión é o meu desexo, pichona cálida e profunda.
Pois a min gustame informarme , pero botoo d3 menos os relatos que había antes.
Esto esta subindo de tono, Margarita sale e que che de un pouco a chuvia que non ven o verán senon o inverno. Non penses que estás sola nisto, outros tamén non sentimos así pero e que eses sentimentos so se repiten unha ou duas veces na vida. O dito, sae a rúa e molla un pouco a cabeza.
Muchas gracias queridos amigos, pero con la luz del día ya me volvió el sentidiño. A mi como decía el otro la noche me confunde y mis mas profundos sentimientos pueden con cualquier razonamiento sensato.
Cuando tu vida te oprime, tiendes a volver al pasado y a pensar en lo qué no hiciste por falta de valor y todo eso lo idealizas sin pensar que nada es perfecto. Soy determinista y creo que elegimos nuestro camino porqué así está escrito.
Bueno ya he vuelto a las andadas voy a tomarme unha onza de chocolate negro a ver si veo las cosas con más claridad que esto se esta poniendo negro como la noche.
Gracias a todos
arre demo¡, xa saliron os melancolicos¡ esta margarita recordame a unha amiga que eu tiña que canto mais triste estaba mais buscaba a tristeza, poñía a musica para momentos de dor(como dicia ela)e escollía o libro mais tráxico que poidera atopar.
Queridas amigas ¡vivamos coma galegos¡ con alegría
A min tamén me gusta o chocolate negro, nada de un vasito de leche en cada tableta, 70% cacao
Publicar un comentario