martes, 10 de noviembre de 2009

OUTRAS ACEPCIÓNS DO VOCABULARIO DO REMO DE BANCO FIXO, por Pedro

Moitas das palabras que se mencionan no vocabulario do remo de banco fixo, poden ter tamén outras acepcións distintas ás xa comentadas nun artigo anterior, e que agora vos paso a enumerar:

  • AMURA : Date presa home, amura.
  • BABOR: Proporsionarlle a aljén un benefisio ou proveito... faserlle un babor.
  • BANCADA: Cada serto tempo están índo, bancada...
  • BANDA: O Selta de Vijo iste ano é iso...unha banda .
  • BATEL: Pejal jolpes foltes en aljo.
  • CADERNAS: Jrutas excavadas nas rocas. A uns homes "moi antijuos" que había, chamábanlle os homes das cadernas.
  • CALADO: Home de carácter pouco falador.
  • CALADO DO CASCO: Home de carácter pouco falador e que ademáis tén un envase vasío na man daljunha bebida que xa se tomou.
  • CANA: Pau. Tamén hai canas que se poden votar ó aire.
  • CARRIL: Boas ameixas hai en Carril.Tamén se chamaba así un árbitro de fútbol que era moi afisionado ó sento tres.
  • CASCO: Envase vasío de bebida. Pode ser retornable ou non retornable.
  • CEAR: Faser a última comida do día, despois de mirindar.
  • COSTADO: En castelán, e acompañado de "cuanto te ha", fai referensia a canto tivestes que pajar.
  • CHAMPA: Bebida espumosa. Ajora xa non se dí Champa, dise Cava.
  • CHAMPA INICIAL: Ó prinsipio as primeiras copas vanse bebendo ben e saboreando con justo.
  • CHAMPA FINAL: Cómo te pases co número de copas, as últimas xa empalajan un pouco, e acabas piripi total.
  • DESPRAZAMENTO: Viaxe que pode ser curto ou larjo. Si é ó mercado de Boiro denomínase DesPLASAmento.
  • ESLORA: Afirmasión que fai un entendido en ornitoloxía sobre o sexo dun papagaio que están a mirar: Es lora.
  • ESTRIBOR: A notisia causou verdadeiro "estribor" entre a poblasión.
  • ESTROBO; Que anda sempre polo medio estrobando.
  • GUIÓN: Moi bó o da película "Sospechosos habituales".
  • LIÑA DE FLOTACIÓN: Está por riba da liña de inmersión.
  • LOITADEIRO: Lujar adecuado e adaptado para a loita ou pelexa. Por exemplo, en Boiro ese lujares serían as calles da movida, Os Pubs, as discotecas...
  • MANGA: Rouba, chorisa.
  • OBRA MORTA: Na actualidade, e debido á Crisis, tódalas obras están así.
  • OBRA VIVA: Eran cómo estaban antes da Crisis, cando a xente xa compraba por plano.
  • PALANCA EXTERIOR: Xoven xojador do Real Madrid que ás veses xoja moi pejado á banda.
  • PALANCA INTERIOR: Este xojador tamén sabe xojar de sentrocampista.
  • PICA: Si che pica, rasca. E si o que pica é un chouriso de Lalín, pois entón ajárrao polo cordel.
  • PICAR: cabrear a aljén, xeralmente mediante burlas e insultos.
  • POPA: O Pontífise. Na actualidade é Benedicto XVI(equis uve palito).
  • PUNTAL: Unha ves caeume un nunha obra, e deixoume a cabesa a avanear.
  • QUILLA: A muller do "Quillo".
  • REGALA: Da sin pedir nada a cambio. Popularmente ós que rejalan moi a miudo, dise que son uns "Ajraabertas".
  • REMO: Irmán de Rómulo. A él e máis a seu irmán íbanlle as lobas. Liáronse con unhas e foron a vivir a Roma.
  • REPOLEAR: Acción de comer repolos. Tamén se dí cando andas medio moribundo e volves a poñerte ben: ¡Ay, mira para fulanito como repoleou!.
  • BOTA-AUGAS OU PALCA: Aparato que temos os homes, e que pode ser pequeno, mediano ou jrande, e que ten varias funsións,pero cando un se vai fasendo vello para a única funsión para a que sirve é para a de BOTA-AUGAS MENORES.
  • RUMBO: Un elefante cunhas orellas jrandísimas.
  • TIMONEL OU PATRÓN: o mandamáis. Os homes casados tamén lle poderíamos chamar..."a miña muller".
  • TOLETE: Que lle falta un tornillo.
  • TOLETEIRA: Sitio donde están os toletes. Por aquí, serca de nós, en Conxo.
  • VIRAR: Combinasión entre ver e mirar.
  • VOGA OU VOGAS: Os que hai en Boiro son casi todos carniseiros.

5 comentarios:

O jato marolo dijo...

Meu irmán remou varios anos na traiña do cabo e foi unha experiencia moi gratificante,agás polas iagas e os callos en mas i en zonas un pouco mais pudorosas.

A ver, alma de Jesús como non me mandes o teu mail, mal podo mandarche o meu maravilloso relato.

Anna dijo...

Xa se sabe que hai moitas palabras que depende de como as uses e de donde sexas teñen un significado ou outro. Neste contexto en Cabo de Cruz usanse palabras que fora dalí son totalmente descoñecidas.

Administrador dijo...

MAIL PARA RECIBIR RELATOS:
25aniversarioiespraiabarrana@gmail.com

Anxo dijo...

Moi bo Pedro, tiñas que mandarllo ós da Academia jalleja da linjua a ver si se aclaran dunha ves.

Anónimo dijo...

Hola, non sei se algu'en se acordar'a de min, pero fun con moitos de vo's o' instituto de Boiro. Casualmente pertenezo a outro blog que me levou a este e hoxe me entero da su'a existencia e xa vin unhas fotos dunha cea nas que reconheci'n un monto'n de caras.

Unha aperta dunha ex companheira.