O Bacharelato Unificado Polivalente (B.U.P.) era unha ensinanza en España pertencente á Lei Xeral de Educación de 1970 e constaba de tres cursos: 1º de BUP, que corresponde ó actual 3º de educación secundaria da Lei Orgánica de Ordenación Xeral do Sistema Educativo de España (LOXSE); 2º de BUP, que corresponde ó actual 4º de educación secundaria LOXSE; 3º de BUP, que corresponde ó actual 1º de bacharelato LOXSE.
Tras rematar o Bacharelato Unificado Polivalente, e antes de realizar a Selectividade para o acceso á Universidade, era necesario realizar o Curso de Orientación Universitaria (C.O.U.), equivalente ó actual 2º de bacharelato LOXSE.
Empezou a implantarse no curso académico 1975-76 con 1º de BUP e extendeuse ata 3º en el 77-78.
Durante os dous primeiros cursos as materias eran comúns para tódolos alumnos (Excepto en EATP e ética/relixión) pero en 3.º existía unha optatividade entre Letras (Literatura/Matemáticas/Latín/Grego) e Ciencias (Literatura/Matemáticas/Física e Química/Ciencias Naturais), escolléndose tres das catro asignaturas.
A avaliación realizábase mediante notas literais e tiña carácter de continua, existindo dúas convocatorias globais, a de Suficiencia (Xuño) e a de Setembro.
Impartían as asignaturas profesores pertencentes ó Corpo de Catedráticos de Bacharelato e ó Corpo de Profesores Agregados de Bacharelatos que foron coa aprobación da LOXSE, integrados de forma forzosa no corpo de Profesores de Ensino Secundario, xunto ós antigos profesores de FP.
A súa implantación aumentou nun ano os necesarios para acceder á Universidade, dotou de maior peso ás ensinanzas científicas no bacharelato e contribueu á creación dun grupo de poboación que, debido á súa preparación, pudo ascender socialmente e permitir a España entrar a formar parte das sociedades avanzadas.
2 comentarios:
Pois eu non sei donde está o fallo, porque eu vexo que os rapaces dende primeiro de infantil ata polo menos quinto de primaria que é donde esta o meu fillo traballan coma cab..ns, con deberes e examenes continuos. Non sei en qué curso se rompe eso e paan a ser de repente borregos que non saben ler nen escribir, e moito menos entender.
O problema esta en que traballan,pero non curran. Hai que darlle algo a cambio. Non teñen sentido do deber.Daselle todo feito. Da pena ver os país cargados coas mochilas e os libros coas babas colgadas e os señoritos brincando.
Despois levan cAtro Cousas e os deberes son para os pais ,que veñen hasta os huevos de currar e casi llos fan eles para q non den o coñazo cada dous minutos.....¡no entiendo!......ala acaba rápido vai xogar a play e deixanos en paz.
O outro día os maestros da miña nena deron unha reunión. E despois de estar talando e se Abreu o turno de preguntas o único que preguntAron os pais foi sobre a donde iban a ir de excursión. ¿e a donde van ir se seguro que con sete anos xa foron a Disney ? O demais importalle un huevo os maiores.
Todo son obligacions con eles. Todo loes resbala porque ña casa os protexen e teñen todo.
Seguramente hai mais tecnoloxia ña habitación dos nenos que na secretaria do Cole.
En fin que sonrían. Teñen o resto da vida para chorar
Autocrítica.
Publicar un comentario