martes, 3 de noviembre de 2009

A EXB XA NON EXISTE, AGORA TEN OUTRO NOME

Segundo a Lei Xeral de Educación de 1970, a Educación Xeral Básica consistía en 8 cursos de escolarización obrigatoria divididos en tres ciclos:





  • Ciclo inicial: 1º e 2º de EXB
  • Ciclo medio: 3º, 4º e 5º de EXB
  • Ciclo superior: 6º, 7º e 8º de EXB.




Non obstante tamén se falaba de dúas etapas:


  • Primerra etapa: 1º, 2º,3º, 4º e 5º de EXB

  • Segunda etapa: 6º, 7º e 8º de EXB.




Na EXB estudábanse as seguintes asignaturas: Lingua, Matemáticas, Ciencias Naturais, Ciencias Sociais, Idioma estranxerio (xeralmente francés ou inglés, mentres que durante a postguerra tiñan un certo predicamento o italiano ou o alemán, debido ás alianzas políticas), Educación Artística, Relixión ou Ética e Educación Física eran as asignaturas do terceiro ciclo de EXB que finalizaba ós 14 anos.



Unha vez rematado o ensino básico existían dous camiños: FP e BUP. Os que non conseguían obter o Graduado escolar (herdeiro do antigo Certificado de estudos primarios) recibían o Certificado de escolaridade.



O Bacharelato Unificado Polivalente (BUP), de tres anos de duración, eran os estudios secundarios posteriores a la EXB. Posteriormente realizábase o Curso de Orientación Universitaria (COU) como último paso antes de comezar estudos universitarios.





En primeiro de BUP estudábase Lingua, Matemáticas, Ciencias Naturais, Historia, Idioma estranxeiro, Música, Debuxo Técnico, Relixión ou Ética e Educación Física.




En segundo de BUP as asignaturas eran Literatura, Matemáticas, Física e Química, Xeografía, Latín, Idioma extranxeiro, Relixión ou Ética, Educación Física e EATP (elección duhna asignatura entre as ofertadas por cada centro, algunhas das asignaturas ofertadas eran electricidade, deseño, teatro, informática, segundo idioma estranxeiro, labores do fogar, fotografía, etc.).




En terceiro de BUP as asignaturas obrigatorias eran Historia, Filosofía, Idioma estranxeiro, Relixión ou Ética, Educación Física e EATP. Os alumnos debían elixir entre a opción de ciencias (descartando unha asignatura das seguintes catro: Física e Química, Ciencias Naturais, Matemáticas e Literatura) ou letras (descartando unha das seguintes asignaturas: Literatura, Latín, Geiego e Matemáticas).




Xa no Curso de Orientación Universitaria (C.O.U.) o alumno podía elixir entre dúas ramas de ciencias (opción Biosanitaria e Técnica) e dúas de letras (Ciencias Sociais e Humanidades).




En tódolos cursos, tanto en EXB como en BUP, nas Comunidades Autónomas con máis dunha lingua oficial estudábase, como asignatura obrigatoria, a lingua vernácula (e, noutra asignatura aparte a escoller entre as de letras de terceiro de BUP, a literatura en dita lingua).




Este sistema educativo foi derogado e sustituido progresivamente polo da LOGSE de 1990. Os seis primeiros cursos de EXB corresponden á Educación Primaria Obrigatoria e os dous últimos da EXB e os dous primeiros de BUP corresponden á Educación Secundaria Obrigatoria. A principal diferencia é que co actual sistema os alumnos pasan ó Instituto de Educación Secundaria o ano en que cumpren 13 anos, con dous menos quen o anterior sistema, ou be nós 16 anos, ó haber moitos centros de primaria onde se imparte tamén a secundaria obrigatoria, deixándose par ao Instituto o Bacharelato.





Sistema educativo español actual [editar]




O sistema actual é o seguinte:



    • Primeiro ciclo: 0-3 anos
    • Segundo ciclo: 3-6 anos.
  • Educación Primaria:

    • Primeiro ciclo: 1º e 2º de Primaria
    • Segundo ciclo: 3º e 4º de Primaria
    • Terceiro ciclo: 5º e 6º de Primaria.


  • Educación Secundaria Obrigatoria (ESO):

    • Primeiro ciclo: 1º e 2º de ESO




    • Segundo ciclo: 3º e 4º de ESO

  • Bacharelato:

    • 1º e 2º de Bacharelato



9 comentarios:

Anónimo dijo...

Aquelo era infinitaente mellor que o de hoxe, os coles son reductos de nenos caprichosos sen capacidade de esforzo

Anónimo dijo...

Non sei se influiría positivamente ou se existe certa marxe de maniobra para que os colexios coas súa direccións e xefes de estudios teñan modelos e liñas de traballo a seguir que podan determinar e influir exitosamente no control e a boa marcha dos estudios do seu alumnado.

Anónimo dijo...

A pregunta que me fago e se este sistema estará pensado para conseguir que haxa máis especialistas en detrimento da cultura xeral, porque ben é verdade que tamén é necesario lembrar que no sistema de estudios anterior había moita xente que se quedaba polo camiño, con asignaturas para as que eran moi negados.

Anónimo dijo...

¿E non influirán tamén os pais á hora de que o-a fillo-a estudie cada día na casa e se acostume a facer os seus deberes? Porque tamén se comenta que boa parte dos pais é frecuente que deixen ó seu aire ós fillos sen teren unha vixiancia responsable deles.

Anónimo dijo...

A pesares de que moita xente vexa ou acostume ver o pasado como "idílico", non é tal, porque debido á cantidade de obstáculos, anormalidades e inconsecuencias coa realidade da xente que vivimos aquí, que me tocou e nos tocou vivir, non tiñamos apoios para superar os nosos problemas particulares e sociais, neste caso, na aprendizaxe, e moito menos un seguimento diario da nosa evolución.

Anónimo dijo...

No caso particular que me toca, a pesares das queixas que podan existir sobre esta realidade, eu, polo momento, e toco madeira, vexo que a miña filla ten ansias por aprender e esfórzase un montó. Diría que ata se pon ansiosa por querer aprender os temas nun tempo marcado para superar os exames parciais, e con máis fortuna todo ese esforzo estase plasmando en boas notas. Porque ben sabemos que tamén hai nenos ou persoas que se esforzan pero non logran superar os obstáculos, ???

Anónimo dijo...

Non esquezamos que o sistema actual obriga a ter ós rapaces no colexio ata determinada idade, creo que ata os 16 nos, gústelle ou non estudiar.

¿Entón que facemos cos rapaces que non teñen incentivo para estudiar, non lles gusta, non lles apetece, eu que sei, cantidade de motivos, ...?

Porque un rapaz ou chaval aburrido nunha clase, sen gañas de participar nela, penso que tampouco poderá estar calado e resignado nunha clase, polo que xa o vexo incordiando ós compañeiros-as e á profesora ou profesor, podendo chegar a unha situación moi perigosa.

Estou de acordo con que deben implicarse profesorado, pais, institución e alumnado, pero cando alguén por natureza non lle gusta estudiar, senón que busca alternativas de actividade manual ou doutro tipo, creo que o sistema debía encauzalo por outra vía e non telo á forza ata os 16 anos no colexio.

Si tu me dices ven... dijo...

Aleluia¡ benvidos a todos, xa me daba pena ver tantos ceros nos comentarios.

Al pan pan dijo...

O problema é que agora se pasa o tempo con tonterías, palomitas de la paz, calabacitas, disfracitos, festivales, e non saben nen sumar.

Por outra parte se unha persoa non está capacitada para seguir un curso o lóxico é que teña que repetir as veces que sexan necesarias, non unha vez na vida, educación para todos pero non a costa da maioría.

O deber do profesor debe ser poñer o alcance dos alumnos os coñecementos, pero agora hai que poñer os coñecementos, mirar por que non estudian, ser asistentes sociais,psicólogos, animadores socioculturais, organizador de excursións, de festivais, recortador de murais, controlar se teñen gripe A, mirar se teñen dereito a libros gratuitos, monhtar ligas de brilé,etc.

Ademási hai unha cousa que non é politicamente correcta pero é, hai rapaces con máis e menos capacidades, toda a vida os houbo e semkpre os haberá, parece que hai xente que non se quere enterar e pensa que con adaptar a clase a eses dous que non van tan ben se soluciona o problema, pero non, o problema é que agora con 16 anos teñen os coñecemntos que tiñamnos hai trinta anos con doce, tirando polo alto.