domingo, 22 de noviembre de 2009

O MUNDO DE MARUXINHA


Hai pouco tempo aprendín unha nova expresión galega grazas o meu mozo (e á nosa gata): "Andar á xaneira". É que claro, xa se sabe, os gatos en xaneiro andan como andan...

Estes días estámolo pasando un pouco mal porque a nosa gatiña xa non é un bebé e precisa dun mozo, e que mellor forma de atopar un que chamándoo a berros. E non só ela, no noso edificio hai máis gatos, e veña, todos a berridos, e así non hai quen durma nin quen estude!

E falando de estudar, xa están moi preto os exames. Chegaron as noites sen durmir e os días sen poder abrir os ollos do sono. E veña letras e letras... Cómo vou poder meter tantas cousas na cabeza? Pois hai que buscar a maneira, porque en realidade o que fas durante o curso non importa, o que importa é o que fagas nunha folla nun par de horas. Iso é, só un par de horas. Se o fas ben ese día demostras que xa sabes o que hai que saber sobre esa asignatura aínda que esquezas todo ao día seguinte. Sen embargo, se traballas durante todo o curso e aprendes algo grazas a ese traballo, aínda que sexa o máis básico, pero o día do exame non o fas ben... pois fódeste, meu! Vémonos en setembro!

Por esta regra de tres o mellor parece ser rascar a barrigola durante a tempada de clases e unha semana antes ou así dos exames pórse a chapar coma un animal. Menos mal que aínda quedan algúns profesores (nunha porcentaxe ben baixa, pero, habelos, hainos) que sí que valoran o que realmente importa, que entendas as cousas ben para que non se che olviden o día de mañá e podas compartir os teus coñecementos con outras persoas. E esa creo que é, ou debería ser, o principal obxectivo da universidade ou de calquer centro de educación, transmitir o coñecementos duns a outros para que nunca se perda toda a cultura que posuímos dende hai séculos e séculos. Pero se os esquecemos ós 5 minutos, quén lle vai explicar ós nosos fillos as cousas máis básicas da vida? Pois acabaremos sendo todos máis ignorantes do que o somos agora. E seguiremos deixandonos governar polos mesmos pailáns e faremos máis guerras para destruir as culturas que son diferentes as nosas por iso, porque son diferentes, e é máis sinxelo destruir que aprender.

"Be water, my friend", adáptate a todo e aprende todo o que poidas de TODO o mundo.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Moi bo. Quen escribiu esto ??

Anónimo dijo...

A chavala que sae na foto. Chámase talmente así, Maruxinha.