martes, 17 de noviembre de 2009

Patrimonio histórico e artístico de Boiro




Boiro é un concello da provincia da Coruña en Galicia. Pertence á Comarca do Barbanza.

Poboación no 2008: 18.730 habitantes segundo o INE.

PARROQUIAS:

Abanqueiro (San Cristovo) | Bealo (San Pedro) | Boiro (Santa Baia) | Castro (Santa María) | Cespón (San Vicenzo) | Cures (Santo André) | Lampón (Santiago) | Macenda (San Xoán)





Patrimonio histórico e artístico
de Boiro

No Neolítico


Megalitismo





No concello de Boiro encóntrase unha das concentracións máis significativas de monumentos megalíticos da Comarca, existindo escasos paralelos no resto de Galicia. Os mais soados son:

O Outeiriño Redondo, A Casota do Páramo, A Arca do Barbanza, Armadoiro, Pedra da Xesta, Cavada Primeira e Segunda, Casarota do Fusiño e A Necrópole da Amañecida


Na Idade de Bronce


Petroglifos




As últimas investigacións que se teñen acometido na Comarca, poñen de manifesto que se trata dunha das zonas con maior presenza deste tipo de manifestacións.




No caso concreto do concello de Boiro, destacan os petroglifos de Cubeliño, próximos ó lugar de Quinteiro, na parroquia de San Vicenzo de Cespón. A súa presenza xa foi mencionada nas obras de Castelao sobre as cruces da Galiza.



Outros conxuntos de gravados da arte rupestre son os situados en Vitres, Macenda, Confurco, Agüeiros, ou os petroglifos de Chan dos Reis ou de Pedra da Bouza, tamén son destacables os de Bealo, amplo conxunto con múltiples representacións cerca da capela de San Ramón de Bealo.


Na Idade de Ferro


Castros


Un dos xacementos máis emblemáticos da idade do Ferro galaico son os Castros de O Neixón, que se atopan na península de O Neixón na parroquia de S. Vicenzo de Cespón.





O conxunto arqueolóxico está formado por dous castros, o Castro Pequeno (VI-IV a.C.) e o Castro Grande (IV a.C.-III/IV d.C.) que foron importantes enclaves de intercambio e comercio de mercadorías. Destaca entre outras moitas circunstancias, por ser un dos castros máis antigos (Castro Pequeno) do NW peninsular. Na actualidade estanse intervencións arqueolóxicas con fins científicos, asumidos polo Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento pertencente ó Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC); á par estase executando unha posta en valor do xacemento, adecuándoo para que sexa visitable; e dotouse dun centro de interpretación nas inmediacións: Centro Arqueolóxico do Barbanza “Castros de Neixón”.




Outro xacemento de interese é o Castro de O Achadizo, que se localiza nunha pequena península sita na marxe setentrional da ría de Arousa, a unha altitude de 5 m. sobre o nivel do mar; nun lugar ocupado hoxe en día polo pobo de Cabo da Cruz. Os traballos de apertura dunha nova rúa en 1991, fixeron que saíra á luz parte das estruturas habitacionais, así como un conxunto importante de restos materiais.

Existe outra serie de xacementos castrexos na zona de Boiro, como son o Castro de Amoureira ou o Castro de Goritas, pero sen apenas tradición historiográfica, e que non foron intervidos arqueoloxicamente, salvo as prospeccións pertinentes.


Imperio Romano e Idade Antiga


Calzada Romana de Vitres



As distintas interpretacións feitas sobre esta vía consideran que se trata dun treito da Calzada que formaría parte da vía XX ou <>, variante da vía XIX pero situada ao longo da costa atlántica do NW, cunha extraordinaria importancia económica, definida pola intensa actividade mineira, e o extraordinario papel comercial que permitía ter comunicados os núcleos costeiros cos interiores.



As referencias á calzada romana do Monte de Vitres (López Ferreiro) fan alusión ao acuartelamento da Legio VII Victrix no entorno, o que quedaría fixado na toponimia da zona como Castelo de Vitres. Outros anacos desta estrada podemos vela en Belles de Arriba e Belles de Abaixo.


A pesares da eiva de datos empíricos nestes intres, é probable que nos atopemos ante unha calzada romana fosilizada ou substituída por un rueiro medieval, atendendo a datos como os restos arqueolóxicos conservados, que manifestan que se trata dun asentamento medieval, así como o topónimo: castelo. O posible contexto de fundación do Castelo de Vitres sexa finais da Alta Idade Media, momentos que corresponden cunha alta inestabilidade e conflitividade política militar coas invasións normandas, vikingas e sarracenas. Neste contexto adóptanse unha serie de medidas co fin de protexerse destes ataques, e unha delas é a construción dunha serie de torres con fins de vixilancia, protección e defensa contra os asediadores. Como resultado destas medidas constrúense as Torres do Oeste en Catoira, as fortificacións de Pontesampaio ou a Lanzada, e posiblemente o Castelo de Vitres, que posúe un amplo control visual sobre parte da Ría de Arousa.


Idade Media



Desta epoca data a división administrativa en parroquias que fixa as súas raíces no reino suevo, que perdura até a actualidade, e que podemos clasificalas como parte do patrimonio inmaterial.

En Boiro contamos con oito parroquias: San Cristovo de Abanqueiro, San Ramón de Bealo, San Vicenzo de Cespón, San Xoán de Macenda, Santa Baia de Boiro, Santa María do Castro, Santiago de Lampón, Santo Andrés de Cures. Cadansúa das cales, dispón dun conxunto monumental impresionante e único, do que dan fe as distintas igrexas, igrexarios e casas reitorais:






Na parroquia de Abanqueiro:


* A Igrexa parroquial de San Cristovo de Abanqueiro, de fábrica románica.



Outra das evidencias da Alta Idade Media en territorios boirense atópase nas inmediacións do núcleo de Abanqueiro, onde se conserva un sartego (sepulcro antropoide) que dadas as características que presenta podería ser máis antigo que a propia fundación do templo de San Cristovo de Abanqueiro, que se estima ao longo do século XIII.





E se Rodrigo ten algo máis que añadir, aquí o esperamos, esto vai para todos os BOIRENSES.


2 comentarios:

Ramon dijo...

Realmente estamos nunha comarca estratéxica, falando neste caso de restos arqueolóxicos.

E, en concreto no que se refire á Serra do Barbança, a máis destacable de todo o noso país, e creo que a nivel da península en todo o estado, e incluso diría que en toda Europa, pola cantidade de restos por metro cadrado cataloghados, e os que haberá aínda por descubrir.

Non é estrano que os nosos antepasados elixiran este sitio para tales monumentos de culto, defensivos, funerarios, de çelebraçións, para vivir, ... pola sua situaçión como cuña no Atlántico e dominando montes e horiçontes, rías por ámbalas dúas bandas, vales, ríos, e a súa chan na mesma serra.

Son sitios pouco comúns por aí adiante, posto que as súas características e condiçións son únicas.

O que queda por façer aghora é conservalos e defendelos, estudando sobre o terreno, incluídas as súas xente, ir descubrindo o que poda estar por descubrir, e orghaniçando a nosa memoria para pola en valor.

Que xurda a conçiençia neste campo e en tódalas façetas da vida.

Anónimo dijo...

¿o das fotos é calzada do conto de Luis?