jueves, 26 de noviembre de 2009

VIÑOS DAS RÍAS BAIXAS

Os viños das Rías Baixas conquistan o mundo



A Denominación de Orixe Rías Baixas, que atopamos ó norde de España, seduceu os mercados estranxeiros. As cepas que nacen xunto ó Atlántico, en chans areosos, producen un viño de gran calidade e aceptación en países como Estados Unidos, consumidor por excelencia, e Gran Bretaña. Ademais, as reseñas nas mais importantes revistas e guías internacionais eloxian a sua grande calidade


No país norteamericano as vendas aumentaron nun 71% a pasada tempada e un estudio da empresa Datamonitor prevé en Gran Bretaña un aumento do 16% nos próximos anos. Non esquece o Consello Regulador a inclinación de China por todo o occidental que fai que o seu mercado sexa de grande interés para a exportación. Xa no 2004 os viños da D.O. Rías Baixas participaron na feira Food & Hotel China que se celebrou en Shangai


O mercado internacional




Juan Muñoz, presidente da Asociación Española de Sumilleres, destaca a calidade, a innovación tecnolóxica e o traballo nas viñas como as características principais que fixeron ó produto competente nos mercados internacionais. O clima atlántico e as características que definen o chan son, sen dúbida, as condicións máis propicias para a produción dos viños de calidade


Asimesmo, o aumento de referencias e artigos dedicados a Rías Baixas aumentou na prensa estranxeira. Un dos grandes gurús do viño, o catador Robert Parker, afirmou na revista Food & Wine que o estado español é un lider emerxente en viños de calidade e creatividade, e inclúe sete caldos desta Denominación na súa guía Wine Advocate. No periódico Wall Street Journal eloxiáronse tamén os viños galegos por alonxarse dos actuais métodos de produción industrial. Nunha reportaxe de Tim Alkin, publicado na revista Life, destácase a combinación de tradición e modernidade na elaboración dos caldos



Ademáis, o Consello Regulador está promocionando os viños nos mercados internacionais e as suas diferentes feiras, con promocións en puntos de vendas, marketing e formación. Durante os próximos tres anos, Rías Baixas representará ós viños brancos de calidade en Estados Unidos, anque xa estivo presente en feiras europeas como Prowine en Alemaña ou na London Wine


Un grande produto




A Denominación de Orixe de Rías Baixas esténdes pola provincia de Pontevedra e abrangue cinco comarcas: Val do Salnes, Condado do Tea, O Rosal, Soutomaior e Ribeira do Ulla


As uvas que se utilizan para a elaboración destes viños son as brancas, as máis comúns, e variedades tintas, moi escasas. Entre as brancas destacan a Albariña, de gran moi pequeno e moi doce, a Loureta, de grande calidade e unha das mais aromáticas xunto á Treixadura, ou a uva Torrontés, que produce viños de pouco corpo e de boa acidez



A variedade de viños fainos mais atractivos se cabe, e aptos para diferentes gustos ou ocasións. Os brancos son secos de aromas afroitados e florais cun gusto fino e prolongado; os de tipo Albariño, frescos e suaves, teñen aromas distinguidos; e os de tipo Rosal ou Condado do Tea destacan polos seus aromas intensos e de lixeira acidez



Os brancos maridan ben con pratos liviáns e con peixes, e os de crianza poden acompañar carnes brancas. Un Albariño é unha boa suxestión para o marisco, crustáceos á parrilla ou moluscos de colleita



Reportaxes recomendadas:


Albariño: o rei das Rías Baixas

O maridaxe perfecto: equilibrio na gastronomía

1 comentario:

Anónimo dijo...

Nunca se debeu perder o mercado que obtiveron en séculos pasados os nosos viños, e en concreto, os indiscutibles e únicos Rías Baixas.

Valoremos o que temos.