domingo, 26 de abril de 2009

REPOSICIÓN-TRUCO






Aquel ano de COU foi distinto ós demáis, eramos poucos tíos na clase, o resto...chavalas.


Facíase un entorno moi familiar, coñeciamos a todo o mundo e a quen non, pois xa avanzaríamos ó longo do ano.


Ibamos pouco á clase e ademáis non tiñamos moitas dificultades para ir aprobando algunhas,sabíamos que ibamos repoetir, a aspiración era deixar só tres, para non repetir todo.



O finado de Máximo, boa persoa onde as houbera, nos deixaba as chaves do ximnasio e alí montabamos partidos de fútbol dous contra dous, acabamos chorreando, ducha e para a cafetería.



Angelita preparaba uns bocadillos que estaban como para repetir varias veces ( o bocata),e mentras tomábamos o bocadillo e baixabamos unha cervexa con bastante sede, collíamos a baralla e comenzabamos a partida de Truco.



O Truco era un xogo de cartas que eu non coñecía, pero as influencias que chegaron da zona norte do concello, Bealo, Cespón e a parte de Taragoña, nos fixo engancharnos a todos.O Richard tampouco o coñecía pero en menos de nada empezou a engancharse e así estabamos todo o día.



Primeiro envidabas, e todo o mundo quería ter a tres cartas do mesmo pao para ter unha Flor, que che daba tres puntos, se aparte era de Espadas, xa tiñas gañadas as dúas mans,a non ser que che respobnderan con Contraflor e arresto, podía ser un farol, pero ahí a grandeza do xogo.



Cando un xogador cantaba a Flor, ó outro non lle quedaba máis que dicir "Ten bo olor......., imos verlle o color",podíase dicir "Veño de Pernambuco con unha flor e un truco".Se non a tiñas, aspirabas a ter un bo Envido, a ser posible o 6 e 7 de espadas, eso daban 33, se aparte eras Man, xa tiñas as primeiras gañadas, o cal eran dous puntos, se che retaban con outro envido ou real envido, era unha porrada de puntos,se che botaban a Falta, adeus partida, bocatas e cervexas.



Nas Segundas xa tiñas outra opción, as preferencias eran ter un As de Espadas, ou de Ouros, senón un sete, de Espadas ou Ouros, despois viñan os Anchos, e a partir de ahí as figuras dende o Rei e Cabalo ata a Sota,....... Setes normales e todo para abaixo.



Por certo, todos temos claro que son os Reis ou Reises, o Rei do Rock, o Rei do mambo, os Reis Magos e Vicente Fernandez que sigue sendo El Rei.




Os Cabalos,.....poden ser Cabalos de Mar, Cabalos do Demo, Cabalos que se chaman Morte, un Dous Cabalos ou o Cabalo de Doroteo Arango (Pancho Villa) que se chamaba Sete Leguas.



Pero,.... ¿As Sotas?,.....¿Que carallo é unha Sota?, ¿Se reproducen as Sotas?, ...¿Son homes ou mulleres as Sotas?; Se alguén me pode aclarar isto lle estarei eternamente agradecido, é unha dúbida existencial que me corroe dende hai anos.



Unha vez rematada a dúbeda, conven dicir que alí nos tirabamos días e días os machotes de COU A, xunto con outra xente que non fallaba nunca, Manolo Jornalero (que casou en Disco3),Fritos,outra pandilla de COU con mesa reservada e sobre todo o que enchía tremendamente o ambiente fumeante da vella cafetería era Marcelino xogándose as cervexas con Juanjo, Mary Carmen ou Rebollido.



Nunca na miña curta vida de 15 anos oira baixar ós Santos en fila de a un e sen queixarse como se oía na cafetería de Angelita hai 24 anos, todos desfilaban baixo o poster do gol fantasma de Michel contra Brasil no mundial . Certo ou non, alí enfilaban dende San Antoniño co neno incluido, San Francisco acompañado polo Lobo de Gubbio,ata San Roque con can e San Papá del Sielo, era increíble aquel dominio do Santoral, sobre todo para mín que non sabía cando era o meu santo, baixo o grito de "Voute esplumar", a procesión alargábase durante unha hora.



En fin, hoxe en día non me gusta xogar ás cartas, sigo sen celebrar os Santos, pero o gusto que non perderei, porque aínda me cae a baba cando o penso é......... o gusto dos Bocadillos de Angelita.





8 comentarios:

Anónimo dijo...

Un HURRAH!!!!!por Angelita...Creo que todos a recordamos con moito cariño...

Anónimo dijo...

Quen non se lembra daquel muller que empezaba cedo a facer as tortillas para que todos as disfrutasemos na hora do recreo, lembro que en moitas ocasións teño falado con ela e votar unhas risas naquelas horas que todos collíamos como libres.
Saúdos a todos.

Anónimo dijo...

os bocatas de cabello de angel (chamábamoslle así cando no medio da tortilla aparecía un pelo)

Anónimo dijo...

MArselino xuraba a DIos y asu madre...ajora é cura.
¿Quen carallo é Manolo Jornalero?

Anónimo dijo...

Se mal non me lembro Manolo Jornalero, é un rapaz de Cespón que chegou cando estabamos en 3º dun instituto de Santiago.

Anónimo dijo...

Si queredes ver as 4 sotas da baralla, mirade a parte alta da fachada da Igrexa de San Fructuoso en Santiago (xusto detrás do concello). Vense moi ben dende a Praza do Obradoiro, entre o Pazo de Raxoi e o Hostal dos Reis Católicos.
Ensinoumas meu pai cando era pequeno, pero supoño que Rodrigo tamén as coñecerá.
As malas línguas din que son as catro Virtudes (a Prudencia, a Xustiza, a Fortaleza e a Templanza), tamén hai quen lles chama as catro putas, pero eu prefiro pensar que son as sotas da baralla.
Hoxe en día, a educación vai moi mal. A xuventude sae do instituto sin saber nada. Sei dunha rapaza que non aprendeu a xogar á escoba ata chegar á universidade.
Saúdos, Toño.

Administrador dijo...

Grazas por lembrarmo, ¿así vale?

Anónimo dijo...

o carallo e que sempre me ganaba o cabronazo de marcelino.tendes razón, xuraba moito e viña a que lle puxera as pelis x na miña casa e decíalle ó meu fillo que era pequeno:victor , tí tapa os ollos.sempre me estaba cos mismos gritos de guerra:vouche esplumar, voucho bailar,referíndose ó sete velo.ahora é o cura de lampón e sanisidro, sigue sendo unha boa persona e sígueme decindo cada vez que nos vemos:vouche esplumar, voucho bailar.temos pendiente unha partidiña de escoba.un saúdo a todos.juanjo.