Pasoulle unha vez a unha rapaza que vivía en Carral e que tiña un rapaz veciño a quen unha noite, ó voltar da tuna, presentóuselle no camiño a alma dun defunto e, ó facer as vintecatro horas morreu de súpeto.
Ó outro día despois do enterro, cando a rapaza viña de pechar o muíño da dona a quen servía, sendo xa noite pecha, nunha volta do camiño presentóuselle o veciño moto. Ela gañou medo e fuxiu a correr, facendo cruces e murmurando un rezo.
Chegou á casa morta de medo e non deu fala a ninguén do que lle pasara. Ó outro día, cando viña de volta a tremer coma un condenadona porta do inferno, volveuse repetid o feito, mais agora, antes de ver ó rapaz, sentíu as súas falas, que lle dixeron:
— ¡Marica! Non fuxas que non che hei de facer mal.
Escoita: vai mañá ás doce da noite á fraga do Suenllo e direiche o que tes que facer para me sacares de penar po-los camiños.
Vai, non llo digas a ninguén — e, daquela, aareceulle de corpo enteiro, coa mesma roupa que lle puxeran para enterrar.
Chegou a nova noite e a moza, axexada po-los veciños dispostos a lle valer, acudiu á cita, mais o morto non se presentou.
Moqueáronse dela os outros e, xa coidaba ter todo pasado, cando outro día, voltando soa do muíño, outra vez se lle apareceu o morto a lle decir:
— ¡Marica! Non fixeches caso do que che pedín e sigo penando po-la túa culta.
Escoita, aínda é tempo de que me vallas. Para que eu pouse, e non me vexa punido po-los meus pecados a penar po-los camiños da terra, unha moza solteira ten que facer a pé a romaxe de Nosa Señora da Barca, a pedir po-las portas o xantar de pan e auga, e un cotiño de palla para durmir nos alpendres.
Ten que levar un hábito de burel, feito coa esnola recollida entre os veciños de sete parroquias e ten que dicir unha misa en Paleo e outra o día da Virxe na súa igrexa. Esa moza es ti, Maricaa, ¡váleme agora que aínda hai tempo!
Cando chegou á casa, contoulle á dona o que lle pasara, e fóronse de contado as dúas xuntas pé do señor cura. Ó outro día, foise a rapaza de porta en porta para cumprr a manda do morto: fixo a súa romaxe á Nosa Señora da Barca e disque nunca máis ninguén oíu falar de que se volvera presentar outra vez a ninguén a alma do rapaz morto.
CARRÉ ALVARELLOS, Lois. Contos populates da Galiza, Museu de Etonografía e História, Junta Distrital do Porto, Porto, Portugal
5 comentarios:
A min unha ves apreseume de noite un sosio compromisario do madrí ós pés da cama
a foto é do verán non ves a manga corta.
Eu nunca tiven ese tipo de aparicións, a única aparición que vía e aínda vexo de cando en vez e o home que ven cobrar o seguro de decesos e que fai que me poña de mala leche porque o recibo fai que sempre lle diga a miña nai por que non o pasa polo banco que sería moito mellor que ver como che cobran o enterro por anticipado, así que para darlles máis a gañar penso vivir polo menos ata os noventa e de aí para arriba xa negociarei de novo.
Saúdos a tod@s e biquiños xa sabedes onde.
A mín o outro día pasoume unha escalofriante experiensia paresida ás que contástedes hoxe.Voúvolo a intentar resumir. Resulta que era de noite, unha de esas noites de temporal que tivemos ahí atrás.Eu estaba moi cansado, terriblemente cansado, e o corpo pedíame a jritos ir para a cama. Deiteime nela, coa lus da mesilla ensendida e intentando descansar un pouco. De repente empesei a notar como uns ruídos e sons paresidos a murmullos podían chejar ós meus oídos. Mirei cara á fiestra da miña habitasión, e alí estaban,dous espectros de apariensia femenina, vestidos cunhas túnicas brancas.Un sudor frío acompañado dun escalofrío percorreu todo o meu corpo e, temblándome as perniñas, aserqueime lentamente a elas. Ó chejar a seu carón,un deses espectros do Averno (Concretamente a máis morena e tetuda das dúas),votoume unha sonrisa cómplise. Co medo metido no corpo,abrín pouco a pouco a fiestra,esperando que se desvaneseran. Elas en ves de fuxir dalí, entraron na habitasión levitando no aíre. Miraron para mín e sin desir nada deixaron caer ó chan as túnicas brancas, e pejáronme un forte empuxón que fixo que caera de espaldas sobre a cama.
Empesei a notar coma si o pixama que levaba enriba se me fora arrancado a xiróns por unha forsa violenta e desconosida, deixándome tal e como chejei a este mundo, en pelota picada. Todo o meu corpo temblaba e eu sentíame desprotexido e indefenso. Foi nese momento cando empesei a notar que esas bestas demoníacas se subiron enriba miña e empesáronme a faser sabe Deus que cousas. A todo esto, os leves murmullos que meus oídos antes escoitaban, convertíronse nunha espesie de jritos, pero non jritos pavorosos de dor,non,sinón aljo máis suave para os meus oídos...como si foran dulses sireas que xemían... e nesas estaba,intentando sobrevivir a ese inhumán castijo ó que estaba sendo sometido, cando de repente despertei sobresaltado da cama, mirei para a televisión, e ... DINME CONTA DE QUE ERAN AS DUAS E CUARTO DA MAÑÁN E QUE ME QUEDARA A TELE ENSENDIDA NO CANAL DE TELE BARBANSA,NUNHA DESAS PELÍCULAS QUE VOTAN A ESAS ALTAS HORAS.
Tremendamente confuso e acojonado polo que me acababa de suseder, diríxinme o baño para refrescarme o sudor e poder comprobar que só se trataba dun terrible pesadelo. Efectivamente,cando rematei de lavar a cara e voltar á realidade, puden comprobar que a fiestra estaba pechada,o meu pixama posto e completamente intacto, e pola habitasión nin rastro da rubia nin da morena. Cando xa casi estaba convensido de que todo fora un mal soño que nunca acontesera en realidade, houbo un detalle que me voltou a poñer os pelos de punta...
DENTRO DO MEU PIXAMA, DEBAIXO DO MEU OMBLIJO, HABÍA UN BULTO QUE ANTES DA APARISIÓN NON ESTABA ALÍ...
20:37: que sozinho estás!!!
Publicar un comentario