miércoles, 8 de abril de 2009

O SILENÇIO, por Ramón Laíño





Ti eras antes de que o ruído perturbara e, rompera o aire en calma que nos arrodea.


Nunca deixarás de ser o que en ti mesmo es porque eternamente existes con vida propia.


Sen pensamentos maniféstaste incansablemente na nosa mente, sempre que o noso ser así che busca.


Silençio es cando sobran as palabras, posto que neses momentos elas nada significan e, o que se quere diçir é a nada.


Inseparable amigho e leal mestre quen de noite e de día á nosa beira, camiñas como a vos da propia conciençia.


Ente universal do que todo idioma terrenal non che alcança, nin supera, en expresar con nincunha palabra falada, a túa sabiduría.


Fillo da calma e da paciençia, irmán da intelixençia quen por medio túa, móstrasnos o camiño da clarividençia.


Compañeiro da dor, da aleghría, do sufrimento e de todo humano sentimento que nos curas, ensinas e ghuías polo sendeiro da vida.


Así permaneçes no berçe, co bebé arrolado e durmido, en toda a súa inoçençia e pureça.


En ti maniféstase o moucho na noite e, no çeo as estrelas e a lúa, como denscanso de toda vida animada.


Ghrados de silençio que en tódalas escalas dos seres vivos te presentas e, que en ti buscamos a pas e o equilibrio, do camiño perdido da nosa existençia.


Por ti farase ese estado de consciençia onde a humanidade, a comunicarse sen palabras, un día cheghará.


Desde o prinçipio era, como así está e por sempre na eternidade permaneçerá.



2 comentarios:

Anónimo dijo...

Ramón da gusto ler esto, ten un sentimento profundo que me fai pensar na túa persona, ti sempre escoitando, reflexionando sobre a vida e o que a rodea.
Segue escribindo así, pois chegarás lonxe.
Tamen se votan de menos os poemas de Mary.

Mary Hermo dijo...

Fermoso poema, estou dacordo co anterior anónimo, eu sei que ti pensas en que non tes eses sentimentos para escribir poemas, pero eu tan só che vou dicir que para escribir poesía tan só hai que ter corazón, e amigo meu ti telo, todos temos corazón e todos sentimos algo dentro del, ben sexa por unha persoa ou por calquer "cousa".
Segue escribindo poesía, amigo meu.
Para o anónimo anterior direille que irán aparecendo poemas meus, o igual que crónicas de Luis, pero que todos temos que por un graniño de area para que isto sega adiante.

Saúdos para tod@s, e moitos biquiños.