viernes, 10 de abril de 2009

NON TEÑO PALABRAS AMIGOS, por Mary Hermo

Non teño palabras para dicir o que sinto, aínda que hai sentimentos que rebulen por dentro de min, pero vou comezar polo principio.


Todo o que vai de ano a miña saúde veuse agravada pola enfermidade que padezo e na que a dor física non me deixa facer case nada, ata o punto de acabar por postrarme na cama. Sempre loitei con todas as miñas forzas para non sucumbir ante o inevitable, pero estes últimos meses as forzas comezaron a fraquear por que sentía que me faltaban motivos suficientes polos que sacalas de onde fose, incluso a sentirme por momentos chea de soedade; a dor do corpo é moi forte pero unido a eses sentimentos fixeron que case tirase a toalla. Pero gracias a vós aprendín que non estou soa, que hai persoas (a parte da miña familia) que me queren e que son amigos; e iso é o mellor motivo que unha poida ter para pelexar coma unha tigresa e non deixarme arrastrar pola forte dor do corpo.


No momento en que Alicia e Eva xunto cos seus respectivos fillos e Alejandra (irmán de Alicia) chegaron a miña casa, eu creía que era unha visita das miñas amigas, pero non viñeron só como amigas, senón tamén como embaixadoras de todos vós, e aí xa en min querían asomar unhas bágoas, pero non quedou a cousa niso, traían un regalo de parte de todos: un ordenador portátil Toshiba coa súa funda (nada máis e nada menos que un dos meus soños pero que a economía non me permitía cumprir) e un disco duro externo; as miñas bágoas xa non se reprimiron aínda que as escondín para as fotos que sacamos, e nestes intres que estou escribindo isto seguen a saír e esvaran polo meu rostro sen parar.


Teño que loitar pola miña familia e por todos os amigos que teño, i eu cría que estaba soa; agora tratarei de escribir cada día no noso caderno de bitácoras sempre que a dor me permita facelo pero loitarei con uñas e dentes para poder facelo aínda que non sexa máis que un comentario a algún dos artigos que haxa postos.

Eu quixera correspondervos con algún detalle, en canto poida todos recibiredes unha sorpresa no voso correo, será humilde pero chea de cariño pola miña parte, será poesía algo tan sinxelo como a poesía que con sentimento escribo.


Como sabedes estaba escribindo un libro de poemas que xa rematei, xa vós contarei se chega ou non a publicarse.


Unha aperta para tod@s cargada do meu cariño e da miña humilde amistade, ah!! e para darlle un toque de humor nas fotos que conste agora que eu quería mostrar dende a cama o meu canalillo pero que elas non me deixaron; e como non biquiños onde máis gusten.


Pd. Teño moito atrasado por ler no blog, tentarei lelo esta noite, as miñas portas están abertas cando queirades facerme unha visita.

Mary Hermo.

5 comentarios:

Mary Hermo dijo...

Esquecíaseme pronto estarán as fotos para que as vexades e espero que todos nos xuntemos un día para tomar algo.
Unha aperta moi forte e biquiñosssss.

Anónimo dijo...

UNHA APERTA MOI FORTE E ÁNIMO!!!

Anónimo dijo...

Alédome de ver que o amor e a amizade non están en crise e que se fixo algo tan fermoso por unha persoa que o merece.Mary, non che coñezo persoalmente pero eu tamén puxen o meu graniño de area porque gracias ós teus artigos, comentarios e poesías tamén me considero un pouco amiga túa.Persoas cercanas a mín quérente moito e iso fai que eu tamén te queira, espero coñecerte un día.ánimo e bicos!

Mary Hermo dijo...

Gracias a todos, non teño palabras pero ei ter poemas.
Para todos gracias e loitarei moito máis aínda, iso non o dubidedes nunca.
A ti, que escribiches que non me coñeces e que puxeches o teu grao de area, imaxino que que es irmán e prima dalguen que si me coñece, iso digo por pensar nalguen?
Pero se queres coñecerme podemos quedar un día dos que veña Rodrigo e Luís a tomar algo comigo a Cabo, dilles que te avisen e verás que son grande e moi pesadiña, jajaja, pero que cho agradezco dende a alma porque os que non me coñecen e puxeron o seu grao de area fai que me sinta máis querida aínda e fai que sinta que a miña familia aumenta.

E non esquezades de visitar a paxina do meu pobo, pinchade no meu nome e xa vades dereitiños.

Un bico para tod@s e unha aperta moi forte con moito cariño.

Anónimo dijo...

loita.mary,por favor.merecías esto e moito mais.biquiños.juanjo.