viernes, 17 de abril de 2009

NON TEÑO PALABRAS- Mary Hermo.



Non teño palabras para dicir o que sinto, aínda que hai sentimentos que rebulen por dentro de min, pero vou comezar polo principio.

Todo o que vai de ano a miña saúde veuse agravada pola enfermidade que padezo e na que a dor física non me deixa facer case nada, ata o punto de acabar por postrarme na cama.


Sempre loitei con todas as miñas forzas para non sucumbir ante o inevitable, pero estes últimos meses as forzas comezaron a fraquear por que sentía que me faltaban motivos suficientes polos que sacalas de onde fose, incluso a sentirme por momentos chea de soedade; a dor do corpo é moi forte pero unido a eses sentimentos fixeron que case tirase a toalla.
Pero gracias a vós aprendín que non estou soa, que hai persoas (a parte da miña familia) que me queren e que son amigos; e iso é o mellor motivo que unha poida ter para pelexar coma unha tigresa e non deixarme arrastrar pola forte dor do corpo.




No momento en que Alicia e Eva xunto cos seus respectivos fillos e Alejandra (irmán de Alicia) chegaron a miña casa, eu creía que era unha visita das miñas amigas, pero non viñeron só como amigas, senón tamén como embaixadoras de todos vós, e aí xa en min querían asomar unhas bágoas, pero non quedou a cousa niso, traían un regalo de parte de todos: un ordenador portátil Toshiba coa súa funda (nada máis e nada menos que un dos meus soños pero que a economía non me permitía cumprir) e un disco duro externo; as miñas bágoas xa non se reprimiron aínda que as escondín para as fotos que sacamos, e nestes intres que estou escribindo isto seguen a saír e esvaran polo meu rostro sen parar.



Teño que loitar,.. pola miña familia e por todos os amigos que teño, i eu cría que estaba soa; agora tratarei de escribir cada día no noso caderno de bitácoras sempre que a dor me permita facelo pero loitarei con uñas e dentes para poder facelo aínda que non sexa máis que un comentario a algún dos artigos que haxa postos.




Eu quixera correspondervos con algún detalle, en canto poida todos recibiredes unha sorpresa no voso correo, será humilde pero chea de cariño pola miña parte, será poesía algo tan sinxelo como a poesía que con sentimento escribo.




Como sabedes estaba escribindo un libro de poemas que xa rematei, xa vós contarei se chega ou non a publicarse.

Unha aperta para tod@s cargada do meu cariño e da miña humilde amistade, ah!! e para darlle un toque de humor nas fotos que conste agora que eu quería mostrar dende a cama o meu canalillo pero que elas non me deixaron; e como non biquiños onde máis gusten.

Pd. Teño moito atrasado por ler no blog, tentarei lelo esta noite, as miñas portas están abertas cando queirades facerme unha visita.




Mary Hermo.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

mary, tí mereces esto e moito máis,pero estamos en tempos de crisis, e aínda que aquí entra moita xente, non todos estiveron pola labor

Mary Hermo dijo...

Dende a miña camiña quente e escoitando as gotas que caen no tellado de uralita que hai na miña ventana, quero dar as gracias a todos os que fixechedes que eu cumprira ese soño; quizás como dis non todos estiveron pola labor pero tamén pode ser que non chegasen a enterarse, pero para min é de agradecer que todos e todas as que colaborachedes e Luis que organizou todo que para mín sodes todos amigos e amigas aínda que algún ou algunha non me coñeza persoalmente.
Gracias por facerme feliz, sei que estamos en crise e que para vós tivo que supor un gran esforzo e co corazón na man dígovos: gracias e que vos quero e ademáis unenos algo que se chama amistade, contade comigo para o que necesitedes e esté na miña man.

Teño que deixar xa que toca descansar como sexa, a ver si mari juan me axuda, xa me entendedes.

Biquiños a tod@s e unha forte aperta dende o corazón e dende a miña alma que esconde tantos e tantos sentimentos de cariño e que vos mando.

Anónimo dijo...

Mary me alegro mucho de que te haya gustado. Espero que tengas muchisimos momentos buenos y puedas seguir dando vida a este blog. Un beso muy grande.
Lili