Stonehenge é un monumento neolítico e da idade de bronce situado perto de Amesbury en Wiltshire, Inglaterra, a uns 13 km ao noroeste de Salisbury. Trátase dun monumento megalítico probabelmente construído como templo-calendario. Está situado cronoloxicamente no período neolítico ou na Idade de bronce.
Stonehenge está formado por catro círculos concéntricos de pedras.
O círculo exterior, de 30 m de diámetro, está formado por grandes pedras rectangulares de gres, que orixinalmente estaban rematadas por linteis tamén de pedra quedando hoxe en día só catro no seu sitio.
Dentro desta fileira exterior encóntrase outro círculo de bloques máis pequenos de gres azulado.
Neste obsérvase no seu interior unha ferradura construída por pedras de gres da mesma cor, e no seu interior permanece unha lousa de gres micácea coñecida como o Altar. Todo o conxunto está rodeado por un foxo circular que mide 104 m de diámetro.
Dentro deste espazo álzase un bancal no que aparecen 56 fosas coñecidas como os "furados de Aubrei".
O bancal e o foxo están cortados pola Avenida, un corredor procesional de 23 metros de ancho e de 3 km aproximadamente de lonxitude. Cerca áchase a Pedra do Sacrificio. En fronte encóntrase a Pedra Talón.
Está composto dun gran círculo de grandes megálitos cuxa construción se data entre 2500 e 2000 a.C.. O círculo de area que rodea os megálitos está considerado a parte máis antiga do monumento, estando datada sobre o 3100 a.C.. No seu comezo era un monumento circular de carácter ritual rodeado por un noiro e un foxo, de xeito similar a moitos outros situados no sur de Inglaterra. En 2200 a.C. foi cando tomou o seu aspecto actual, para o cal transportaron 32 bloques de gres desde as montañas de Preseli, ao suroeste de Gais e a pedra do Altar foi traída desde unha rexión próxima a Milford Haven.
Descoñécese a finalidade que tiveron os construtores deste gran monumento, mais suponse que era un observatorio astronómico que servía para predicir estacións e como templo relixioso.
As últimas indagacións fan creer que era un centro de sanación, pola cantidades de restos de seres humanos enfermo que alí foron atopados.
6 comentarios:
Moi interesante.
Vaya monumento!(y no me refiero a las piedras esas precisamente...)
Ten que ser incrible atoparse alí e ver semellante construcción que para os que a fixeron tiña un significado supoño, que moi especial e que pode que nós non chegasemos a comprender.
Xa me gustaría a mín viaxar ata alí algún día, eso sí, con moi boa compaña, a ver se alguen se apunta cando eu poida ir, haberá alguén que quiera soñar comigo e facer alí non fotos precisamente, jajajaja.
Biquiños a tod@s onde máis gusten.
arre carallo,luís, canto nos enseñas.ahora fai as crónicas do camiño, en mis viajes por lo largo y ancho de este mundo...
Boh, eso de Stonehenge son catro pedriñas mal postas. Para bonitos, bonitos, os Castros de Neixón.
Si o de Stonehenge era un "Sentro de sanasión", pola cantidade de restos humans atopados alí, os Castros De Neixón son un "sentro de Botellón", pola cantidade de bolsas de plásticos e cascos de litrona que por alí se ven.
Por serto, o outro día paseando por Neixón tamén pisei uns restos humans... quero desir que... tamén me atopei cuns "Restos humans" que aljún cabr... alí deixara.
Tes toda a rasón e se atopastes con restos deses, teremos que mirar por faser aljo para ebitalo. vamosllo pedir o de medio ambiente a ver que nos di o respeto de tal atrosidade nos castros de neixon.
Publicar un comentario