Protector do meu camiñar, confidente da miña intimidade, esclareçedor natural da nosa vida errante.
Vixía do día e da noite, alerta ladrador do perigho, ghardián e defensor da casa.
Ti que me acompañas nos bos momentos e me socorres e axudas nas dificultades sen máis inquietudes polas que preocuparte.
Can querido e coidado, can maltratado, can abandonado, can perdido,... en ti non cabe a traiçión para con que che fire e á túa sorte che deixa.
Referente do mundo natural do que a xente se alonxa e a quen lle fas lembrar os valores verdadeiros da amistade e sinçeridade.
Instinto transmutado en almas entreghadas ao serviço do home na espera de reçibir un mínimo xesto de ghratitude, cariño e comprensión por quen de ti se encargha.
Tanto entreghas e pouco reçibes e que por obra da baixeça humana esa débeda de afecto para contigho pode non che permitir con ela deleitarte.
Qué ínfimo esforço neçesitarían a quen ti coa túa mirada lle suplicas unha insignificante mostra de cariño a cambio da túa lealdade, fidelidade e nobleça.
Familiar da casa, andador de camiños, prados, vales, saltador de valados e explorador de montes, acompañante sempre.
Instinto de supervivençia manifestado en intuiçión que se transforma en pura sensibilidade cando es comprendido no teu sentir, na túa tristura e lediçia.
Entre nós como un membro máis da comunidade camiñas pola vida e por ela pasamos sen entender ese sacrifiçio e a súa finalidade.
Como un espello se reflexa en ti a nosa aleghría, o noso sufrimento e todo sentimento da nosa alma humana.
Aberto e natural é neste mundo o teu actuar porque nel as túas neçesidades con familiaridade satisfás e sen prexuíços que che aten e limiten no teu vivir camiñas libremente.
É tanta a túa xenerosidade que fronte á humillaçión e ruindade do teu torturador mostras benevolençia.
Conçebida tal ghrandeça non hai xustiça terrenal ou divina que poda recompensar esta dor e ultraxe.
Seres que xa de existir deixástedes e dos que aínda con nós camiñan, sodes coma unha lus de irmandade iluminando o camiño na escuridade.
Meu amigho, meu inseparable compañeiro, por sempre o teu recordo na miña alma quedará.
7 comentarios:
Qué bonito ....e qué triste!!!
Ramón, eres tan sentidiño que dan ganas de achucharte!
Ramón, hai que reconocerche que hoxe lucístete. Quedouche redondo. Deberíase titular:"Réquiem por uns amigos perdidos",ou "Ale-GATO en favor dos cans".
Eu tamén tiven un can que se chamaba Elvis. Era un pastor belga. Teño que reconocer que mentres o tiven na casa non lle fixen moito caso. Un dia escapouse e non volvín a saber del. Votei máis de unha semana buscándoo pero non apareceu. O certo é que a súa marcha púxome moi triste, e dinme de conta de que tiña que haberlle dedicado máis tempo cando o tiña conmigo. Pasa moi a miúdo eso de que as cousas aprecíanse cando xa non se teñen.
Elvis, ..de pequeno era moi lindo, pero dspois collu a rabia o moi cabrón..pegharialselle o carácter do dono...incapaz de pegharlle aunha galinha
Fermosa poesía adicada os animais de compaña que pasaron pola túa vida, concretamente "Os Cans".
Teño que dicir que me gusta moito, noraboa Ramón.
Eu tiven tres, un tivemosllo que regalar a un veciño mentres aínda era pequeniño e chamabase Zeus pero non podíamos facernos cargo del e antes de abandonalo regalamosllo para que o puideran atender como necesitaba, pero os outros dous pasaron pola miña vida acompañandome, o primeiro chamabase Tobi e mataronolo con veneno a pesares de que era un animal moi cariñoso pero tiñamos un veciño que o facía rabiar e ladraballe, cando morreu eu estaba ingresada e cando cheguei á casa e me dixeron o que sucederá chorei moito e aínda hoxe o lembro.
O meu segundo cadelo foi Lucky e morreu fai pouco, tívemos que sacrificalo por que tiña cancro no ano e xa era moi maior para soportar a operación, así que o veterinario recomendounos o seu sacrificio para que non sufrira, pero na nosa casa todos sufrimos ó velo morrer pois acompañounos durante case toda a miña enfermidade e choraba cando eu estaba moi mal e me tiñan que ingresar; gardamos moi bo recordo de Tobi e Lucky, e incluso do Zeus aínda que pasou apenas unhas semanas con nós.
Saúdos a tod@s, e bicos onde queirades.
Este Ramón empezou no blog escribindo cousas como:"Mamá, papá, Juanito soy yo, comemos los juevos, la casca sobró", pero pouco a pouco foi subindo o nivel, e agora xa claramente é un referente na prosa galega actual.
Cómo dirían os franseses quedouche de Chapó, Ramón. Millor dito quedouche de Chapeau,guau,guau.
Eu, queridos amijos, tamén me sensibiliso moito con eses cans, que por miles,que dijo miles,millóns deles,teñen que andar por ahí vajando polo mundo, sin casa nin familias que os coiden e acarisien. Esos Rain Dogs que diría o meu asmirado(Asmirado=Admirado, pra quen non entenda o meu jallejo claramente con CECEO) Tom Waits.
Eses cans,queridos blojeiros(Blojeiros=Blogueiros,pra quen non entenda o meu jallejo claramente con GUEADA), abandoados á súa sorte, sin un triste óso que levarse á boca. Ou sin ir máis lonxe, aqueles cans que aínda tendo casa,síntense vilipendiados por eses donos que non lle fan nin puñetero caso.
Sí, que ningúen mo discuta, porque eu síntome coma un deles abandoado á súa sorte naljún momento desta perra vida.Pero, ímos a ver señores,¿Acaso ídesme a discutir este tema?. ¿OU É QUE NINGUÉN SE ACORDA DO MES E MEDIO QUE TIVEN QUE PASAR EU DURMINDO NA CASETA DO MEU CAN ELVIS,QUE EN JLORIA ESTÉ,DESPOIS DE TER CHEJADO UN POUCO TARDE DA CEA DO 30 ANIVERSARIO DO INSTITUTO?
¡OH NO, MERDA!... Emosioneime tanto que me acabei delatando...
Publicar un comentario