miércoles, 29 de abril de 2009

QUIXERA COÑECER, por Mary Hermo

Quixera coñecer,

se das cinzas

o amor pode renacer,

nas cousas do querer,

aínda queda moito por aprender.

Sigo infatigable,

a percura existencial,

ata o meu día final,

sen amor

nada é igual,

é difícil vivir

co corazón desigual,

ata o penoso letargo

dun sinxelo atardecer,

fai a soidade melancolía,

e ata o arrefrío,

do sentimento mutilado

da percura dun querer,

que sen estar

xermina na alma

da ilusión e da paixón

de calquera namorado.

Mary Hermo.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Esta visto que o de Mary é a poesía, quen o diria pois daquela era a leche en verso, sempre rebelde; e mira ti hoxe escribe poesía e con unha sensibilidad tremenda. Eu alucino coas suas poesías.
Mary ¿Antes escribias poesia?
Espero que te vaias poñendo mellor.

Ramón dijo...

Ter o xermen do amor dentro de un mesmo é o mellor acompañante para sentirse querido-a e para que che queiran, por eso che quere tanta xente.
A ilusión incluso pode ser mellor consolo ou satisfaççión que a verdadeira realidade intentada.
Hainos que buscan un amor que lles complemente pero non se queren a sí mesmos e se maltratan. Eso é a perdiçión e a autodestruççión para a propia persoa que ao fin tamén destruirá á quen con el se una.
O amor diversificado doutros seres diante da neghaçión do destino neste tipo de amor poden compensar ou reconfortar este camiñar na percura existençial.
O amor non morre e permaneçe con nós vaiamos onde vaiamos. Se vivimos con amor, ese será o noso camiño e destino que por sempre disfrutaremos e disfrutarán.
El ten en sí mesmo memoria propia do que levamos dentro e transmitimos aos demáis para quedar depositado nalghún lughar como ser verdadeiro dador de feliçidade e calor dos que están e nos continúen.
Cando permaneçe o propósito verdadeiro e profundo de conquerir o non cumprido ou realiçado neste vivir, posiblemente a natureça ou o inexplicable farán que ese soño poida reencarnarse de novo para ser cumprido.

Anónimo dijo...

Que ahora eso xa non pasa, ahora son as tías as que lle entran os tios, xa non é como era antes ou que mundo vivides, e que non saides moito e por eso non o sabedes.
Eu son muller e se vexo algún tío que me gusta non espero a que el se achegue, vou eu directamente a xunto del.

Anónimo dijo...

Fai varias semanas entereime dunha encuesta que lle fixeron a rapazas novas (supoño que de 18 ou 20 anos) sobre como lles gustan os chavales. Si non recordo mal, a maioría dixo que lles gustan altos, delgados-fibrosos, e un pouco "malotes". Isto reafirmou a impresión que sempre tiven de que os que son un pouco "cabroncetes" teñen mais éxito cas mulleres que os que son un cacho de pan.

Sempre o supen, pero nunca o entendín. ¿Algunha de vos o pode explicar?

Mary Hermo dijo...

O que fai a pregunta isa de que ás mulleres lles gustan máis "os cabroncetes" que os cachos de pan, creo que iso é un mito sen nada máis.
Dende logo eu quero sempre alguén bo ó meu lado e "os cabroncetes" que vaian por aí, aínda que a mala sorte persigueume e case sempre dei con cabroncetes.

Ó que preguntaba Ramón de que son os homes que sempre teñen que achegarse, eu non sei que pasa agora pero polo que escoito e vexo cando saío por aí, semella que hai de todo, homes que se achegan primeiro e tamén mulleres que dan o primeiro paso.
Aínda que cada quen fará o que lle pete, e as novas xeracións está claro que non son como eramos nós, no que todo estaba xa preconcebido, e os rapaces e rapazas dagora non teñen eses prexuicios á hora de ligar, creo eu.

Biquiños onde máis gusten.

Mary Hermo dijo...

Esqueceuseme responder ó primeiro anónimo que me preguntaba se antes escribia poesía.
Si, antes eu escribía non exactamente poesía, sobre todo antes escribía reflexións sobre a vida pero tamén algunha poesía, i é algo que sego a facer, só que agora escribo moita máis poesia e menos reflexións da vida.
Dicirche compañeiro ou compañeira que sempre me gustou escribir e tamén que non teño tanto talento como a ti che parece, tan só escribo co corazón e non coa razón.
Gracias o voso regalo sigo escribindo pero dende a cama e se alguen quer facerme compañía algún día, xa sabe onde estou, digo en serio, eh!!!!!

Saúdos a tod@s e biquiños onde jajajaja.

PD. NON VOS ESQUEZADES DE OLLAR AS PÁXINAS NAS QUE COLABORO, PINCHADE NO MEU NOME E XA IDES DEREITIÑOS A ONDE EU QUERO QUE VAIDES. PENSADE QUE SON TRES, ASÍ QUE TEDES MOITO QUE OLLAR AÍNDA.

Mary Hermo dijo...

UNHA PREGUNTA PARA TOD@S:

¿Credes que as miñas poesías merecen a pena? ou pola contra ¿Credes que non valen para nada?
Sede sinceros e podedes ser anónimos que iso é o de menos, o importante é que me respostedes.

Saúdos e gracias de antemán.