miércoles, 25 de febrero de 2009

CANÇIONEIRO POPULAR - REFRANS DOS MESES DO ANO-Ramón Laíño

É o meu propósito dár a conoçer parte das miñas recolleitas levadas a cabo na miña época de adolesçente e xuventude, as cales foron herdadas dos maiores do meu lughar dun xeito intençionado e buscado por min e outras veçes indirectamente.




Todo o isto forma parte do noso patrimonio cultural.
Asímesmo é extensible e está emparentado en boa parte co entorno vivençial de toda a nosa xente deste país como denominador común das nosas semellanças.



Con esta pequena exposiçión pretendo honrar nas miñas humildes posibilidades aos que mantiveron viva esta chama, coa fin de transmitírvola a vós e ás xeraçións vindeiras.





REFRÁNS DOS MESES DO ANO

- A faneca / A raia en xaneiro val carneiro.

- En febreiro colle obreiro, mellor no remate que no primeiro.

- En febreiro sete lobos ó carneiro.

- Vaite febreiriño corto cos teus días vinteoito que se duraras máis
catro non deixabas can nin ghato, nin corviño nin miñato.

- Deixa vir meu irmán março, xa vos fará andar cos feliquiños debaixo
do braço. (chaghas produçidas polo calor)

- En abril aghuas mil.

- Chuvia en maio, pan do ano.

- En maio aínda a vella queima o tallo.

- En maio corre a aghua detrás do arado.

- Maio mollado, San Xoán ventoso fai un ano moi compancoso. (moi bo)

- Por San Xoán as nove co día dán.

- A sardiña en San Xoán molla o pan.

- A chuvia en San Xoán tolle o viño e non dá pan.

- Pola Santa Madanela colles roca e vela.

- Pola Santa Mariña, mira a túa viña, se boa a tes, boa a vendimas.

- En se poñendo o sol en aghosto, non lle dá á vella tempo de ir ó horto.

- En aghosto, o sol posto, noite connosco.

- En setembro, ou seca as fontes ou leva as pontes.

- Entre santos e nadal, vén chover ou vén nevar.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Quen sodes os outros dous que estades a mirar o blog?

Anónimo dijo...

O contador avanza que da gusto.A cda vez que se volve (despois de ver un comentario) á paxina principal, creo que conta como outra persoa máis!

Anónimo dijo...

Enhoraboa da miña parte tamén a Pedro pola súa pequeniña. Non puden feliçitarche antes, nin comentar nada das publicaçións destes días do entroido, pero non deixei de lelas hoxe.
Sinto non lembrarme de moito do Entroido do instituto. Só de actuaçións da xente do instituto na sala de festas das Deliçias. Que ben o pasara con vós, coa xente do instituto que desde a tarde despois de saír das clases fomos disfraçarnos cada un á súa casa buscando o que tíñamos nos armarios e volvemos aínda de día a xuntarnos pola rúa e prepararnos para asistir todos da familia do instituto á sala de festas que hoxe é a Tonos. Eu collera calquera cousa e así fora. Pero o máis bonito era estar cos amighos e amighas coma se fóramos da familia. Nunca o esquençerei. Cando se xunta o natural coa diversión son momentos inesquençibles e irrepetibles.
Lémbrome de cando pequeno, dos choqueiros que iban con caretas e con roupa acorde coa personaxe que queren representar e tamén dos julichos, que van disfraçados cuns trapos de calquera xeito, ou unha sábana blanca á que se lle fan os buratos para os ollos, a boca e o naris se se quer.
Sinto as voçes da xente que chamaba por eles: ¡Julicho, julicho! ou ¡Choqueiro, choqueiro!
Retrotraéndome no tempo e repescando lembranças que son pouco numerosas, chegho á época que calculo tería entre os sete ou des anos e véxome na estrada que vai de Boiro a Noia, e alí estaban os choqueiros e os julichos meténdose coa xente e á viçeversa.
Recordo un choqueiro que tiña unha careta de demo cuns cornos, vestía unha túnica neghra e uns pantalóns tipo monghol. Levaba unha pá do forno e façía ademán de collernos coma se fóramos unhas bolas de masa de pan para botarnos ó forno. Estábamos eu e máis meu curmán Xan María que era máis gharabulleiro ca min e metíase de cando en ves con alghún deles. Eles xa eran xente grhande, alghúns íban vestidos de mariñeiro, de muller, de demo, obreiro, con chaleques e traxe, de señoritas, ... A todo esto que cando se dispuxeron a baixar á aldea, nós adiantámnos con bastante camiño de diferençia. Eles colleron pola corredoira e nós véndoos vir collemos uns arcos e unhas frechas de cana, así como uns tirapedras e aghachámonos no muro da casa del que estaba máis alto ca corredoira.
Alí viñan, ghrandes coma mundos en comparaçión con nós que non lle cheghábamos nin á çintura.
Os dous estábamos cheos de medo coas armas na man. O curmán esperou a que estiveran a tiro e cando xa foi o momento, co coraçón latexándonos moi apuradamente disparaou a flecha e eu o tirapedras, e alá vai o sombreiro do mariñeiro polo aire e non sei se lle demos a alghún máis.
Nós ó ver que eles nos localiçaran botamos a correr e aí veñen detrás de nós. Anduvemos polo seu cuberto onda está o forno da boroa e a lareira a fuxir deles, e eles a apurrarnos cos paos, façendo que nos daban e a dar voçes. Nós xa non mirábanos para atrás e ocorréusenos entrar na casa de súa nai, que é miña tía, a cal estaba façendo unha empanada e puxémonos a cuberto detrás dela. Os choqueiros e julichos tamén entraron e puxéronse a meternos medo e miña tía diçíndolle: ¡Non os comades, oh!. ¡Non os comades que son moi pequenos! Nós seghuíamos dando voltas arredor da mesa ata que se marcharon.
Quixera ter xa preparado algho para estas datas de Entroido. Só teño anécdotas que me contaron os maiores respecto de cousas que se fixeron daquela. Faríame falta refaçer todo o que teño espallado, ambientalo e encadralo con respecto aos diferentes días de que se compón o antroido. Con tempo e no seu momento se fará.

Anónimo dijo...

FELIZ CUMPLEANOS PARA RODRIGO QUE XA ESTA FEITO TODO UN HOME.
FELICIDADES RODRIGO!!!!!!!