Dagon é un conto de Howard Philips Lovecraft, un maestro das historias curtas de terror.
Fixo a súa propia mitoloxía , Os mitos de Chtulhu,e foi tras Poe o grande inovador do conto de terror.
Tivo grande influencia en grandes escritores de terror coma Stephen King ou Bentley Little, ou sen ir máis lonxe nos comics de Batman.
A súa leitura é recomendable para todos aqueles que gozen das historias de terror, curtas, fáciles de ler.
Dagon era o Deus filisteo do mar, en demoloxía ocupa o segundo nivel na xerarquía infernal..,era un ser con cabeza e mans humanas e corpo de peixe.
Foi o inventor dun dos máis famosos libros non existentes, o Necronomicón,un escrito secreto do árabe Abdul Alhazred, donde falaba dos segredos dos mortos, do que posteriormente sairon versións, sen saber que fora un libro que nunca existira, fora unha invención do xenio de Rhode Island.......é que farsantes houboos toa a vida.
O caso é que no ano 2001 ,dirixida por Stuart Gordon, rodouse en Galicia unha película basada no conto de Lovecraft,polo tanto dando esas pistas e con esta foto estaría ben que dixerades en que pobo foi rodada a película interpretada por Paco Rabal (que baixo acabaches, machiño) e Raquel Meroño.
Por certo, a pelicula non é recomendable, pero se queredes vela,..alá vos.
3 comentarios:
En Combarro. Eses hórreos ao carón do mar son inconfundibles.
Levamos moitos dias sin oir nada de Juan Sabo, de Pili, de Loli, de Encarna, ¿onde están?.....
Tucho e Mary Loli sempre en todas.
Publicar un comentario