EPISODIO XXVI-FIN DO CAMIÑO.
Lola abriu a porta e xunto coa súa irmá invitaron a Cándidiño apasar para que retomase forzas despois dun largo día, os tres desapareceron detrás da porta de madeira,e a calma e a quietude volveu de forma repentina ó Cano.
O silencio marcaba os nosos pasos ata que pasando por diante do portalón verde (Por qué todos os portais son verdes?)de Sigfredo e Olguita, sairon correndo ata o valado ,comesto polos loureiros, os catro cans que tiñan para dar un concerto de ladridos e inútiles embestidas que romperon durante uns segundos a quietude do lugar.
Enfrente estaba o baixo onde Manolito Piñeiro despachaba na vella farmacia que posteriormente foi trasladada á parte de arriba do pobo, o mostrador presidido por un peto en forma de "chinito" sempre chamara a miña atanción cando era pequeno, lembro de ter que ir á farmacia de pequeniño a buscar optalidóns para a a miña nai e sempre que podía botaba un patacón dentro de aquel cabezón amarelo con trenza e con gorro ás catro aguas, eso calmaba a miña conciencia por non querer comer e ter que ir a comida para acomerar as galiñas, sempre escoitaba -"Come que os chinitos e os neghritos non teñen nada que comer", pero eu era mal comedor, e non había que facerlle;Co tempo esas huchas pasaron a ser propiedade intelectual do Domund, e os rapaces do Martin Gómez levábamos para a casa o chinito ou neghrito de cada curso para sablear ós pais e encher de orgullo ós maestros ou maestras que contaban en público canto puxera cada familia dentro .
Merencho xa pechara a ferretería e Manolo o Xuiz (un capitán dun home) estaba recollendo bártulos no pequeno almacén que tiñan enfrente, ó lado da única barbería, a dos irmáns Martínez, os barbeiros,José ,Manolo e Paulino, que situados tras as vellas sillas ó estilo dos irmáns Dalton, en escaleira de burro, dabanlle un toque chic ó máis puro estilo militar a todo boirense que tivera estima ó seu cabelo, ó lado estaba a de Don Pepito e a Zapatería de Sampedro, familia dos de Don Juan, que tiña un crocodilo pequeniño disecado no escaparate e que regalaban pelotas de goma verde cos zapatos Gorila, enriba da citada zapatería estudiara primeiro curso con Doña Josefina, e seguía a ser un sitio que tiña bastante atravesado, non adoitaba ir mercar alí, eu prefería a de María a de Segade, que era moi boa persoa, ademáis de boa carteira,e tiña moi boa man cos rapaces.
No almacen de Rosiña podías atopar pedramol, pedras do pote, sulfato, ratimol,lanternas e un sinfín de cousas que daquela eran moi útiles para a casa ou o campo. Saiu da casa-tenda de pranta baixísima a Cativa, unha cadeliña que facía honra ó seu nome(Suso decía que era un ratonero polaco), amarrada por un cordón de cáñamo que foi tomando extensión ata chegar á praza vella, sen ser humano que guiase o paseo ,ata que o can depositou enfrente da de Maruxa todo o que sobrara da comida, entón apareceu un brazo embutido nun xersei de cor negra, e a cabeza de Rosiña, que tirou do cordón facendo saber ó animal que unha vez o traballo estaba feito debía voltar á casa, cousa que entendeu á perfección e tornou ó seu punto de orixe dereitiña coma unha vara verde, ....os ratoneros polacos son cans moi ghiadiños.
Diante do vello sindicato estaba o fin do camiño, non había sinal, nen hito quilométrico,este estaba diante da casa de Tita,... pero alí enfrente da Librería-Sastrería do Tío Ramón estaba o punto no que debaimos separarnos e dar por finalizada a aventura do día,anos atrás estaba ubicado o mercado de abastos, onde peixeiras convivian cor carniceiros e vendedoras de yogures.Os domingos pola mañán había un posto de garrapiñadas situado na plaza vella, onde todos os rapaces ían despóis da misa para poder probar as “riquísimas garrapiñadas”; ese posto foi a causa dun atropelo que sufrín de pequeno por parte dunha mobilette que saía en dirección prohibida,posto que antes a rúa era para entrar, non para sair á Xeral coma agora;….Fora un bó día, posto que unha pasado o susto do atropelo, provocado pola saída furtiva da moto e pola miña pouco cabeza por cruzar sen mirar,o resto do día tiven mimos por todas partes , cousa que foi ben recibida polo meu carácter mimento.
Os nosos corpiños miudos ian xa chegando a un punto de cansanzo que tranquilamente podería decirse que estaba a piques de chegar á extenuación e tivemos tentacións de tomar un breve, pero intenso refrixerio no último bar do camiño, máis o ambiente non foi do noso agrado e repudiamos a tentacións aforrando dese modo uns cantos pesos,detrás da barra do Lúcar estaba Carmen a Pardilla despachando a un par de clientes que quedaban a esa hora da tarde e un par de rapaces xogando á máquina de Petaco, onde podias ler un letreiro luminoso que rezaba "Alaska",flanqueado por focas e morsas, a maquinita consistía en dar coa bóla a varios pinguins e osos polares, sen saber que un pingüín nunca na vida veu a un oso polar, xa que viven en polos contrarios, o deseñador na maquiniña en cuestión luciuse na súa obra, que como obxecto de ocio estaba moi ben, pero non coma para aprender moita máis cousa. Carmen mirou para nós, invitándonos a entrar coa mirada, pero rápidametne ceu na conta de que os potenciais clientes preferían buscar outro lugar no que descansar os seus , naquelas horas, agotados lombiños.
Ermitiñas da Tenecia aparcar o seu eterno 600 diante da molinera,e do seu estanco saia o último cliente con dous cartóns de Lola, intentando obedecer a orde de Marcelina que envolta na súa toquilla, e con un moño que parecía o tupé de Elvis, decía con voceciña de pito –“Ciérrame la puertiña”, cousa que non foi quen de facer no primeiro intento, posto que o home tirou da porta sen saber o truco… o picaporte ten que estar virado para que a porta peche.. pero ó segundo intento logrou o seu obxectivo e baixou os tres escalóns de un salto para perderse por diante da tendiña da señora Carmen a Maroña.
“-Qué facemos mañán?”
“-Non sei,... A ver que di a miña nai”,….(as nais daquela aínda tiñan algo que dicir)....,e aínda que o retraso non era grande, de feito nen sequera era retraso, o feito de levar a roupa como levabamos facía que tivesemos as nosas dúbedas sobre a saida do día seguinte, e disolvemos a irmandade cansados coma mulas e quedamos de volver a reunirnos, se as nais deixaban, ó día seguinte , no cine de arriba poñían Flesh Gordon, e seguramente alí estaríamos, pero a prudencia non permitía decidir sobre a hora en que íamos volver a vernos, seguramente ó longo do día atopariamos os uns cos outros, o senón íriamos uns ás casas dos outros para poder buscalos e pedirlle permiso ás nais dos amigos para que tiveran a ben deixalos sair.Daquela íase ás casas a buscar amigos,...outra costume que morreu.
E alí , en "parexas de a dous" marchamos ,uns camiño de Barraña abaixo e os outros dous camiño recto, agradecendo internamente ó señor Generoso por ternos brindado a oportunidade de ter pasado tal aventura, de coñecernos mellor, e de disfrutar uns coa compaña dos outros,da paisaxe, da xente do minifundio,do rio, da canteira,da experiencia de vida e de morte, do sol, do raio transparente e do prácido luar....... e sobre todo.......das laranxas.......... e ata outra aventura dixémonos a despedida ó modelo romano:
“-Que o camiño vos sexa lixeiro!”
Crónicas do Camiño "A Vaca E O Carriso"
Crónicas do Camiño "Noite de Defuntos"
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio I
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio II
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio III
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IV
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio V
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VI
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VII
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio VIII
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio IX
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio X
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XI
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XII
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XIII
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XIV
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XV
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XVI
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XVII
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XVIII
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XIX
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XX
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XXI
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XXII
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XXIII
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XXIV
Crónicas do Camiño "Os Señores do Castelo" Episodio XXV
18 comentarios:
Cando podas has de poñela toda seguida... polo damáis
CHAPEAU
spectacular, estoy con el anterior,publicalo todo seguido
Moi ben Luis, para min sen dudalo o mellor do blog, sen desmerecer ós demais.
Pero que a cousa non quede ahí, porque esta só foi unha aventura, seguro que tes moitas mais para nos contar.
unha aperta, e gracias por ternos tan entretidos e sobre todo por facernos recordar xente vella e que que habitualmente non vemos, ou porque xa morreron ou porque non cadramos.
Que pena que acabou aquí esta aventura, espero que teñas moitas máis por contarnos porque tódalas mañáns entraba no blog para ver se había un novo episodio,agora séntome como se houbera quedado un pouco orfa.
Pero...¿Cómo que se acabó? si toda-vía no me he enterado de lo que es un peepshow!
Que pillos érades, carallo. Así que vós en vez de ir a ver a peli do Superheroe "FLASH GORDON" íbades a ver a de "FLESH GORDON".
¿Pódesnos explicar de que iba?
¿A que tamén había peepshow en esa?
Ja,ja,ja... ¡Qué gracia me fixo o das vellas do estanco!: "ciérrame la puertiña".
Era exactamente así cada vez que ibas a comprar tabaco. Eu ó principio pensaba que era porque tiñan frío, pero despois dinme conta que tamén cho decían no mes de agosto.Tamén me lembro que lle pagabas e votaban dous minutos facendo as contas. Poñían os cartos enriba do mostrador e contábanos e recontábanos polo menos tres ou catro veces.
Moi ben Luis, noraboa polos teus relatos. Espero que continues facendo moitos máis,para o noso disfrute.
lastima que terminó... non Luís non remates aínda,que tes moitos mais relatos e moitos mais personaxes boirenses dos que falarnos.
fasme revivir épocas que casi xa non tiña na mente.segue luisiño,segue
veña home,que aínda que viaxas moito no fin de semana,tes tempo pola semana para escribir máis cousiñas
este relato ten que ser editado nun libro,hay que falar ca editorial torre de goyanes
veña,que andas moi contentiño co barsa,que non perde partido
luís,terás que publicar algunha foto desas antiguallas que tés no movil,ja,ja
Hoxe fai 50 anos da morte de Buddy Holly.O guitarrista, vocalista e cantautor eternizouse con títulos como "Rave On", "Peggy Sue", "That´ll be the day" e "Oh Boy" nos anais do rock.
A él débese o formato usual actualmente dunha banda de rock:duas guitarras, baixo e batería. No estudio foi un dos primeiros en usar técnicas de grabación como double-tracking.E eso que Holly apenas tivo 2 anos para lograr algúns hitos na música. Morreu ós 22 anos nun accidente aéreo. A música de Buddy Holly inspirou a Bod Dylan, Los Beatles e moitos outros contemporáneos. Los Hollies confesaron abertamente a súa admiración por Holly e inspiraron o seu nome no seu.Os Rolling Stones lograron coa canción de Holly "Not Fade Away" o primeiro gran éxito no seu país.
Poño todo esto porque sei que a algún dos que participa neste blog lle gustaba este artista e precisamente estivemos falando onte de él e de cancións que se inspiraron nél como "American Pie" ou "Killyng me softly".
É verdade hoxe ha 50 anos que moreu a m´sucia, da gusto vef que hai xente que comparte as miñas aficións.. Só por iso todo paga a pena
Enhoraboa por todo o teu traballo e tempo empreghado en lembrar e escribir todo esto.
Espero que non sexa o último que escribas.
De tódolos xeitos quixera façerche unha pregunha:
- Dixérasme un día que tiñas memoria fotoghráfica de tódolos teus feitos da vida, pero poderías diçirme ¿cómo se ve e representa eso na túa cabeça?
¿Cómo son esas imaxes que ves?
¿Cóstache traballo e tes que sentarte e poñerte a forçar a mente para que veñan ou veñen por sí soas?
Unha aperta.
It agree, very much the helpful information
Certainly, certainly.
Publicar un comentario