¿Onde estás amor que de min sempre foxes?
Complemento da miña alma non encontrada.
Inçerto destino da nosa unión que nunca chegha.
Raçón que non deixas naçer o cariño e a ilusión.
Responsabilidade que matas a fantasía do amor.
Flores fermosas que estérilmente vos abrides á lus do día.
Miro dentro de min e busco na inçertidume. ¿Existe realmente ou non o sei buscar? ¿Estarás fóra de min?
Vento bruador e choiva insistente que me reconfortades e sen máis neçesidades me transportades ao máis alá.
Dualidade que me abrumas, e me fas dubidar.
¿Acaso son un todo xa complementado en min mesmo?
Se así é, ¿en que parte do meu interior debo pois buscarche?
Pero, serías algho aparente e non verdadeiro, produto da miña mente.
Non sería o mesmo. Así nunca podería tocarche.
Renegho de ti, ser completo, virtual e estéril, que me impides sentir.
Prefíroche real, para perçibirche, antes que imaxinario e frío.
Amor, encontrarche quixera con vida propia para despertar todo o meu coraçón durmido.
¿Existirás realmente dando vida ao amor que só é unha palabra?
Se ese alento se enxendrara en min, todo naçería.
Coa chama do teu calor, xerminaría a aleghría e a súa maxia.
Que fáçil sería entón abraçarche, bicarche e poder fundirnos nun solo ser.
Vida que por medio do amor elevastes aos homes á altura de seres humanos,
dígnate por medio da túa ghraçia que podamos abraçarnos con el en toda a súa diversidade.
Ramón Laíño.
Complemento da miña alma non encontrada.
Inçerto destino da nosa unión que nunca chegha.
Raçón que non deixas naçer o cariño e a ilusión.
Responsabilidade que matas a fantasía do amor.
Flores fermosas que estérilmente vos abrides á lus do día.
Miro dentro de min e busco na inçertidume. ¿Existe realmente ou non o sei buscar? ¿Estarás fóra de min?
Vento bruador e choiva insistente que me reconfortades e sen máis neçesidades me transportades ao máis alá.
Dualidade que me abrumas, e me fas dubidar.
¿Acaso son un todo xa complementado en min mesmo?
Se así é, ¿en que parte do meu interior debo pois buscarche?
Pero, serías algho aparente e non verdadeiro, produto da miña mente.
Non sería o mesmo. Así nunca podería tocarche.
Renegho de ti, ser completo, virtual e estéril, que me impides sentir.
Prefíroche real, para perçibirche, antes que imaxinario e frío.
Amor, encontrarche quixera con vida propia para despertar todo o meu coraçón durmido.
¿Existirás realmente dando vida ao amor que só é unha palabra?
Se ese alento se enxendrara en min, todo naçería.
Coa chama do teu calor, xerminaría a aleghría e a súa maxia.
Que fáçil sería entón abraçarche, bicarche e poder fundirnos nun solo ser.
Vida que por medio do amor elevastes aos homes á altura de seres humanos,
dígnate por medio da túa ghraçia que podamos abraçarnos con el en toda a súa diversidade.
Ramón Laíño.
12 comentarios:
Para Luís Ferreirós.
Enhoraboa por todo o teu traballo e tempo empreghado en lembrar e escribir todo esto.
Espero que non sexa o último que escribas.
De tódolos xeitos quixera façerche unha pregunha:
- Dixérasme un día que tiñas memoria fotoghráfica de tódolos teus feitos da vida, pero poderías diçirme ¿cómo se ve e representa eso na túa cabeça?
¿Cómo son esas imaxes que ves?
¿Cóstache traballo e tes que sentarte e poñerte a forçar a mente para que veñan ou veñen por sí soas?
Unha aperta.
Para Saborido:
Seghuramente xa hai algho descuberto que non saeu á opinión pública e que vai con pinqueiras, mentres non se teña unha visión de conxunto do que se vai sabendo.
¿Poderíase contar ou hai alghún códigho interno do proxeto internaçional que o prohibe?
Saborido, ¿cando cres que teremos respostas clarificadoras do misterio da vida?
Saborido, metédelle jas ó aselerador de partículas para que vaia máis rápido, haber se descubrides cantos antes o que vos pide Ramón a ti e a Luís Ferreirós.
Ramón , od amemopria fotográfica é algo que está ahí, fijarse en detalliños que nos rodean e queás veces son tópicos ou os damos por feitos.
Gustariame ter a ssensibilidade que tes ti para escribir poesía...eu houbo un tempo no que escribín, pero soíame pasar coincidindoi con épocas de desamor... agora esto non me pasa..esperemos que non volva a pasarme, prefiro a descripción
Ramón, o único código que temos para facer público algún descubrimento é o rigor científico, nada mais. O que se encontra ten que pasar o escrutinio de distintos grupos de persoas antes de ser publicado. Aínda así, a comunidade científica nunca considera sólidamente establecido un descubrimento ata que outro grupo de experimentadores o corrobora de xeito independente (no LHC do CERN hai 4 grandes complexos experimentais independentes situados en distintas partes do anel de 27 km). Dito esto, non temos nada descuberto que se calase. Hai que decir tamén que realmente o proxecto vai a comenzar en serio este verán, e terán que pasar moitos meses (probablemente anos) antes de ver os froitos, porque a cantidade de datos que imos a ter que analizar é descomunal: usaremos centos de miles de procesadores comerciais (como os dos PCs domésticos) distribuídos en centros de cálculo de todo mundo.
Respecto ó misterio da vida, lamento non poder decir moito. Sei algo sobre a física de partículas, pero da vida pouco. A corrente reduccionista pensa que unha vez encontrados os constituíntes últimos da materia e a teoría que describe as interaccións (forzas) na natureza, todo se podería deducir a partir de eso, TODO, incluída a vida a partir de un conxunto de átomos. A vida sería unha consecuencia inevitable da complexidade que se da en certas circunstancias. Por decilo noutras palabras, a vida sería o exemplo sublime da complexidade que pode xurdir da recombinación de poucas partículas dacordo con leis matemáticas bastante sinxelas. Os feitos parecen indicar que sólo tres tipos de partículas, xunto cas forzas que as manteñen unidas, son suficientes para explicar o corpo humano, e calquera outra cousa deste planeta, do resto dos planetas, e de todas as estrelas que brillan no ceo. Non quero ser pesado nin pedante, pero para os que lles poida interesar direi que esas tres partículas son o quark “u”, o quark “d”, e o electrón.
O fenómeno da vida e da conciencia é algo tan maravilloso e abrumador que algúns síntense tentados a afirmar que unha cousa así non pode ser explicada sólo a partir dunhas poucas partículas gobernadas por unhas ecuacións matemáticas, que ten que haber algo mais, que non todo pode ser reducido á suma das súas partes. Eu opino (desexo) que o mundo é comprensible para a mente humana, o cual significa que lle podemos aplicar a lóxica do noso raciocinio ata as últimas consecuencias. Cando expresamos o noso raciocinio dun xeito estructurado e riguroso estamos facendo “matemáticas”. As matemáticas son simplemente a expresión rigurosa dos nosos razoamentos. Si comprendemos o mundo podemos describilo en clave matemática e viceversa, as dúas cousas son equivalentes. Por outra banda, expresar algo en clave matemática non significa que poidamos predecir e calcular tóda-las consecuencias. Que o noso corpo esté formado por unha combinación enorme de sólo tres tipos de partículas, e que saibamos como interaccionan esas partículas, non significa que poidamos facer cálculos sobre a psicoloxía da xente, nin lle resta un ápice de maxia, profundidade e misterio ó fenómeno da vida.
A miña postura “filosófica” sobre a vida sitúase no reduccionismo, aínda que non me gusta esta palabra porque parece indicar que o “todo” é uha simple suma das súas partes, cando a realidade mostra que esa suma non é simple: a partir duns poucos axiomas pode xurdir unha complexidade inextricable que xamais poderemos calcular. Sin emabrgo, penso que a maxia da vida pode xurdir a partir duns constituíntes elementais (sexan os que sexan) e as súas interaccións, e que non fai falta “nada mais”, é decir, que non hai nada fundamental que teña que quedar necesariamente fóra da nosa comprensión, aínda que sí fóra do noso poder de cálculo. ¿Quero decir con esto que, cun poder de cálculo ilimitado, poderíamos en principio predecir a que hora me vou a levantar mañán? Non. As discusións sobre o “determinismo” ou o “indeterminismo” levantan dolor de cabeza. Todo o que a ciencia pode decir hoxe en día é que o comportamento das partículas subatómicas é intrínsecamente aleatorio, completamente indeterminado unha a unha POR PRINCIPIO (non por incapacidade experimental). Esta é a maxia da Mecánica Cuántica, teoría misteriosa cuyas implicacións, 80 anos despois da súa formulación, siguen sin estar claras. En palabras simples, diríamos que se poden facer prediccións estadísticas, pódese calcular cántas partículas, en promedio, pasarán por aquí e cantas por alá, pero nunca se pode calcular por qué sitio vai a pasar unha partícula concreta (porque, sinxelamente, a teoría dí que non pasa por NINGÚN SITIO EN CONCRETO). A Mecánica Cuántica nunca foi aceptada por Einstein como teoría última, él pensaba que esta teoría é sólo unha forma aproximada de describir a realidade. Hoxe en día este problema sigue aberto, non se sabe si a mecánica cuántica é definitiva ou non. Por outra banda, ningunha teoría inventada polo ser humano durou indefinidamente, sempre chegou un momento no que se descubreu unha teoría que melloraba as anteriores. O tempo dirá pero, sen dúbida, hai sitio suficiente nos esquemas científicos actuais para incorporar a maxia e o indeterminismo que parece manifestarse nos seres vivos.
Paro xa este rollo que vos soltei. Si algún de vos tivo arrestos suficientes para leer ata aquí, espero que non se lle levantara dolor de cabeza. E desculpádeme se notáchedes un tono algo pedante nestes párrafos. Despois de todo, xa vedes que a física por ahora non ten moito que decir sobre a vida (que eu sepa).
¡ Coño ! Ignorante de mín que pensaba que eso do misterio da vida se producía por, esto por que... porque papá lle puxera unha semillita dentro a mamá.
Non tes porque excusarte nin pedir desculpas. Ó contrario, aghradésoche as túas xenerosas e extendidas explicaçións como persoa sinxela e humilde que es.
O meu propósito era desexar que a çiencia en xeral, como a física en particular e tódalas demáis ramas, pudesen cheghar a convertirse en maxia e fantasía. Con esta pretensión cumprida e só con pedilo de veras pudésemos realiçar os nosos soños por extraordinarios e maravillosos que fosen.
¿E se as partículas subatómicas elementais tiveran consçiençia e libre determinaçión (sentimentos, desexos, sensibilidades,... en sí mesmas?. A esto sumaríase o ambiente que rodea ó individuo á hora de naçer e desenvolver a súa vida: xentes, temperamentos, culturas, paisaxes, climas, relaçións interpersoais...
Entón todo o anterior á hora de procrear, do que de forma pavera escribe no último comentario o descabaljado,¿estaría condiçionando o determinismo e o indeterminismo no misterio da vida?
Sei que hai mestres da meditaçión que teñen cheghado a poder modificar o estado das súas partículas elementais.
¿Realidade ou conto?. ¿Alghuén ten notiçias destes campos da meditaçión, mística, asçetismo, contemplaçión, etc...?
¿Estas realiçaçións de meditaçións extraordinarias de equilibrio e expansión mental, poderán deçirlle algho á çiençia?
Hoxe noto o meu corpo PARTICULARMENTE ASELERADO. Non sei si será por culpa dos electróns, das partículas Quark "u" ou das Quark "d" que o conforman,pero: ¿Qué teño que faser?, ¿Tomar un optalidón ou máis ben darme unha descarja eléctrica de 15 culombios nos cataplines?.
Descargas eléctricas non, que son moi perigosas ;) o mellor para esas cousas é relaxarse na cama (durmindo).
Ramón, a espiritualidade e a meditación son difíciles de medir e comparar entre uns individuos e outros. Non temos unidades obxectivas para medir a espiritualidade (como os amperios miden a corrente eléctrica), e nin siquera temos unha boa definición do que son esas cousas. Que cada quén soñe e medite como mellor lle conveña e lle faga sentir, creo que con eso é suficiente.
Pedro,sei que estás ahí, ...dille ó teu soghro que veña rápido que por aquí hai que retellar.
Grasias Saborido pola túa reseta. A próxima ves probarei a relaxarme na cama, hoxe xa non ten remedio... ¡Caraaaallooo,como escose estooo...!
O título de esta poesía "Imponderabilidade do meu ser", recórdame ó dun libro que lín fai anos de Milan Kundera que era "La insoportable levedad del ser".
Publicar un comentario