Aquel sábado pola mañá tíñame que erguer cedo, en realidade non tan cedo, se temos en conta o que pode supor para un adolescente en vacacións erguerse un pouco antes do que adoitaba facelo no tempo no que a clase estaba olvidada e o lecer ocupaba a maioría do tempo (ó menos na miña mente, que non así no meu corpo),pero aquel día foi distinto…As notas non foran malas, non había moito traballo e polo tanto poiden facer cos meus amigos unha pequena excursión, un pequeno percorrido polas aldeas colindantes, disfrutar da natureza e sobre todo da compañía dos amigos.
O verán asomaba os seus primeiros raios e naquelas horas só tiña en mente encher un baleiro enorme coas primeiras galletas María Fontaneda que atopase naquela caixa redonda e blanca, plástica, precursora dos primeiros tupperwares que todavía non fixeran aparición na pequena vila de Boiro.
As galletas serían sumerxidas nun tazón de leite, dos de antes, agora parece que están xogando ás casitas, antes comíase en serio, non fartaba de papar bocadillos de plátano, Natacha (sabrosa como un beso)con azúcar ou, como non, chourizo Revilla.
Tiña o san costume de pasar o leite polo colador, posto que eu non era amigo da nata (eu chamáballe pieles), en realidade era un inimigo acérrimo,xa que producían un violento remexer de bandullo que facía que unha visita ó vello excusado fora requerida pola vía de urxencia e con "pés de puta", para poder evacuar, por vía oral e con emerxencia superlativa, todo o zume de vaca que acababa de ser depositado no meu ventre.
O leite era traído tódas as mañás por Manuela, a leiteira de Runs, que chegaba á casa moi cedo e facendo alarde dunha gran fortaleza física, grande sobre todo se temos en conta o seu pequeño corpo castigado polo sol e polos kilómetros subidos e baixados dende a aldea ata a vila,levantaba a leiteira de latón coas dúas mans e cunha precisión que sería a envexa de calquera cirurxán plástico, emborcaba o seu contido en dúas botellas de vidro verdoso, naturalmente contaba coa inestimable axuda dun salvador funil que asomaba no peto do seu vello e roído mandil, mentras tanto, a miña nai sacaba o monedero dando pago deste xeito a tan preciado servizo para a correta evolución física dos infantes da casa.
Adoitaba agarrar mancheas de galletas, facendo deste xeito exercicios de musculación cos puños e, tentaba de ser quen de rompelas e arroxalas no mentado tazón para, en pouco, tempo salvalas do seu afogamento utilizando unha vella culler a modo de guindastre que depositarían o alimento nas miñas fauces e vería provocado no meu feble ser un repentino renacer enerxético que facían de min o neno máis forte da cociña naqueles intres, claró está que meu irmán estaba a durmir, do contrario sería relegado ó segundo lugar.
Tra-lo nutritivo almorzo, só restaban os preparativos, que nestas idades soen facerse de forma bastante rápida,…uns pantalóns Lee mercados na de Xefa bastante perxudicados, cuns pantalóns de deporte azuis de marca Adidas, que miña nai mercara na Calle Bao,( deportes González )xunto cunha camiseta Dunlop e uns tenis Paredes Moscú 80, (anunciados por Leig Garret-¡guau!),para poder competir na primeira maratón de Boiro, aquela que na súa categoría feminina absoluta fora gañada pola miña prima Manola, despertando os Shakesperianos celos do meu irmán, que non podía soportar ser superado por unha nena, e para rematar toda a intendencia, una mochila con bocadillos , (un deles de Tulicrem), e auga, ademáis de un par de laranxas.
Con todo isto saín da casa teso como unha vara verde para emprender xunto cos meus amigos a aventura do fin de semana,…ser os precursores do sendeirismo boirense……
Episodio II- A irmandade das Natitas
Na plaza vella, sita detrás do sindicato, onde convivían na escuridade bolsas de leite con sacos de patacas e caramelos de cola e natitas en envases transparentes, lugar onde Loreto estudiaba e Ricardo facía as súas primeiras gamberradas antes de dedicarse profesionalmente á bebida, esperaban os meus amigos, que sinalando o reloxio Thermidor, regalo de 1º comunión dun tío que emigrara a Canarias ó máis baixo deles, facían entender que a miña chegada viña con un lixeiro retraso.
En realidade sí que era tarde, Josefina xa abrira a tenda, esperaba na porta verde de medio pano a entrada dos primeiros clientes, que ben por unhas zapatillas rusas ou por un metro e medio de goma, medida sempre con milimétrica precisión cunha vara de madeira que penso que todavía conserva, precisaran mercar calquera cousa que viñera ben para as súas imperiosas necesidades; Dentro da tenda en semiescuridade Juan Antonio facía pías de caixas e Bea estudiaba enriba do mostrador de madeira, acristalado na súa parte baixa, apoiando o seu lapis do 04 contra un expositor de carretes de fíos de diversas cores que presidía a parte dereita do improvisado bureau.
Tamén o Señor Juan saiu á porta, paseando o seu corpachón cun andar acompasado, e sacando do peto da camisa as gafas de cerca, facendo deste xeito mostra inequívoca das súas intencións dirixíase , encarando a beirarrúa co seu irregular embaldosado xadrezado, á vetusta libraría onde Ermitas, acurrucada e sentada nunha banquetiña de madeira, enfrente dunha vella AGNI que permanecía apagada, olvidada do retiro que correspondía pola época estival entrante, facía ganchillo.
Manolo viña con mangas curtas pasando por diante do improvisado garaxe que tiñan na parte de atrás , portando baixo o seu fornido brazo un poster do hercúleo Lou Ferrigno, que posteriormente sería colocado en calquera parede da inmutable expendiduría de prensa matutina, esquivou a moto que anos máis tarde sería a súa perdición,pesou cuarto quilo de El Ideal Gallego ( os sábados traía o TP), e agradecendo a vista do veciño,agarrou unha caixa de tacholas e púxose á faena, os canarios oíanse cantar dende a parte de atrás, facendo así a mañá máis radiante do que xa de por sí era.
Baixabamos os 4 Fantásticos pola Rúa Calvo Sotelo ata chegar o cruce que vira á dereita chegando á tintorería que había no baixo da casa de Manolo o Comeuñas, eunha vez entrados no camiño vello, collemos costa arriba o pedregoso camiño de Rivela, tirando do alento e apoiándonos no que coméramos.
Rematado o citado camiño, Dani parou diante da casa do Roxo a coller un pau que fixera as veces de bastón de pelegrín, e dispúxose a limpalo de polas, sacou do seu peto traseiro unha navalla de sete estalos que fora limpamente conseguida no tiro das festas de Boiro con sólo cinco pesos de balíns,e afiouno, no mesmo intre Fran bebía auga dunha cantimplora de cor caqui que mercara o ano pasado na de Marichú, esperando reemprender a marcha para adentrarnos no inhóspito territorio de Carmela a Chopa......
Episodio III- TERRITORIO CHOPO (¡Ay Carmela!)
Eu tíñalle bastante simpatía a Carmela a Chopa, e máis, teño pasado moito tempo con ela, a súa nai crioume cando eu era moi pequeno e sentín moito a súa morte, dábame un pouco de reparo pasar por alí, xa que era moi pesada ás veces e sempre retrasaba a marcha.
Tamén tiña as miñas reticencias porque ,cando era moi novo, Leliña ,que era unha muller deficiente que vivía detrás da casa de Prudencio,saía ó camiño nalgún despiste dos seus coidadores e pedíache un bico, a mín dábame medo de moi neno vela sair cos seus grandes dentes,os chichos a cada lado da súa cabeza e gritando "¡Un bico , un bico!", e agora xa entradiño en anos seguía a conservar aquela imaxe da miña pronta nenez. Sei que é una tontería pero facíase inevitable pensar naquela imaxe cada vez que pasaba polo Boiro de Abaixo.
O que o que opinaba Fran sobre Carmela era bastante distinto, posto que unha vez ,volvendo do colexio polo atallo que había por detrás da casa do Tocayo,pisou ser darse conta un pedazo de leira , que se conoce que estaba sendo coidado, con excesivo celo por ela,e entre gritos e maldicións, arreboloulle un fouciño con moi mala saña;Cada vez que a súa cara pasaba por diante de el, intentaba non mirala, pois lembraba aquel lamentable incidente e comía lume, en realidade tiña que conterse para non decir algo, pero era un cabaleiro, así que gardaba as formas.
Aínda así pasamos por diante da súa casa, e alí estaba ela, sentada nunha silla de palla, morena,nariz aguileña, verruga ó lado dereito, pano negro na cabeza ó estilo pirata, mandil pata de galo negro e gris cheo de lamparóns,unha muller que perderá a Benigno no mar sen que aparecera o corpo,e cada ano no día de difuntos regaláballe un ramo de flores ás ondas da Praia de Barraña,…. así como estivemos no seu campo de visión agudizou as pupilas,( nunca usou anteollos, increíble, a súa idade,) carraspeou e espetounos con entusiasmo :
-"Luisiño,…… ¿a donde ides?, ¿sei que non tendes sono? ¡Moito che quería mamá! ¡ ainda teño a foto da túa primeira comunión na mesilla de noche! (é certo, aínda a ten) ¡ ay , Dios mío , cómo medraches, si mamá vivira! ¡ moito che quería! ".
- “E eu a ela, Carmela, e eu a ela, xa o sabes”, replicaba mentras me acercaba a ela para darlle un bico e un pouco de conversación, que ó fin e ó cabo era o que ela quería, os meus amigos reían en voz baixa, esperaban impacientes algún tempo mentras platicaba con ela .
Finalizado o primeiro atranco tiñamos vía libre durante uns kilómetros, así que enfiamos polo camiño que pasa por diante da casa de Celestino,que saudou coas gafas ladeadas e subimos un pequeno treito para despóis baixar polo medio do monte hacia Xarmea, atravesado o antigo campo de bolos celtas baixamos un terraplén dándolle patadas ás pedras.
No cruce do Runs estaba o antigo matadoiro,xa por aquela abandonado a súa sorte, antes de saber os eu fado de ser transformado nunha área de recreo para domingueros, ¿quen o diría?, posto que no seu tempo tamén foi área de recreo.
Sempre entrabamos a botar unha mexadiña e de paso reirnos pola cantidade de condóns ,(que coexistían con caghallóns secos e botellas baleiras),que alí había tirados, adiviñando que aquel era un lugar de diversión nocturna alternativo ó Baile de Outeiro,( ou ben podíanse facer as dúas cousas, claro está),aproveitabamos para pegar un largo grolo que refrescar as xa daquela sedentas gorxas e camiñabamos costa abaixo dirección Runs.
EPISODIO IV- NOWHERE TO RUNS
Baixar pola pista de Runs producía en nós unha agradable sensación de descanso, as nosas pequenas pernas agradecían a costa abaixo posto que ,excepto as de Dani que quedara campeón galego infantil de salto de altura, os demáis non eramos precisamente uns atletas.
Xa estabamos os catro armados con cadanseu caxado no que poder apoiar os nosos corpos e a tranquilidade do entorno xunto cos momentos de expontáneas gargalladas que anteriormente pasaramos, facían que os nosos abertos pulmóns disfrutaran de cada bocanada de aire puro; O murmurar do Coroño aparecía adiviñado polos nosos oidos máis lonxe que preto,pero sempre ó noso alcance.
Nós continuamos a pesar de que algún can saiu ó camiño, os animais non traían malas intencións , só querían cheirarnos o cú e daban volta movendo o rabo a modo de limpaparabrisas, pero a medida que estabamos alcanzando o cruce no que a pista da dereita leva ó Ordenario, escoitamos como iba chegando ata os nosos oídos....... un triste cantar.
1 comentario:
Para min é un relato moi conmovedor e entrañable. Parabéns.
Publicar un comentario