jueves, 19 de febrero de 2009

CANÇIONEIRO POPULAR- CANTARES EXISTENÇIAIS-PERTENÇA-TRISTURA-CONSOLO-Ramón Laíño






CANTARES EXISTENÇIAIS: PERTENÇA, TRISTURA, CONSOLO,...

- Din que me darán / han de dar solimán para que me morra. Anque me
morra mañán, Cures sempre é / será miña terra.

- Din que me darán / han de dar solimán para que me morra. Despois che
pesará / ha de pesar de que o coma a terra.

- A moça que teño alá en baixo, dígholle que veña para riba. Se lle
pareçe montaña, tamén a min me pareçía.

- Vinde vindo para riba. Se vos pareçe montaña, a min paréçeme vila.

- O cantar d'Avilés non o sabe cantar ninquén, non séndolos mariñeiros
cando van por alta mar.

- Pomar do Río rondei, nos días da miña vida non lle hei de perder a lei.

- Anque cante e recante non é por ghanas que lle teño. Canto por
alobear coraçón de tanta pena.

- Anque cantes e recantes e volvas a recantar, anque che leven os
demos, por riba non has (n'has) de quedar.

- Arrimabos ó loureiro, deixar pasar ós de Nebra con ferreñas e pandeiro.

- Vindo/ Baixei por Covelo abaixo comendo nun xurelo cun cachiño de
boroa. ¡Cómo sabe o puñetero!.

- Miña nai, miña naiçiña, coma ela non hai nincunha, que me quentou a
cariña co caloriño da súa.

- Coma miña nai nincunha, lavou a miña camisa dentro das mancas da súa.

- Veño de Monte Muíño, de Monte Muíño veño. Veño de Monte muíño. Andando veño.

- Campana do meu lughar, tí quéresme ben de veras. Cantastes cando
naçín, chorarás cando me morra.

- Miña nai, miña naiçiña, que boa nai teño eu, vendeu o seu relicario
para me compralo meu.

- Eu caseime no Araño pensando que había pan. O forno de miña soghra
cría silvas polo vran.

- Somos de Calo, calemos. Anque che somos de Calo, outra non a temos.
(Calo, lughar de Nebra).

- A aldea de Cures de lonxe pareçe vila. Ó entrar no medio dela pareçe
unha maravilla.

- Baixei por Covelo abaixo, boteille a man a un loureiro. Vivan as
moças de Cures e máis as de Carboeiro.

- En Cadarnoxo hai un toxo, hai un toxo reflorido, hai un reflorido toxo.

- Arrimeime a un pino verde por ver se me consolaba, e o pino como era
seco, en ves de cantar choraba.

- Chuvia e vento santa Eulalia. Axúdalle ti Roquiño para que os do
outro lado non podan pasar o río.

- Arriba que alá hei de ir, a coller a flor de maio, a de abril deixala ir.

- Pasei por Raña, rañando. E dixéronme os de Raña que lles estaba arromedando.

- Son de Calo, venos vexo. Viñeron velo vapor que embarrancou en Chorexo.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Rectificaçións da orde das palabras nas frases coa fin de conseghuir a rima:

O cantar d'Avilés ninquén o sabe cantar, non séndolos mariñeiros cando van por alta mar.

Tamén sustituçións de verbas equivocadas por outras correctas:

Arrimeime a un pino verde por ver se me consolaba, e o pino como era
verde, en ves de cantar choraba.

(Os pinos cando son verdes botan un líquido transparente e peghañento que lle chaman breu e ao secar vira de cor branca. Ven sendo a súa savia).

Explicaçións do porqué da frecuençia de apariçións de aldeas da parroquia de Nebra, do Conçello do Son, como Calo ou Raña, que están polo interior na ladeira da Serra do Barbança, ou Chorexo, aldea mariñeira.

Nebra, como parroquia e Calo como aldea pertençente a ela ao estar na outra ladeira da Serra do Barbança, e ao non existiren vías de comunicaçións coma hoxe en día, tiñan moita relaçión coa parroquia de Cures, xa que as xentes de ámbalas dúas parroquias cruçaban o monte a través en ámbolos dous sentidos para asistir ás fiadas que podían ser nas aldeas do Iroite, ou nas do alto de Nebra, así como nos lughares de abaixo de Cures e Nebra. Asistían tamén ás súas festas, e a todo tipo de actos, nos que podía haber competençia:pelexas, disputas..., ou colaboraçións.

Para ir a Raña unha rota frecuente era subir ó Iroite, monte a través e na altura das Penas de Calo, en plena Chan do Iroite, baixar recto, para alí cheghar. Desde esta aldea de Raña era tamén punto de paso con destino á romaría de Santa Madanela, en Ribasieira, ou a lughares deses puntos do conçello do Son, así como a sitios da Pobra do Caramiñal, como San Isidro,...

Daquela o pouco traballo que había para a xente que non lle cheghaban as súas propiedades, para traballalas e obter froitos sufiçientes, era ir ó xornal polo caldo ás casas "ricas" ou façendadas.

As rotas da diversión e do leçer, que se comentaba anteriormente tamén se usaba para axudar nos traballos de familiares casados en ámbolas beiras. Esto tamén era trasladable ao mundo do traballo, cando a apariçión da repoboaçión forestal, alá polos anos sesenta, polo que tamén se iba a pé, frecuentemente en ghrupos, por esas mesmas rotas ou outras que se ían abrindo.

Así mesmo no cantar referente ao Araño vese que debía ser unha terra de pan, daquela supoño que de boroa, tamén chamado pan de millo, xa que calquera que fora asentarse alí, ou estivera de paso, sabía que tiña fama de terra de pan.

Anónimo dijo...

Así, falando dunha que outra ves, téñenme contado que cando das festas da Balbanera en Calo, Nebra, era costume que miña tía Elena, alí casada xa había alghún tempo, invitara a toda a familia ás festas da parroquia. Dese xeito, xa levaban asistindo meus curmáns e parentes máis vellos ca min con anterioridade a eu ter empeçado a ir. Tiñan por tradiçión pasar na casa da tía uns días antes da festa, tamén por suposto os propios días festivos e incluso pasaban alghún día máis posterior ó remate. Alí, como teño ouvido xuntábanse deçeas de parentes, ghrandes e pequenos, e por obra dunha cuñada de miña tía, que se chamaba Teresa, buscaba acomodo para todos á hora de durmir, poñendo xuntos aos pequenos de fóra cos da casa nun cuarto e aos maiores noutras habitaçións, preparando todo co que daquela había, mantas e xalghóns, de lan ou de follatos de millo.
Outro tanto pasaba coas horas da comida ó lonco do día, que por seren días espeçiais, xuntábanse todos arredor da mesa, con máis cantidade e diversidade de comida do que a diario adoitaba ser, en vista daquelas épocas. Deçir que polas mañáns nunca deixaba de muxir as vacas para ferver o leite que se non cheghaba para todos, como así se supón, repartiriase o pouco que houbee, e senón aghua fervida con asucre e cachos de boroa, ...
Foi de pequeniño cando tocaba começar asistindo ás festas á casa de miña tía Elena.
Nunha desas primeiras viaxes con alghún día de antelaçión ás datas da festa por mor de pasar alá varios días, aparte dos días propios e tendo en conta que aínda non andaba ben, iniçie o camiño con meus avós da casa materna e en concreto a hombreiros de meu avó Ramón. Xusto cando el cruçaba comigho dacabalo as pedras do río de Covelo, escorreu e alá imos os dous, patapam, a rolos dentro do río, e puñémonos pincando coma pitos.
Tivemos que volver os tres, miña avoa Esperança, meu avó e eu, desandando o andando para mudarnos de roupa.
Ao vernos miña nai, saltinlle eu diçindo: Mamá, avó tiroume ó río.
Houbo momentos de risa, e logho retomamos a viaxe para Calo.

Paco do Martelo dijo...

Atina moi ben Ramón en todas súas explicacións sobre o que atinxe a Nebra e Calo.
Por outra parte non fai moito días nun artigo sobre as caroleiras (noguerias), lembráballe a autora do artigo como se facía esa comida que nomea Ramón a base de auga quente, azucre e boroa, principalmente o carolo (codia), do que nesta zona tomou o seu nome.
Algún cantar de Calo coñecíaos, outro non, polo que o meu agradecemento pola labor desenrolada para dar a coñecer as novas xeración esta parte da nosa cultura.