COMO QUEDARON OS JOBENILES ??
Inglés á primeira, José Antonio intentaba meternos na cabeza unha condicionales hipotéticas que xa había tempo que tiñamos sabidas, despóis chegou o turno de Santi coa vocalización de sonantes, as horas ían pasando e cansanzo empezaba a pechar os ollos.
Pedro o Chosco entraba pola porta xunto cos versos de Rilke,..pitillos negros colocados boca arriba en rengleira de a un, cinza apurada ata o filtro ameazando con enlixar a xa de por sí enlixada mesa, e pasaba a hora e Milagros divagaba entre alexandrinos das Elexías de Dunio do xenio de Praha,dando fin ás tres horas de clase que había pola tarde, oito en total en todo o día que alá polos 80 o alumnado de BUP tiña que soportar estoicamente día tras día.
Pero o Xoves era diferente, era día de deporte, había entrenamento de fútbol, ademáis era importante…Dous días máis tarde o equipo xogábase o ascenso de categoría ante o todopoderoso Flavia, líder do grupo de xuvenís,.. había que gañar o partido, non servía o empate posto que no partido de ida o equipo perdera unha boa ocasión de sentenciar o grupo por culpa da néboa e a mala vista de un zurdo centrocampista, que tras regatear en dúas ocasión a medio cadro rival botou o balón fóra confundido pola brétema,m os lentes de contacto eran un luxo daquela..Máis tarde un inesperado tropezo na casa contra o Cabo por Cero-Un con gol de Fernando fixera que o ascenso tivera que ser decidio no derradeiro partido en Barraña, ocasión magnífica para logralo.
Non había mal equipo, as máximas do raposo de Arteixo veíanse claramente refrexadas no cadro boirense, Orde e Talento, ademáis de potencia física e a esixente man do Pajarillo, facían daquel imberbe equipiño unha máquina de fiar fútbol.
Eu non xogaba nunca, de feito non tiña nin ficha,….o deporte non estaba entre as miñas aptitudes que non actitudes, o balón máis redondo que vira era unha tableta de chocolate Dolca, e faltáballe unha pastilla, ….pero había que aproveitar as poucas ocasións de facer deporte minimamente organizado que había pola época, sen pabillón, nen pistas de tenis, nen piscina, estar baixo a disciplina dun equipo xuvenil era o único que podíamos facer.
Eramos dúas persoas as que iamos entrenar cos xuvenís, un deles era eu e outro o difunto de José Manuel o Carrasquillo, currante na pastelería da súa sogra, feito polo cal fora bautizado pola chavalada coma “Paste”.
A pastelería era titularidade da señora Lurdes, viuva do señor Gerardo, aprimeira pastelería de Boiro e iniciadora da golosa “ruta dos milagres”.. Lourdes, Belén e finalmente Fátima, se non curabas facendo a ruta era que non tiñas cura,eso sí. Un par de kilos de máis entraban de seguro no corpo, pero para paliar os seus efectos estaba o adestramento.
O bo de José Manuel e máis eu sumámonos, co permiso do adestrador, ó grupo dos xuvenís, e ademáis adestrar e poñernos en forma, acompañabamos ao equipo nas súas saídas polos campos da bisbarra xunto con Villa, o presidente, Juanjo o delegado,que facía ademáis de speaker nos partidos da casa do primeiro equipo compartindo mesa co enviado especial da Radio Galega, un tal Eduardo que padecía de flato e que facía que o pobre de Juanjo non soubera como librarse cada dous domingos da toxicidade á que ra vilmente sometido………tamén viñan un par de pais e un home de Comoxo que viña de cando en cando e que fora alcumado coma Jobeniles.
Coñecemos todo tipo de campos de fútbol, campos coma o do Flavia,con herba en bo estado, …campiños coma o do Laiño,en condicións máis que lamentables, sen pintar e con un homiño facedo de amanuense da cal, botándoa a mancheas dibuxando sinuosas serpentinas na liña de fondo para finalmente marcar o campo con estacas, obrigando a facer unha arbitraxe a ollo, ademáis de temeraria, non polo público, que algo sí que tiña de maldade, senón porque o terreo de xogo estaba perigosamente rodeado por socavóns a modo de trampas para cazar elefantes que fixeron que o pobre do home metera media perna nun deles e case deixe alí unha perna…….e campasos, coma o do Cordeiro, que por impracticable tivo que desviar un partido cerca de Cuntis,ó terreo do Club Deportivo Salud, do cal saías con todo menos saúde, non tiña pedras, era de pedra con cachos de terra, colocado no alto dun outeiro as rochas asomaban ente por debaixo da area,… aínda sí foi un Cero-Catorce favorable a nós, resultado que fixo enchernos de orgullo e autocomplacencia, rápidamente alonxada polas xeadas duchas das que a caseta feita de bloques e bovedillas dispuña a modo de moderno spa.
Na volta,se viñas da zona norte era obrigada a parada no Florida, onde a xentileza dos adultos facía que disfrutaramos de cadansúa Coca-cola, a maioría das veces obrigados pola boa actuación do equipo e outras pola insistencia do plantel que baixo slogans típicos de manifestación reivindicaban parada e posta..”Ou paramos no Florida…ou non gañamos a liga”, “Juanjo, Juanjo.., queremos que paghes algho”.
Ante tal capacidade de inventiva non podían máis que pagar unha rondiña de Coca-colas, pero o truco só era válido para partidos da parte de arriba, posto que Florida queda no norte, nois partidos da zona de Ribeira non quedaba outra máis que para á volta no Oasis, centro de reunión do senado do fútbol boirense, onde aficionados, futbolistas, ex-futbolistas e árbitros arranxaban o mundo do fútbol local, e tirar de paga para poder refrescarse….Ou ir á de Adolfo e facer fuxir o cansanzo baixo a contemplación de cadros de marquetería de Franco , Hitler ou o mesmo Papa.
Aquel día entrenamos con gañas, con furia, con gallardía e nobleza, tiven un pequeño percance posto que , como eu non tiña botas, tomaba prestadas unhas dun montón que xestionaba Pardal, o utillero, con tan bó gusto que fun coller as de Alvite,un dos xefes do vestiario, que reclamou o seu clazado a gritos e fixo que me descalzara no medio do campo e enviara as botas por mensaxería para non enfrentarme ós bigotes do central.
Acabei entrenando con tenis, rachando os xeonllos polas caídas, non podía conseguir pantalón largo posto que a resposta de Pardal era “non hai máis chandares”, polo tanto pernas ó aire, e a aplantillar o campo facendo oitos durante cuarenta e cinco minutos para rematar co obrigado partidiño.
E chegou o gran día..o equipo foi concentrado ás tres da tarde, baixo o sol de Barraña sentados na verde herba comenzou a aleccionadora charla do míster, falando de toda a temporada, alegando ó Menotismo e ó Bilardismo,falando de técnica, táctica e testiculina.
O público empezou a encher o campo pouco a pouco, a mellor entrada da temporada,o ascenso era impostante, tanto polo clube como pola proxección individual dos xogadores, algúns só odían continuar no plantel se o ascenso era conseguido, senón terían que ascender ó primeiro equipo ou ser traspasados a outros clubes.
Grandes persoeiros do mundo fútbol déronse cita no coliseo boirense, Tigre Padrón, Benito Padrón,O Sr.Carril presidente dos árbitros galegos,Presidentes de clubes, entrenadores, futbolistas do primeiro equipo e moitas ducias de aficcionados que non querían perderse a evolución das futuras estrelas do fútbol…O ano anterior xogaran co Carreira un par de rapaces que marcharan para o Depor , e podía haber algún Butragueño en potencia nos planteis dos equipos.
O bo de Pedro sempre contaba que o adestrador da selección galega deixara fora un rapaz de Frións ,que anos máis tarde chegara a debutar coa selección nacional absoluta,para seleccionalo a el,…así que todos esperaban que polo menos Pedro chegara a estar con España algún día,como así foi anos máis tarde.
Apareceu o árbitro e todos entramos no vestiario onde as equipacións de branco inmaculado esperaban ser o talismán necesario para ser quen de acadar o ansiado trunfo, o ansiado ascenso, a prolongación da categoría xuvenil un ano máis, e coa mesma sairon os xogadores a estirar os músculos, as ferramentas que ían ser artífices da xesta que estaba por ser lograda por primeira vez na historia do Clube.
De volta á caseta, tras os quince minutos de obrigado quencemento, o técnico deu a aliñación que ía sair lograr a fazaña, era once de gala, e tras unha pequena alección de carácter sicolóxico escoitamos ó público asubiar, facendo desta forma saber que o equipo rival facía a súa entrada no tereo de xogo.
Cheiraba a día grande, Juanjo puxo o himno do clube por megafonía, que acompañou a saída, sempre entrando co pé dereito no terreo de xogo, dos once elexidos para formar parte da historia ó ritmo dos acordes do Maestro Muñiz:
-Clú deportivo Boiro, eres todo un campeón, cuando juegan tus muchachos , ponen alma y corazón, tienes furia deportiva y juego de gran belleza, eres rey de los trofeos, eres rey de los trofeos, con gallardía y nobleza…y en la playa de Barraña, y en la playa de Barraña, una barquiña de vela, y la Torre de Goyanes, y la Torre de Goyanes…trallallallallalala.
O entrenador chamou por mi para o banquiño, -Dame de fumar Ferreirós!, eso significaba que estaba invitado, ó igual que toda a tempada, a formar parte dos sufridores no banquiño,era a súa forma de agradecer o meu apoio incondicional por toda a provincia e de premiar o meu encomiable traballo como fácil sparring nas pachangas.
Pitido inicial e comenzo do partido… minutos de tanteo ata que o noso cadro empezou a tomar o dominio do xogo, aínda que sen demasiadas ocasións claras de gol, un para de dissparos lonxanos e pouco máis,… pero pouco a pouco, tocando e xogando polos extremos a portería contraria parecía máis cercana, e as ocasión empezaban a chegar, pero ningunha delas foi correctamente culminada.
O técnico sudaba…”Cagho na Pastora Imperio”,..pedía tabaco..” Dame outro pitillo”…xuraba en sánscrito “Cagho en Santa Conaina del palo mayor”, pedía pipas, bebía auga…ata que o encontro chegou ó descanso.
Outra charla máis na caseta, o gol tiña que chegar, estabamos chegando ben, había ocasións, eles non cheiraban o balón, era cuestión de tempo, e foi unha vez empezada a segunda parte cando unha falta dende a frontal da área foi duramente executada por Somoza e de forma fulminante, forte, baixa, polo pau á dereita do porteiro… e o balón,,, entrou….GOOOOOOOOOOL!!!!!
O público saltou , nós gritamos no banquiño,.. o ascenso estaba cerca,Somoza adicoulle o gol á grada onde estaba Benito Padrón, técnico do equipo senior, que días antes tivera un conato de pelexa co autor do gol, ¡Juveniles a mí! Decía Padrón intentando agradir ó fornido central crucense mentras era agarrado por outros xogadores, que desta forma contribuiron de forma inestimable a preservar a integridade física do veterano entrenador.
Só había que manter o resultado, ou mellor amplialo para non pasar apuros, e eso foi o que o equipo estaba decidido a facer… ir a polo segundo gol; E así continuou o partido, con moito respeto pero co equipo buscando o segundo gol,…a ta que un rápido contragolpe do Flavia foi parar ós pés de Sende, en calra posición incorrecta, que avanzou hacia a meta evitando con facilidade a desesperada saída de Julio.
Xerro de auga fría para o cadro local, o ascenso máis lonxe, pero quedaba tempo e sobraba coraxe para volver a marcar, e o equipo seguía a dominar con claridade, pero os minutos ían pasando e o gol non chegaba, ..o banquiño fervía e os santos baixaban ó retrete en procesión.
Quedaban dez minutos para o remate e o equipo empezou a tacar á desesperada con tanta “sorte” que unha clara ocasión foi rexeitada polo equipo visitante que con un patadón sacouse o balón de diante e o balón chegou a Moncho que tamén, estaba dous metros en fóra de xogo e volveu a batir ó porteiro local baixo as protestas do público, dos xogadores e do banquiño local, mentres os xogadores do Flavia abrazábanse en campo contrario e os nosos acosaban ó árbitro e protestaban porque non podían sacar de centro.
O adestadro boirense xogou a última carta e meteu no campo a un prometedor infantil que levaba o gol no sangue e que fixo tolear á defensa padronesa, mesmo marcou un gol que foi anulado e provocou un cartón amarelo que debeu ser vermello, e o tempo paseu e chegou o pitido final, adeus partido,adeus liga, adeus ascenso,adeus vista dos meus ollos non sei cando volveremos.
Houbo un amago de tangana co árbitro no medio do campo, dous xogadores locais, un loiro alto coñecido coma Carmichael e outro pequeniño e moreno acosaban ó trencilla que parecía o iban papalo, vomitaban improperios sobre a súa familia,… pero foron rápidamente apartados polo adestrador local, que botando ós mozos a un lado gritando “-Deixade ó árbitro en paz” e coa mesma dirixiuse o xuiz da contenda e díxolle:
“-Árbitro, eres un fillo de puta, e a primeira ostia que levas de Boiro e a miña”, dicho y hecho, soltoullle un puñaso que aínda debe de ter un bistéc de medio quilo metido no ollo, e co acto deo técnio abreuse a veda da caza do colexiado e os xogadores emprenderon a persecución do señor que trataba de alcanzar o vestiario ante o aluvión de patadas no cú que ía sentindo no baixolombo ó tempo que trataba de librarse do adestrador que levaba colgado do pescozo.
Ninguén sabe como foi quen de facelo, supoño que nestes casos o instinto de supervivencia fai que unha persoa multiplique por cen as súas forzas,pero o caso eé que o mentado referí alcanzou a entrada dos vestiarios onde foi amablemente recibido polo delegado do cador local que brindou a súa protección e meteuno na caseta, previamente obsequiouno con un tremendo rodillazo na entreperna por via posterior sen que o desvalido señoriño decatare quen fora o autor da fechoría, culpando nos seus adentros a calquera dos anteriormente implicados no intento de agresión culminado con todo éxito.
Unha vez encasetado o árbitro contou co parapeto do seu cuartiño, onde solicitou axuda ás autoridades, mentras escoitaba golpes e sonoras patadas na porta que os xogadores locais soltaban con grande saña descargando deste modo toda a súa frustacción sobre a trinchera do malogrado repartidor de xustiza divina, que non deportiva.
O señor delegado ofreceu a súa axuda, cousa que foi ben recibida polo árbitro, ignorante da vengadora acción que este tivera anteriormente contra a súa masculinidade, e agardaron para proceder, non sen apuros ó desaloxo do "fillo de sete curas".
Mentras esperaba a chegada do Séptimo de Caballería ou millor dito do Primeiro da garda civil , o probe do home foi redactando a acta, e ahí veu o problema,posto que supoñendo o estado de obnubilación no que o malogrado xuiz estaba confundeu os números e na vez do 9 de Carmichael puxo na acta o 6 de Pedro Enrique, e o comité actuou.
Non había canal plus para poñer e quitar culpas polo tanto a acta iba á misa e o resultado foi que ó bó de Pedro caeronlle doce partidos de sanción, que exercían coma espada de Damocles ameazando sobre a súa prometedora carreira futbolística, posto que xa ben novo o noso amigo fixera o seu debut na terceira división.
Posterior recurso e reclamación, e como non a noticia deu a volta á Arousa, polo tanto no espacio deportivo das sete da tarde toicaba entrevista polo ínclito Felipe Suárez, locutor de Radio Arosa, que fixo primeiro unha entrevista ó presidente do clube, quen clamou pola inocencia do xogador e contou o seu parecer sobre os incidentes.
A continuación tocoulle o turno ó adestrador, que asumeu as súas culpas e á súa vez exhimeu ó noso amigo de calquera relación co acontecemento…Hai que salientar que o técnico local esgrimiu coma atenuante frases tan convincentes como “En primer lugar hai que decir que merecer…las merecía” ou “Debiá de venir de copeteo con Carril porque ya traia el olor a 103”.
Tocoulle o turno ó noso amigo que clamou a súa inocencia ós catro ventos sen culpar a ninguén nen dar nomes de outros implicados, falando do seu carácter tranquilo e pacífico, cousa que posteriormente corroboraría a santa da súa nai ..”Mi hijo es incapaz de pegarle a una gallina”, e tiña razón, podía decirse que era moitas cousas, pero agresivo,…en absoluto.
O comité tomou a salomónica decisión de deixar a sanción en seis partidos, que cumpleu no seguinte curso, xa consolidado na primeira plantilla do clube, o resto do plantel buscou fortuna noutros equipos, Cabo, Araño, Taragoña, Unión…
Perdeuse o partido , perdeuse o ascenso, perdeuse a vergonza, a dignidae e sobre todo perdeuse unha gran fornada de xogadores que dende aquel maldito sábado de hai máis de dúas décadas, chegados de xogar polos campiños de Jesucristo, non volverían a escoitar a tan repetida frase: ”¿Cómo quedaron os jobeniles?”.
Non había canal plus para poñer e quitar culpas polo tanto a acta iba á misa e o resultado foi que ó bó de Pedro caeronlle doce partidos de sanción, que exercían coma espada de Damocles ameazando sobre a súa prometedora carreira futbolística, posto que xa ben novo o noso amigo fixera o seu debut na terceira división.
Posterior recurso e reclamación, e como non a noticia deu a volta á Arousa, polo tanto no espacio deportivo das sete da tarde toicaba entrevista polo ínclito Felipe Suárez, locutor de Radio Arosa, que fixo primeiro unha entrevista ó presidente do clube, quen clamou pola inocencia do xogador e contou o seu parecer sobre os incidentes.
A continuación tocoulle o turno ó adestrador, que asumeu as súas culpas e á súa vez exhimeu ó noso amigo de calquera relación co acontecemento…Hai que salientar que o técnico local esgrimiu coma atenuante frases tan convincentes como “En primer lugar hai que decir que merecer…las merecía” ou “Debiá de venir de copeteo con Carril porque ya traia el olor a 103”.
Tocoulle o turno ó noso amigo que clamou a súa inocencia ós catro ventos sen culpar a ninguén nen dar nomes de outros implicados, falando do seu carácter tranquilo e pacífico, cousa que posteriormente corroboraría a santa da súa nai ..”Mi hijo es incapaz de pegarle a una gallina”, e tiña razón, podía decirse que era moitas cousas, pero agresivo,…en absoluto.
O comité tomou a salomónica decisión de deixar a sanción en seis partidos, que cumpleu no seguinte curso, xa consolidado na primeira plantilla do clube, o resto do plantel buscou fortuna noutros equipos, Cabo, Araño, Taragoña, Unión…
Perdeuse o partido , perdeuse o ascenso, perdeuse a vergonza, a dignidae e sobre todo perdeuse unha gran fornada de xogadores que dende aquel maldito sábado de hai máis de dúas décadas, chegados de xogar polos campiños de Jesucristo, non volverían a escoitar a tan repetida frase: ”¿Cómo quedaron os jobeniles?”.
Ó meu irmán Pedro, con todo o cariño
9 comentarios:
JOder , en Boiro non andamos con chiquitas,
Eu era socio do Boiro (os catro anos que estiven no Instituto o fun .Non creo que moitos profesores de Boiro poidan decir o mesmo)e desgraciadamente asistín o partido que Luis comenta e digo desgraciadamente porque nin gañamos o partido nin soubemos manter a calma. O arbitro errou en moitas das suas decicions pero o comportamento do entrenador de xuvenís foi inadmisible.Nunca vin nada igual despois de ter asistido a miles de partidos. Foi algo aillado que confio non se repita xamais.
Campo de fútbol da Mina,en Escababote. Tarde soleada,terreo de xogo en boas condicións, e media entrada nas bancadas.
O Boiro xuvenil xoga contra o Carreira. O partido está xa preto do final e continúan as táboas no marcador. O adestrador do Boiro,
JOSÉ O PAJERO, non encontra a fórmula para que o seu equipo conquira a victoria.
Os seus imnumerables recursos como adestrador levárono xa a ter feito os tres cambios, ademáis de a maiores quitar tamén a CISCO do campo por "chupón", e deixar ó propio equipo con dez. Isto obliga a cambiar a táctica inicial de 4-4-2 por un 4-4-1- máis "FLECSIBLE"
como a él lle gusta decir.
O Carreira segue atacando pero o porteiro do Boiro ó grito de "déjala vir, que viene boa" faise ca pelota e despéxaa ata o medio campo. Alí, no medio, unha marabunta de rudos centrocampistas disputan o balón coma gladiadores romanos. De súpeto, do medio da polvareda que estos cañuzeiros levantan, xurde a elegante figura de JOSECHO, que, parsimoniosa e sútilmente controla o balón, regatea a un contrario, faille un caño a outro e vendo ó porteiro do equipo contrario un pouco adiantado mándalle unha maxistral vaselina dende o círculo central que se cola pola escadra.
A todo isto, José o Pajero, que seguía a xogada cos ollos escatalados coma pratros, e vendo entrar o balón na portería contraria, nota como un cosquilleo recorre todo o seu corpo, e sin poder reprimilo entra no campo dando brincos de alegría,e enfervorizado grita(ca particular forma de falar que él ten que fai que todo o que sáe da súa boca vaia acompañado dun "fungar nasal" característico):
- JOOOOOOL,JOLAAAAAZOO,JOLAZO...
¡ A JOZECHO FÍXENO EU, A JOZECHO FÍXENO EU,A JOZECHO FÍXENO EU!
Cando O Pajero se cansa de dar brincos e gritos dase a volta cara o banquillo e repara na presenza ó lado do mesmo de José De Vilas, pai biolóxico do Crack Josecho, e dándose conta das verbas que acaba de pronunciar,sentencia:
- ¡ A JOZECHO FÍXENO EU, PERO FUTBOLÍSTICAMENTE FALANDO,EH!
Pedro, asina como Pedro que se conosen os escritos.
Non ten tanta gracia como cando o contas
¿No relato falas de Pedro que chegharon a seleççionalo para niveles máis altos?
¿De qué Pedro se fala?
¿Na foto do equipo, quen vén sendo?
Javier o barbeiro fora outro dos damnificados por este partido. Caéranlle 23 partidos de suspensión cando nin siquera estaba convocado para xogalo. Parece ser que o adestrador en previsión de que hubésemos gañado este partido, e pensando nas eliminatorias de ascenso que se ían a xogar, cambiou a súa ficha por unha dun xogador apercibido de sanción e ó final empapelárono tamén a él, xa que o número que lucía un dos agresores coincidía co da súa ficha.
Javier, aínda hoxe en día cando me ve,dime:
-"¡Manda carallo!vintetres partidos de sanción por pegarlle ó arbitro, e eu nin siquera estaba no campo de fútbol ese día, que estaba no Saltiño con meu pai cortándolle o pelo á xente".
¡MOi bo o da ruta dos Milagors!
Ramón, si no me equivoco Pedro é o que ten balón.
Ola, what's up amigos? :)
I will be happy to get any assistance at the beginning.
Thanks and good luck everyone! ;)
Publicar un comentario