DO MUNDO ANIMAL E NATURAL
- O carriso e máis o chasco e máis o escarabello, foron a Ghuiende á fiada e matáronse no Portelo.
- Polo río abaixo vai unha troita a nadar, corre que te corre quen a pudera pillar, quen a pudera pillar, quen a pudera coller. Polo río abaixo vai unha troita a nadar.
- Arre boi, arre vaca, baixo Marelo, que estas son as cançións do carreteiro.
- Indo polo río abaixo unha silva me prendeu. Non me prendas silva verde que o teu amor sono eu.
- O paxaro cando chove mete o rabo na silveira, así fai a boa moça cando non ten quen a queira.
- O raposo vai berrando polo Alto da Portela que lle quedan os sapatos no adro da Madanela.
- O raposo vai berrando no alto de Camariñas que lle romperon os sapatos, que lle pican as espiñas.
- O raposo e o cura, o taberneiro e o can, teñen que traballar pola mañán.
- Se che pica unha sarabanduxa, hoxe na cama e mañán na ucha.
- Se che pica un alacrán, busca cura e sacristán para che enterrar mañán.
3 comentarios:
Ramón, non sabes a grande labor que estás facendo ca recopilación.
¿Por que non buscas alguén que a poida publicar?
As sarabanduxas teño entendido que soltan un líquido tóxico cando se lles toca.
Os alacráns creo entender que son escorpións e que pican co aguillón que teñen na punta transmitindo un veneno forte.
¿Pero, son tan venenosos e perigosos para a vida da xente como se di por aí?
Gracias Ramón, todo isto é moi bo para a nosa cultura, recopila todas cantas poidas, que eu che votarei unha man para darche ideas para poder publicalas, entre elas podes primeiro poñerte en contacto con TOXOS SOUTOS que é unha editorial galega e creo que ten a oficina en Noia, de todas formas eino mirar en canto poida para asegurarme e mandarche a información, así que xa sabes segue adiante que estalo a facer moi ben.
Saúdos e apertas para tod@s.
Publicar un comentario