domingo, 15 de febrero de 2009

CANÇIONEIRO POPULAR- DO AMOR,SEXO E MOÇEO-Ramón Laíño




DO AMOR, SEXO E MOÇEO

- Teño unha moça en Oporto e outra en Ribeiradavia, se a de Oporto é
bonita, a de Ribeiradavia lle ghana.

- María, déixame ir andando, que non dighan estes señores que por ti
estou aghuardando / esperando.

- Imos indo, imos andando que non dighan estes señores que por ti
estou aghuardando / esperando.

- Amoriños tomei na beiriña do mar, amoriños tomei, non nos podo
olvidar. Non nos podo olvidar. Ai, ai, ai. Ai, ai, ai. Amoriños tomei
na beiriña do mar.

- Teño unha lancha en Rianxo que lle chaman a Manuela. En toda a Ría
d'Arousa non hai lancha coma ela.

- Fun a Rianxo pescar, pesqueir unha rianxeira. Se a pesquei fixen
ben, é miña compañeira.

- Miña soghra non me quer ben porque lle falo coa filla. Mandeillo
deçir que a gharde no bolsillo.

- Chamásteme porco neghro, esterco do teu corral. Se che levo a
vender, por tin non dan un real.

- Teño lanchas, teño redes, teño sardiñas no mar. Teño unha nena
bonita, xa non quero traballar.

- Canta que che darei son. Tírame esta nube neghra de riba do coraçón.

- Arrimadiña a aquel carballo din palabra a unha morena. O carballo
será testigho e ela será miña cadena.

- Para cuñas, pau de toxo. Para xentoiras, carballo. Para contentar as
nenas, a cabeçalla do carro.

- Unha nena nunha fonte por unha berça bebía. A berça estaba rota,
toda a aghua lle esvertía.

- Nena que véndelas peras, ¿cántas che mandaron dar?. Para ti meu
queridiño non mas mandaron contar.

- ¿Non te acordar Maruxiña daquela noite que contábalas estrelas e eu
as areas do chan?.




-

- Eu querer quéroche ben, pero fáltame saber se ti me queres tamén.


- María ti élo demo que me andas atentando, que no río que na fonte, sempre che encontro lavando.


- A túa porta chaman porta, a miña ventana, ventana, a túa irmán Carmela, a ti Rosiña da alma.


- Arretírate nena dese balcón e se non te retiras levarás un ramo de flores dos teus amores.


- Déixame ir que vou de présa ca (coa) aghua de reghar, que mañán é día santo, falaremos de vaghar.


- Pomba que aleghre cantas nese verde limoneiro, deixa durmir ó meu amante que vai no soño primeiro.


- Teño de plantar un pino enriba do teu tellado, cando o pino bote flores andarei por teu mandado.



- Fun a Muros pescar e pesquei unha muradana, e se a pesquei fixen ben, durmo con ela na cama.


- Esta noite hei de ir alá, meniña non teñas medo que ca punta da navalla hei de abrir o tarabelo.

- Moça que estás na ventana ca punta do pano fóra, recólleo para dentro que o pano non me namora.

- Eu enamoreime de noite e a luna me enghañou, a luna non é enghañadora que o enghañado son eu.


- Da túa ventana á miña tirásteme cun limón, o limón doume no peito e o sume no coraçón.


- Moçiños dalá de riba vinde lavar ó meu río, anque a aghua non é miña, naçeu no meu labradío.


- Eu fun a Muros pescar, pesquei unha muradana. Se a pesquei, fixen ben, se a pesquei dóume a ghana.


- Está noite hei de ir alá, terás as pernas lavadas. Hei de durmir antre elas anque sea a puñaladas.


- María dos Dolores chámase a prenda miña. Amores quería ter con María dos Dolores.



- Esta noite hei de ir alá, meniña non teñas pena, hei de durmir antre elas anque morra a puñaladas.


- (Outra versión): Esta noite hei de ir alá, meniña non teñas pena, hei de durmir antre elas, teralas pernas lavadas.


- Quixera ser clavo de ouro onde colghas o candil para ver o teu peito fermoso cando te vas a dormir.


- Quedastes de vir ás nove, viñestes ás nove e media, pensas que non é pecado enghañar a unha morena.


- Eu non sei meu amor por onde me vaia, se me vaia camiño arriba, se me vaia camiño abaixo.



- Este cantariño novo, ¿quen o trouxo para Nebra?. A rapaçiña dos Beiros co mérito que ten ela.

- Alghún día nesta calle tiña meu ben querer. Aghora non teño a ninquén por unha mala muller.

- Pensas que me tes aquí coma o bolsillo de lado, outros máis ghuapos ca ti arrimaron con máis coidado.


- Alghún día que che quixen, abrín portas e ventanas, aghora que non che quero, todas as traio pechadas.


- (Outra versión): Alghún día por che ver abrín portas e ventanas, aghora que non che vexo, todas as traio pechadas.


- Anque te volvas culebra e te botes ó mar, e te enterres na area, meus ollos hanche de buscar.


- Dis que non me querías, cunha man me botabas, ca / coa outra me recollías.



- Vente vindo, vente vindo. Vente vindo, vente andando. Vente vindo, vente vindo, por ti estou esperando.


- Meu amante cando marchaba díxome que non chorara, que botara a pena ó aire pero que non o olvidara.


- Sapatos que non me fan á calle os tirei, non me importan que outros anden amores que eu olvidei.

- Casa de moitas ventanas mal pode ghardar o frío. Home de moitas mulleres ten que ter os ollos pillos.


- (Outra versión): Casa de moitas ventanas non pode ghardar o frío. Home de moitas mulleres fanlle perder o sentido.


- Ventana sobre ventana, miña vida, son pelighrosas, pai de familia que ten rapaças fermosas.


- Eu nemorar, nemorar, nemoreime. Nemoreime na beira do mar. Non me puden desnemorar.


- ¡Ai, Carmiña, Carmiña, que pena me dás!, na ghuerra de Cuba morreuche o rapas ( o moço), e se che morreu, déixao morrer, que para ti Carmiña rapas ha de haber. E se che morreu, teu pai é meu soghro, teu home sono eu.

No hay comentarios: