CLUB DEPORTIVO ANTROIDO
Sempre disfrutei moito dos carnavales, dende pequeño sempre foi unha forma de evasión, ..xogar a ser algo ou alguén, atopei nestas datas un obxecto de homenaxe ou de escarnio a diversos tipos personaxes que se cruzaron da historia deste mundiño.
De adulto disfraceime de moitas cousas, de
xograr, Lucky Luke, Corsario, Ilusionista,Kung Fu, Samurai, Bitelchus, Wyatt Earp, Elvis,etc.,etc., pero de pequeño a cousa era diferente.
Cando estaba no vello
Martín Gómez o antroido non era motivo de festexos,.. agora todos os nenos van perfectamente ataviados co seu disfrace de bolsa de basura con pegotes, …pero antes era diferentes, adicábase máis tempo ás materias e menos ás festas, os nenos como moito xogaban con caretas de cartón e os mestres, … pasaban . A verdade é que non imaxino a
Don Alfredo disfrazado de vaca leiteira ou a
Doña Josefina de bolboreta, habían de estar graciosos, a primeira vaca con cana india incorporada, …pero non, non había,..así que aproveitábamos as mini-vacacións para disfrazarnos…como non… de
Choqueiros.
Normalmente colliamos roupa vella das nosas nais:- saias, chaquetas, toquillas e non podían faltar os zapatóns. A cabeza cuberta cun trapo con buratos para ver e comer, ou con unha media, que desfiguraba a faciana,…era imprescindible ir conveniantemente armado cun pau, coa fianlidade de poder zurrar a todo aquel que tivese a osadía de cruzarse cun choqueiro.
Todos envexabamos os fungueiro do
Señor José o de Lodeiro, co cal ía zurrando ás vacas para que guiasen corretamente o seu mítico carro polas daquela escasas rúas da vila de
Boiro, ..pucha calada e camisa aberta en tres ou catro botóns, pero non podía ser, estaba permitido zurrar, pero non ensañarse, así que un pauiño para utilizar coma arma persuasiva era suficiente.
Vimbios ou canas indias non valían, estaban penados,..zurrar con un vimbio indo de choqueiro era un delito grave, ….casi de tanta gravidade coma barrenar xogando ó fútbol, que estaba penado co paredón, …unha corre era unha arma demasiado lesiva para andar de choqueiro.
De porta en porta, coa cara tapada vestidiños de farrapos, petando e agardando a que a xentiña da vila tivese a ben facer pasar ós choqueiriños
:..”Toc, toc, toc” –“¿hai filloas?”, as mulleres invitaban a pasar e entre filloa e filloa, con un pouco de
Málaga Virgen,Kinito , Calisay, Orellas ou Bizcochón intentaban adiviñar a persoanalidade do neno ou nena que demandaba a xenerosidade da paisanaxe.
Ás veces tamén papabas algunha pesetiña e con ela xa tiñas para escapar ata a
Praia Xardín mercar un anel de plástico, ben con personaxes de debuxos ou con escudos de equipos de fútbol, á da
Señora Rosa.
O sábado era o día grande, o día grande, o dái de ir disfrazado en serio, os nenos agardabamos por el para poder ir ó
Baile de Outeiro, para soltar os ósos, brincar, bailar, xogar, correr e ás veces gañar algún premio en forma de
Exin Castillos, balón de reglamento ou camión de xoguete.
Estivera de moda puxar por ver quen levaba mellor disfraz e entre outros levei un par de premios en grupo, xunto coas miñas primas vestidos de
Un, Dos , Tres,.. onde eu facía de
Andrés Pajares, vestido con un mono de currante, meu irmán de
Kiko Ledgard, e as miñas primas e a súa pandilla ían de azafatas vestidas do
Rayo Vallecano, hai que aclarar que era un programa temático.
Outro ano eu era o maior do grupo que acadou o primeiro posto co disfraz de
el Bosque de Tallac, co meu irmán pequeño facendo de
Osiño Jackie e eu facendo de indio, sempre se me dou bastante ben facer o Indio…Houbo moitos máis, de mosquetero, de hippie, paiaso, Daniel Boone, Tuno, etc.
Pero o ano que mellor o pasei de foi un ano que a miña nai tivo a xentileza de mercar un par de disfraces para min e para o meu irmán maior..eran de futbolistas ¡Que ilusión!...Sempre queixera disfrazarme dos meus ídolos,.
Neskens, Sexach, Sotil, Mario Marinho, De la Cruz ou Sadurní, que era igual que eu ..porteiro, posto reservado para aqueles nenos que facíamos do fútbol un arte…..surrealista.
Pero velaí o problema,.. as caixiñas envoltas con celofán foron abertas e atopamos dous equipaxes blancos, ¡Do
real madrí !...¡Mamá..pecado!,... o noso descontento foi supino e non lembro ben o que fixo o meu irmán, pero eu,.. por principios negueime en redondo a disfrazarme.
E alí quedou o traxe blanco nuclear na súa caixa coas botas de fútbol de tacos de goma aparcadas a un lado, daba pena mirar para el, aínda sen sacar da caixa, co seu escudiño redondo, coroado, coa franxa morada atravesando e as letras curvadas, pero non, era superior a min, dábame alerxia.
-¡Mamá, eu non o poño!
-¡Peor para ti,.. vai para os gitanos!
¡Pois podía ir para os gitanos, seguramente a eles gustaríalle, pero eu negábame a levar eso posto!,..pero o malo era que ese ano non ía poder disfrazarme, nen correr, nen saltar, ..nen gañar,…e se gañaba un
excalextric?...había que poñer solución.
Polo tanto achegueime á miña nai e con voz de pedir díxenlle :