Para evitar que o maio, entendido como o primeiro de maio, entre nas casas polas portas e xanelas, xa que se dí que é moi pillo e pode traernos meighallos, malas fadas, mal de ollo, ..., temos que preparar todo o neçesario con tempo sufiçiente.
Para iso, no día 30 de abril, xeralmente pola tarde antes de anoitecer, anque pode ser pola mañán, debemos recoller as xestas de xesteira optando por elixir as que teñan máis flores amarelas, para poñelas nas xanelas e portas das casas. Todo esto faise antes da posta de sol, tratando de que non nos colla a noite cando colocamos as xestas nos lughares pertinentes.
Hoxe en día, aparte das casas e cubertos, tamén se lle poñen ós coches e a outras posesións significativas para nós, que teñan portas e xanelas.
Así mesmo aconsellaban non pór (poñer) neste día primeiro de maio o ghando ó carro, e moito menos poñer as vacas preñadas, xa que podían abultar.
As xestas, coa súa funçión máxima para o primeiro de maio, acostuman quedar dous días como mínimo nas xanelas, portas, ..., anque poden botar máis tempo.
En días previos ao 1 de maio, ou neste mesmo día, pero con tempo sufiçiente antes de que sexa noite, a xente maior, xóvenes e rapaçes acostumaban ir ó monte acarrexar leña e amoreala para a foghueira.
Coa mesma limpábanse as leiras, os camiños e as casas, sacando delas os rastrollos e o lixo que se sumaba á leña amoreada, a cal ardería nesta noite espeçial.
Na data do 1 de maio polo día, os rapaçes preparan unha andia adornada de flores varias, pampillos etc., no que deitan entre elas unha fighura dun rapás feita tamén de flores varias, pampillos etc. Noutras ocasións deitadaban un boneco de trapo recuberto con flores. En época xa presente puñan un boneco de plástico tamén envolto en flores.
Entre varios levan a andia e, van á fronte do ghrupo.
Os representantes coa andia en cabeça e o resto do ghrupo, van todos xuntos camiñando polas aldeas, cantando o maio de porta en porta coa fin de recadar cartos para os seus ghastos.
Ao remate da ronda esta andia quéimase na foghueira da tarde noite do 1 de maio.
O cantar do Maio que entoaban os rapaçes indo coa andia de flores, de porta en porta polas aldeas pedindo cartos, di así:
“Velaí vén o maio carghado de flores, deixa vir San Xoán que as trae mellores.
Levántate maio ti que moito durmistes que pasou abril e ti non o vistes. E ti non o vistes e ti non o vistes, levántate maio ti que moito durmistes.
Velaí aí vén o maio por riba das casas caghando nentellas, caghando cabaças.
O maíño maio é moi pillabán que quer que lle dean os cartos na man.
Levántate maio derriba de min que non sea un conto que mexes por min, e se mexas, mexas, mexa con coidado que non sea un conto que morras afoghado.
Angelitos somos, del çielo venimos, traémos a bolsa, diñeiro pedimos.”
Así mesmo, a andia de maio coa que os rapaçes recorreron as casas da aldea, ou tamén outras aldeas, botábase á valoura ou morea de leña e lixo que a xente acarrexara, e xuntara para arder na noite especial.
Nesta tarde notiña do día 1 de maio, cando xa se ía pondo o sol, xusto no intre de começar a escureçer, era o momento de prender a foghueira.
Tódalas aldeas veçiñas e lonxanas case no mesmo momento de anoiteçer, prendían as súas foghueiras, e das máis pertas a nós escoitábase á xente divertíndose e falando nun rebumbio aleghre de voçes.
Por aquel entón, as noites eran máis limpas, silençiosas, naturais, sen contaminaçión acústica nin lumínica, posto que aínda non existían os problemas de ruído de hoxe en día, nin tampouco cheghara a lus pública ás aldeas. A lus nas casas quiçais fora metida na década dos anos 60.
Dese xeito, estas foghueiras brilaban intensamente na escuridade nunha competençia entre aldeas e parroquias, por ver cales eran máis altas e duradeiras.
Cando a foghueira iba perdendo força había quen tentaba brincar por riba dela con labaradas.
Outros esperaban a que só lle quedasen as ascuas para poder saltalas.
A noite daba para moito e non faltaban as aventuras nocturnas nas que se alternaba o calor da foghueira coas fuxidas de calor da xente. Esto podía durar ata as tantas da madrughada, e sempre había quen empataba co amañeçer.
Ata ben entrados os anos noventa nestes territorios, conectados co mundo natural e aghrícola, somentes se çelebraba a foghueira de maio.
A xente de maior idade lembrábanme que as purificaçións de lume que se façían nestas latitudes da canle de Cures - río Coroño, e supoño que de toda a Serra do Barbança, eran a da noite do 1 de maio, pero non a de San Xoán, que foi un costume importado por medio da televisión, as cal se festexaba noutros territorios.
O 3 de maio é considerado para o pobo como o día de santa crus de maio, anque non fighure como tal no calendario.
Neste día preparábase a crus de maio que era unha crus de madeira envolta toda ela en flores varias, incluídos pampillos ou, tamén podía ir a crus de madeira envolta en flores e deitada nunha caixa de madeira aberta.
Esta crus no caso de ir no aire estaba suxeita polas mans dun neno, que dirixía o ghrupo de rapaçes.
Se a crus envolta en flores ía dentro dunha caixa de madeira aberta entón levábana entre varios.
Deste xeito os que levaban a ofrenda floral encabeçaban o ghrupo que dirixía ós de atrás, e todos a unha camiñaban ata cheghar á aldea ou aldeas onde paraban a cantar coa fin de xuntar cartos para eles. Di este cantar:
- “ Santa crus de maio víndenos buscar que aí veñen os mouros para nos levar.”
- “ Si la crus de mayo tuviera rosales yo compraría la flor de los mares.”