martes, 23 de septiembre de 2008

MÁIS BURRADAS



Eu no sei que tiñan esas excursións do vello instituto, pero tarde ou cedo todas remataban con un burro de por medio, sería unha especie de metáfora para decirson que se non estudiabamos acabariamos gañándonos a ida en Mijas transportando turistas domingueros.

Poderíase preguntar o nome do burro, pero como non o sabemos e a xente que aparece na foto, seguramente sabedes quenes son, non nos queda máis que amosar a foto, para decirvos que non todo cambiou nos derradeiros vintecinco anos, e podo dicir con toda a seguridade, que O BURRO SEGUE IGUAL.



¡Música Maestro!




¿Quen lembra isto??????'TAMÉN OUTRA BURRADA.



4 comentarios:

Anónimo dijo...

Uff cantos anos fai desa foto, creo que algúns deles non cambiaron moito, tan só un pouco máis vellos, jajaja.
Esta César o de Pobra, Pedro, Tucho, Moncha, Maribel, das outras dúas rapazas non me lembro dos nomes; ah!! e o fondo vese coma sempre o inconfundible Rodrigo.

Unha pregunta: ¿Cantos somos xa para a cea? Espero que sexamos moitos, polo menos temos que chegar os douscentos, porque eramos máis de douscentos se mal non me lembro.
Bueno será mellor que vaia a dormir algo que se non maña quedareime pegada as sabanas, jajajaja.
Saudiños para todos.

Anónimo dijo...

Xa me esquecía está clarisimo que o vídeo é REMEDIOS AMAYA co tema QUIEN e foi a EUROVISIÓN, si señores, alá a mandaron, todos recordaremos Ay quien maneja mi barca, e a Remedios descalza.
Remedios Amaya era unha gran cantaora de flamenco, pero estaba claro que en Eurovisión non coñecían o flamenco e que non era unha canción para ir a ese tipo de festival onde todo se movía por política.
E sempre me preguntei dende aquel ano 1983 no que Remedios Amaya nos representou, porque non mandaron a outros músicos doutros lugares nos anos seguintes, podían mandar a OS DIPLOMÁTICOS DE MONTE ALTO, LAX N' BUSTO, ETC, que representarían a outra parte de España.
Con todos os meus respetos ó cante jondo e o flamenco, pero España non só son toros e faralays, España é algo máis.

Anónimo dijo...

Pedro agora ten menos pelo, menos non, bastante menos.
Mada carallo, ¿seguro que oburro segue igual?

Anónimo dijo...

LÉMBROME DE ESA EXCURSIÓN, PASÁRAMOLO EN GRANDE ¿NON TEREDES MÁIS FOTOS POR AHÍ NAS QUE APAREZA O RESTO DA XENTE?