jueves, 25 de septiembre de 2008

XA TEMOS MENU !!!-atopa as 3657 diferencias





Está claro, xa hai menú, atención agora todo o mundo ás instruccións:

-Pagar no Banco de Galicia, no seu defecto Banco Popular, un ingreso de 50 Euros no número de conta--0097 8968 37 05 00149545, concepto --pago de cea.

-Gardar o xustificante do ingreso para entregar a modo de ticket o día da cea.

- Mandar un mail a contabilidade@chicolino.es , identificándovos para decir que o pago xa está feito.

- Estar atentos ó blog, xa que imos poñer un bus, para evitar disgustos, do que daremos máis datos.

- Ter moita fame e máis sede.


E para acabar participar neste concurso.
ATOPA AS 3567 DIFERENCIAS




Estas fotos teñen 3567 diferencias, e o voso cometido atopalas e redactalas.O gañador levará un paquete de Sombra o día da cea. Imos dar unhas pistas para empezar:



1.Mentras na foto de arriba están comendo xeados ONDINA, na de abaixo están facendo o parbo.

2. Na foto de arriba hai máis xente que na foto de abaixo.

3.A pesar do punto 2. Na foto de arriba hai menos kilos que na foto de abaixo.

4...???????

5....???????



Adicada a unha das rapazas, música dos 80





18 comentarios:

Anónimo dijo...

Caseque me estou babando ....pero ...o das vieiras...:(((....non me acaba de convencer.....Non serán frescas???

Anónimo dijo...

En relación con las vieiras quiero deciros que no teneis nada que temer. Yo misma me he encargado de suministrárselas a Chicolino y, como ya dije en su momento, mi preocupación es proporcionar siempre la máxima calidad a mis clientes. Atte, TOÑI VICENTE.

Anónimo dijo...

As diferencias son máis ca evidentes, cada un dos ahí retratados ten agora 25 anos máis e o tempo non pasa en balde....
De tódalas maneiras algún está máis juapo na segunda fotografía que na primeira, eran outros tempos e os modelitos e os peinados hoxe están un poco "out".
O tempo pasa e esta xente que antes estaba na alameda cos seus colegas, hoxe están diante do concello paseando ós seus fillos/as.

Anónimo dijo...

Pois sí, o tempo tratou bastante ben ós que nesta foto están. De tódolos xeitos, eu tiven que mirar dúas veces antes de recoñecer a algún, e aínda así non recoñezo a todos: creo que pasaron 25-3=22 anos desde a última vez que os vin.

Anónimo dijo...

Non creo que as vieiras as mandara Toñi.....Chicololino sabe bastante , por non decir máis, deste tema que moitos grandes cociñeiros..:-)))
Pero de todas...todas...uuummmm!!!Non sei eu...

Anónimo dijo...

Como estamos en tempos de crisis, desde a organización queremos facer constar que, se ben entendemos que 50 € non os caja un can nun arredor, acordamos que, dado que un 25 aniversario non se celebra todos os días, non podíamos deixar pasar a oportunidade de meterlle o dente a un marisquiño e decidimos estirarnos un pouco inda que teñamos que pasar unha semana a torresnos. Así e todo, queremos tamén facer constar que Arturo portouse e vainos a poñer un menú de máis cartos por eses cincuenta euros (sin contara o riesjo que supón poñer barra libre sin saber cantos vamos a ir e sabendo que aljúns beben hasta a ajua dos floreros). De todo-los xeitos, non queremos que nadie deixe de asistir a cea inda que agora mesmo non lle veña ven económicamente. Por eso Luis Ferreirós ofreceuse amablemente a sufragar o 50% do custe de aqueles ó que agora non nos veña ben. Non temos máis que mandarlle un correo e facerllo saber.
Saúdos. A ORGANIZACIÓN.

Anónimo dijo...

Non me extrañaría que pagase,.... co ben que vive, sen fillos que manter

Anónimo dijo...

Pois a semana pasada os do Instituto de Ribeira celebraron o seu 30 aniversario, pagaron 45 euros e non houbo marisco. Asi que ben os vale este menú, tendo en conta os entrantes que Arturo elixe tan ben, o resto do menú, as copas e a música, porqué supoño Luisiño que haberá alguen que leve a lo menos un cd cas músicas daquela época, non Si? e si non que Carlos leve o acordeón, Jose F. pode bailar e os demais batemolas palmas.

Anónimo dijo...

Moi ben, moi ben andando se fai camiño. Xa temos menú, xa temos transporte, xa temos música, pero e a roupa, ¿qué pasa ca roupa?.¿Algunha idea de como temos que ir vestidos? Acaso moi formales, acaso perralleiros (tipo Melendi), non teño nin idea. Calquer idea e boa bueno menos a de levar "juatas".
Dentro de uns días empeza a conta atrás, e hai que cargar motores. Por certo ós que vivades por Cespón ou Abanqueiro ¿avisachedes a Rafa un tío estupendo que estaba 3º e era moi amigo de Santos o de Cabo, e a Rosiña a de Fontedemouro? Para os de Boiro haber si hay algun valiente que vaia ó rescate de Calo a sua casa, para que o podamos volver a ver ante de que pasen outros vinte anos.

Administrador dijo...

da música encargome eu, a ver se Arturoi pode traer un mp3 e borralla teño a de Dioses Cristos

Anónimo dijo...

Xa vexo que estás ahí e que fas os teus deberes. Moi ben Luisiño moi ben, cando acabe esta cea teremos que organizar outra para homenaxear a todos aqueles que coma ti que adican o seu tempo a facer un pouco mais felices os demais. Bueno eu seguía dando ideas pero vou para a cama que mañan teño que levalos rapaces á escola.

Anónimo dijo...

Eu propoño que á cena vaiamos caracterizados dos 80. E que cambiemos as vieiras da ensalada por calquera outro fruto do mar (arneiróns, lapas, queimacasas, arjaso, ..)Tampouco me convencen as cigalas, van moi caras e esta temporada disque están moi cabesudas. Unhas parrochiñas jisadas non estarían mal. Co que aforraríamos con estes axustes poderiamos aumentarlle 1 salsa ao solomillo (que podería ser de zarigüella para abaratar un pouco máis). En total, 3 € con 27 cts. A bebida correría a cargo de cada un. Eu teño preparada unha damajuana de caña nejra.

Anónimo dijo...

La que esta al lado de lili hoy esta como un tren.si vas a la cena lleva un a flor en el pecho para ligar contigo

Anónimo dijo...

MARY HERMO ERES UN SACO SIN FONDO

Anónimo dijo...

Moitas gracias polo piropo, a ver vótame outro porfa....... que me poño colorada.
Saúdiños.

Anónimo dijo...

Sodes todos moy divertidos.
Ninguen se lembra que do instituto de Ribeira viñemos moita xente da chamada "xeneración perdida"? eso e importante, moita ente caeu polo camiño, Maximo morreu en cicustancias tristes pero era un dos que o primeiro ano iba a fumar os porros coma todo o mundo o piso de arriba cando fomos os primeiros en estrenar o instituto. Houbo moita xente perdida nas drogas e moitos malos tratos familiares, pais que pegaban os fillos con cinturóns e pais que espiaban as parellas nas colonias... non todo e Abba, houbo moito dolor e moito maltrato en todos os sentidos.
Non vou cear si a cea consite nunha conacha hipócrita. Espero un comunicado denunciando os problemass da epoca...tratase da nosa memoria historica´
Bicos a tod@s

Anónimo dijo...

Non tiña ningunha intención de entrar ó trapo de algúns comentarios perpetrados no blog. Pero chega un momento en que, disculparanme as Sras., ínflanselle os juevos a calquera. ¿algún dos escocidos me pode explicar como se pode vivir 25 anos sin ter medo a morderse a lengua e morrer envenenado? ¿quén collóns vos creedes que sodes para xulgar a un semellante cando está matemáticamente demostrado que sempre fala o coxo da maneira de andar?
Pode que a algún lle deran co cinto na cabeza ca febilla para diante.Pode. Hasta é posible que algún teña algún tipo de trauma infantil co alcohol. O que non é en absoluto posible é que este alejrias fumara o mésmo ca Máximo porque a él dáballe por rir, por disfrutar da vida, por respetar á xente, por facer amigos.Pero sobre todo, por non culpar nunca a nadie dos seus éxitos nin dos seus fracasos, que os tuvo po-la súa condición humana.
Pero é que agora vai a resultar que lle debemos algo a este tipo de indivíduos que, con argumentos falaces e siloxismos de primate, nun acto de sublime cobardía arremete contra quén non está e inda así teme identificarse.
Dunha cousa non me cabe a menor dúbida. Pertence á xeneración perdida. Tan perdida que non caeu na conta, 25 anos despois, de que na vida non existe libro de reclamacións nin oficina do consumidor. Tanto, que non entende nin acepta que alguien pretenda sentar a unha mesa a ABBA e ós Chunguitos,á risa, ás penas, ás ilusións ou mesmo ós sonos incumplidos para mesturar todo e compartir a media. Tan perdida que hai que repetirlle unha e outra vez que a intolerancia non ten silla.

Anónimo dijo...

SI A VIDA NON É ABBA...¡SERA LOJO ACDC! (NON TE JODE O ANONIMO ESTE!).