Non son moi boa expresándome, así que espero que desculpedes os erros de sintaxe ou ortografía, que como a normativa esta cada pouco cambiando, líame tanto cambio. Tamén dicir que non nomeo a todos os profesores pois teño que votar moito tempo atrás para lembrar todos os nomes e como repetín tanto, como para saber en que ano me deu clase cada quen. Pode que alguén se lembre daquela cea e poida comentar algo máis.
Foi aló polo curso 87-88 repetindo o COU, se mal non me lembro, acabábase o curso para os alumnos de COU, bueno para algúns pois outros seguían adiante cara a selectividade, e outros xa pensabamos en setembro, evidentemente eu quedei coas gañas de aprobar, e por riba de suspender a Bioloxía, quedoume tamén Matemáticas por iso de que estaba as portas e que o podía mellorar en setembro.
Foi aló polo curso 87-88 repetindo o COU, se mal non me lembro, acabábase o curso para os alumnos de COU, bueno para algúns pois outros seguían adiante cara a selectividade, e outros xa pensabamos en setembro, evidentemente eu quedei coas gañas de aprobar, e por riba de suspender a Bioloxía, quedoume tamén Matemáticas por iso de que estaba as portas e que o podía mellorar en setembro.
Lembro que todo se estaba preparando para a famosa cea de COU, o finalizar o curso e antes da Selectividade, eu tiña que argallar algo, algo que quedase ou polo menos que acojonase a algún dos profesores daquel ano, se mal non me lembro, algúns dos profesores foran Deira con filosofía, Rosa Pumar con bioloxía, Remedios con inglés, entre outros dos que non estou moi segura pois ó repetir e cos anos que van aló, como para lembrarse de todo.
Ó que ía, eu estaba buscando a maneira de que a cea fose divertida, e dalgún xeito que aqueles profesores e alumnos que se xuntaban para confraternizar se risen, así que decidín encher a todos os profesores de hostias ou ostias, e en dar un pequeno discurso antes de darlles o seu regalo, así que como a h é muda o discurso deixaría a algún que outro con cara de trágame terra ou a saber de que.
Uns días antes da cea falei co cura para que me dese uns paneis de hostias sen consagrar, e así o fixo, lembro de que xa mas trouxera preparadiñas nunha bolsa, eu dixéralle que eran para unha tarta pero esta clarísimo que daquela D. Paco o cura non me creu.
Así que chegado o día esperado cheguei á de Chicolino e fun dereitiña para a cociña para que me preparasen unha gran bandexa con aquelas hostias, e así foi, esperei ata a hora do postre para darlles a sorpresa, estaba ansiosa pola chegada do momento e de verlles as caras a todos aqueles profesores, e por fin chegou o postre, lembro que na miña mesa estaba Remedios a de inglés a que lle enchiamos a copa de viño cada pouco e que debía temerse algo, eu e un par de compañeiras fomos a cociña e volvemos ó salón con moitas ganas, elas coa bandexa detrás de min y eu abrindo paso, dentro do salón pedinlles a todos un pouco de atención pois quería darlles un pequeno discurso, e lembro que empezara dicindo algo así como “Para estes profesores, por todo este ano dese comportamento, e polos suspensos, hoxe quero enchelos a hostias.....” xa vos podedes imaxinar a cara dalgúns, claro o h é mudo, que pena dunha cámara para reflexar aquelas caras de asombro e incredulidade ante as ostias que pensaban que lles ían dar.
E de repente sacamos a bandexa e empecei dándolle a todos unha hostia, logo as caras cambiaron e viñeron as risas, pero recoñezo que gañas non me faltaron de dar ostias sen h, pero bueno aquilo foi un momento para lembrar hoxe como un bo recordo e sobre todo as risas de todos.
Mary Hermo con H.
Mary Hermo con H.
12 comentarios:
Acordome do asunto, eu xa estaba en Santiago, pero fora moi comentado polo povo, a verdade é que algúns merecíanas.
A ver se ai algún que se lembre quen foi o que máis ostias levou.
Veña que desta tamén a teremos que facer boa.
Saudiños a todos.
Mary, eu débolle un par de OSTIAS a algunha que sei
Mary olvida os vellos renconres e non nos enchas de ostias na cea.
Papa ostias
¿Cal é o programa do día 17? ¿Presentarse na de Chicolino sen maís?
Outra dúbida, ¿podese facelo pagamento a través da rede? Si vale o recibo que sacamos polo ordenador sería mais fácil para alguns de nos.
Apoio a pregunta anterior, sitio, lugar e hora ou sexa mais moderno o meeting point do día B.
Para todos aqueles que dispois de tantos anos crean que teñan algun problema de silueta ou de alopecia recomendolles o video de pelopatras en you tube.
Luis, necesito saber el titular de la cuenta para poder hacer la transferencia del pago. Aunque sepamos el concepto, necesito el dato para poder hacer la transferencia desde mi casa. Gracias
A conta está a nombre de JOSE FAJARDO S.L. (chicolino, para os clientes)
Veña a apuntarse....
Para o que me dixo que "olvida os vellos rencores e non nos enchas de ostias na cea".
Están esquecidos, que vida levaría se aínda gardase algún tipo de rancor despois de tantos anos, e ademais aquilo fora unha boa broma e que traballiño pasara para poñer cara sería e non comezar a rir a esgallada limpa, porque para todos os que levaron as ostias, recoñezo agora pero que non me esoite ninguén, que me estaba a rir por dentro que ata mexaba por min.
Saúdiños.
Eu quero argallar algo para o día da cea, ¿QUEN ME AXUDA? Porque non todo vai ser ai como cambiaches estás maís favorecida; i eu non cambien nada bueno agora non teño dentadura que a postiza debina perder o outro día de movida, jajajja.
A poñer eses cerebros a traballar que ten que ser soada, para logo lembrar dentro doutros 25.
Saúdos a todoooooooosssssssssssss.
¿quéfoi o que pasou co asunto das hostias?
Publicar un comentario