Conocía un pouco a Jordan, sabía que tocaba o trombón de varas nunha orquesta e entereime da súa morte por un cartel que anunciaba unha homenaxe á súa persoa, bastante mais a Máximo (sobre todo por unha inolvidable excursión en COU) e, a Pablo Félix tíveno dous anos de compañeiro de pupitre.
De Pablo só podo ter boas palabras, sempre me botaba unha man para o que fixera falta e era imposible non velo de bo humor. El díxome máis de unha vez que iba morrer xoven, (decíamo cando tiña algunha pequena dor, ainda que fose no cóbado), eu non lle facía moito caso e non me podía imaxinar que iba ter razón.
Si unha cousa tiñan en común os tres eran as ganas de disfrutar da vida (ainda que soe a tópico, era así) e seguro que si estiveran nestas celebracións íbano a pasar moi ben. Vaia para eles este pequeno recordo.
PDTA: Por certo, con eles temos agotado o cupo de baixas, e ata o 75 aniversario do instituto non pode faltar ninguén.
Tino Casal, morreu en accidente de tráfico o 22 de setembro de 1991, Tino Casal regresa de madrugada dunha festa na discoteca Ática, nun Opel Corsa de cor blanco, pola estrada M-500.
O vehículo, que non estaba conducido polo propio Casal, perde o control ó tomar unha curva con exceso de velocidade e pega contra unha das farolas que bordean a estrada. Casal foi o único falecido dos cinco ocupantes .
A nova estremeceu ó mundo da música en España, e incluso personalidades mundiales da música David Bowie, George Michael, Boy George y Peter Murphy entre otros acudieron ó funeral de Tino Casal en Tudela.
Esto vai polos nosos tres amigos, que nos deixaron na estrada, ondequeira que esteades, un saúdo e o día 17 unha copa na vosa honra.
Pepe Mouriño.
7 comentarios:
Por desgracia houbo máis pérdidas, Recordo con cariño ó alumno (aínda que non un estudiante brillante) que quizais máis tempo botou no Instituto e que cando rematou o seu tempo nel, tiña medo do que lle esperaba. Un abrazo para él...e para todos os que se foron tan cedo...
Por todos os que xa non están, e que de cando en vez lembramos, alá onde se atopen seguiremos lembrados aínda que so sexa de vez en cando.
Saúdos para todos.
Eu recordo especialmente a Jordan, e un pouco a Pablo.
¿Quen é ese alumno do que falas no primeiro comentario?
Un poema por todos os que nos deixaron, e para todos os que aínda quedan.
Xa chegou a noite,
xa estás durmido,
síntote, si sinto,
o teu latido,
a túa respiración,
esa dozura do teu corazón
que fai que eu viva.
Cantos sentimentos
se me achegan,
a escondidas
e que en min se quedan
cando estas durmido,
ámote tanto,
que non sei que daría
por un amor
algo máis pausado e tranquilo,
É a túa mirada,
o teu sorriso,
non o sei,
pero estas aló,
aló dentro
na miña alma,
e agora a escuras,
dígote
o que non te diría de día.
Joder! Qué desconocidos están todos. Vexo a Jose Manuelito Ferreirós, Dani Bocacho, Toño Abeijón, ... O da pañueleta amarilla é Rodrigo?
Comentario 1: o alumno non pertence á primeira promoción pero merece ( pola súa estancia no noso centro) un recordo cariñoso: pantalóns baixos (moi baixos), vicera, e unha mochila (sempre a mesma )....SERGIO
lapsus: visera (non vicera):-(((
Publicar un comentario