Recordo como algo non tan distante aquel mes de outubro de 1983. 21 profesores e uns 250 alumnos para inaugurar un instituto todavía sen rematar. Foi una experiencia inolvidable .
Coñecín a moitos compañeiros e alumnos, que sempre estarán no meu recordo, pero un deles quedou grabado na miña memoria por todo o que representou para min e polo seu tráxico destino: MÁXIMO.
Máximo era coma un neno grande tanto polo seu tamaño físico coma pola sua inocencia. Pronto fixemos boas migas polo amor ao deporte que ambos profesabamos. Era habitual mixturarnos cos alumnos para xogar ao baloncesto.
Recordo tamén como polas tardes ao rematar as clases xogábamos no ximnasio ou faciamos footing .
Máximo era a persona máis despistada do mundo. Un ano matriculouse para facer as oposición e esqueceuse de acudir o día do inicio das mesmas.
Podería contar moitas máis anécdotas como cando nos os dous fomos cos alumnos de excursión a Benidorm.Sei que todos, alumnos e profesores, adorabades a Máximo e que el tamén sentía o mesmo por vos.
Vaian estas líneas na memoria dunha persona inexquencible MÁXIMO VICENTE SUÁREZ
Manolo Anca
domingo, 7 de septiembre de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Só engadirei a este escrito tan acertado o que eu recordo con moito cariño: a súa mirada pilla e chea de espontaneidade.
Efectivamente o botamos todos de menos.
Còmo recordo a presentaciòn de Màximo como o noso profesor de Ximnasia,cando o vìn dìxenme ¡ Por fìn un profesor que parece realmente un profesor de Ximnasia!.Gracias a èl intentei que a miña vida se encaminase a docencia do deporte INEF, aìnda que por diferentes causas a miña vida foi por outros derroteiros; pero non a de meu irmàn o que tamèn lle dou èl clase e eu tanto lle inculquei que fixera INEF, sendo agora profesor nun instituto.Eu tamèn fun a esa excursiòn de Benidorm e tanto tì Anca como Màximo fostedes uns acompañantes ideales.Un abrazo
Publicar un comentario