viernes, 19 de septiembre de 2008
GAUDEAMOS IGITUR-R.Rey
CON MOTIVO DO SENTENARIASO INAUGURASE UNHA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFIA DA ASOCIACIÓN OLLÁPARO NO IES PRAIA BARRAÑA,CUNA DE XENTE ILUSTRE.
FELIZ 25 ANIVERSARIO
Nin era unha fría mañá de outono nin calorosa. Insulsa. Como se a climatoloxía quixera compasar tan apática inauguración do Instituto de Bacharelato de Boiro.
Xoves 13 de outubro de 1983.
Armazóns de ferro para columnas, area, cemento e ladrillo sorteaban os alumnos e profesores para chegar ata un porche onde se amoreaban mesas e cadeiras que, con inxenua ilusión, subían ata as aulas.
O corresponsal de La Voz de Galicia con paisana retranca comenta “no hay Biblioteca ni Salón de Actos, tampoco hay laboratorios…aulas y menos mal”.
Aquela crónica do citado Xornal coruñés fai unha lista, podo asegurar que non exhaustiva, das carencias: faltaba profesor de Educación Física, de Relixión, limpadoras…os alumnos tiñan que trasladar a súa mesa de aula en aula nas materias de desdobres, e un longuísimo e ata divertido etcétera. Rematado coa guinda: “os aseos aínda non funcionan”.
Non obstante é un momento inesquecíbel no corazón dos que o vivimos.
Inesquecíbel a cara do electricista que se colaba na aula sen pedir permiso e se lle demandaba o aoristo dun verbo grego.
Inesquecíbel a Policia Municipal regulando o tráfico da manifestación de alumnos que reclamaban calefacción e limpadoras.
Inequecibeis as mariscadas no Chicolino, con Don Paco o cura bendecindo para que se multiplicaran as cigalas…, o caco contratado para violar o maletero do coche de certo profesor e facerse cos exames…, San Xurxo, agora Padre Marcelino, e o Pelengrinisaurio.
Inesquecíbel Máximo.
Daquela eran alumnos, hoxe son pais e nais de alumnos, profesionais,sindicalistas, profesores e profesoras do Centro, ata curas.
Aínda non hai biblioteca nin salón de actos que merezan tal nome. Pero o IES Praia Barraña cumpre 25 anos.
GAUDEAMUS IGITUR!
Rodrigo Rey
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
13 comentarios:
"GAUDEAMUS IGITUR" RETOCADO.
Alegrémonos pues,
mientras seamos jóvenes.
Tras la divertida juventud,
tras la incómoda vejez,
nos recibirá la tierra.
¿Dónde están los que antes que nosotros
pasaron por el mundo?
Subid al mundo de los cielos,
descended a los infiernos,
donde ellos ya estuvieron.
Viva el Instituto,
vivan los profesores.
Vivan todos y cada uno
de sus miembros,
resplandezcan siempre.
Nuestra vida es corta,
en breve se acaba.
Viene la muerte velozmente,
nos arrastra cruelmente,
no respeta a nadie.
¡Viva nuestra sociedad!
¡Vivan los que estudian!
¡Vivan los que no estudian!
¡Vivan todos!
Que crezca la única verdad,
que florezca la fraternidad
y la prosperidad de la patria.
Viva también la vida,
y que nosotros la dirigamos.
Viva nuestra ciudad,
y la generosidad
que aquí nos acoge.
Muera la tristeza,
mueran los que odian.
Muera el diablo,
cualquier otro monstruo,
y quienes se burlan.
Florezca la Alma Mater
que nos ha educado,
y ha reunido a los queridos compañeros
que por regiones alejadas
estaban dispersos.
Bravo pola xente que escribe ben, !sí señor!, e bravo pola xente que organizou este blog! Por outra banda, lamento que alguén chegase a malinterpretar a miña inserción da URL da páxina do CERN nun comentario. Eu non saquei o tema dese acelerador, pero cando vin que se falou del, ainda que fora nun tono humorístico, publiquei a súa URL porque sempre pode haber alguén interesado en botarlle un vistazo ós contidos divulgativos que ten. Teñen incluso un departamento orientado a producción de materiais educativos (presentacións powerpoint etc.) para a ensinanza secundaria, e supoño que este foro ten uns cuantos profesores entre os seus membros. Lonxe de min a intención de facer ningún tipo de estúpida e petulante presunción der persoa que chegou a... ningunha parte.
Unha aperta.
Juan J. Saborido
Non entendo moi ben como se pudo "malinterpretar a miña inserción da URL da páxina do CERN"...A min gustoume saber algo máis e que se me ofrecera a posibilidade de facelo fácil.A envexa insana é unha enfermedade moi grave. Miña noraboa para todos os alumnos que aproveitaron os seus coñecementos, de todo tipo, que puideran adquirir no IES e tamén claro está nas súas propias vivencias. E aquel que sinta que non acadou o que quería nunca é tarde...ánimo a todos. Ten razón J.J. Saborido: resulta moito máis agradable ler palabras que queren compartir ilusión e emoción que adicarlle un protagonismo á Pantoja e á súa familia.... ou ir por camiños un pouco "faltos de interés"
Amigo Saborido podes estar ben tranquilo porqué eu que levo seguindo o blog dende o seu inicio creo que a cousa non iba por tí. Sería de perfectos ignorantes non valorar o que tí e moitos coma ti acadaron con esforzo sacrificio e esa pouca de sorte que sempre fai falla. Como crucense, digoche que estou ben orgullosa do que ti conseguiches, e coma min moitos veciños que o mellor nin coñeces, ós que nos achegabamos todolos anos a teus pais para acadar novas dos teus avances e dende logo non teñas ningunha dubida en colgar no blog calquer cousa que consideres interesante.
Creo que non se trata nin de envidias nin de resentimentos, pero por un momento a min tamen me pareceu que do instituto so saíran inxenieiros, coma se non existisen empresarios, camareros, repartidores,conductores, mariñeiros, escritores , eternos opositores, parados, etc, ou amigos/as que dispois de ler o blog me decían que non se atrevian a ir porqué mira como eran antes e mira como son agora. Pero logo cheguei a conclusión de que temos que sacarnos os complexos de enrriba e non molestarnos por ver opinions distintas as nosas, nin siquera aquelas que consideran que as amas de casa solo nos interesamos pola Pantoja e a sua recua. Só me molestan as malas personas do resto canto mais heteroxéneo sea un grupo mellor, a min os uniformes so me gustan os que se poñen na escola.
Unha aperta.
"nin siquera aquelas que consideran que as amas de casa solo nos interesamos pola Pantoja e a sua recua"
En ningún caso mentei ás amas de cas ás que valoro na súa xusta e merecida medida, tendo en conta que eu o son igualmente.O que quixen decir é que se alguén dixera algo inapropiado sobre o escrito de J.J. Saborido, me parecía fora de tono....como creo que ti mesma cres. Espero haber deixado ben claro que todo o mundo é importante: cada un/unha no seu ámbito.
*Ata agora non dixera nada da Pantioja, que a pobre non ten culpa ningunha, pero me molestou que se pudera atacar ós demais con tanta alegría, e sen xeito.
Creo que me enredo cada vez máis....!! :(
Para min todos e todas sodes IMPORTANTEZ: ASI QUE APORTADE AS VOSAS EXPERIENCIAS...:-)))
Sinto contradecirvos queridas amigas, eu si teño envidia, pero moita moita. Xa fun a un grupo de apoio, comprei libros de autoaxuda, e nada, a miña envidia crece e crece cada día. Pero claro J.J. necesitote a ti e a xente coma ti para poder expresarme , senon de qué iba a falar eu? Así que animoche a ti, a Mary Hermo, e a todolos anónimos compañeiros de instituto a que sigades escribindo, necesitovos.
Vou comer, que non so de envidia vive o home.
Vale, agora que xa nos coñecemos todos, que tal se imos có importante ou sexa A Papatoria. Querido Luisiño ¿non vai sendo hora de que se vaian dando ideas para ver que imos comer o día D na hora H? Un tema tan importante coma este non se pode deixar para a última hora. Ala¡ eu tamén vou a papear que a miña muller vaime a tirar o plato de patacas fritas á cabeza.
UNHA SUXERENCIA PARA O MENU:O QUE SE VAI LEVAR A bARCELONA EN REPRESENTACIÓN DA RÍA DE AROUSA: A REINA DAS REINAS!!!!!
Perdón: a RAIÑA de todas e o paraiso na terra....qué mellor?? qué decides a eso os do Cabo???
:-)))
En la cena a la que acudirán 400 personas se degustarán 50 kilos de pulpo, 70 de almejas, 40 de percebes, 50 de berberechos y 100 de mejillones, donados por las cofradías y la Agrupación de Mexilloeiros de Cabo de Cruz, y 100 botellas de albariño donadas por Paco Crusat.
Correo gallego 19/09/2008
Iso, que xa se acerca a papatoria, veña compañeiros, temos que ter un menú orixinal pero rico, rico como di o Arguiñano.
Espero que o noso compañeiro Chicolino aporte algunha grande idea, e xa sabes todo natural e da terriña, JAJAJAJA.
Saudiños
Fala Luisiño que estas moi calado. Seguro que ti xa sabes algo ou tes algunha brillante idea que propoñernos, ti xa sabes que ós do Cabo gustanos a calidade e seguro que sa tes algo pensado.
Menú sugerido
1º Ancas de rana con curry (tipica salsa inglesa)
2º Terndeira en bloque nacionalista galego
3ºPostre Platinis flambeados
Precios
-Triunfadores en la vida +60.000 euros anuales......50euros
-Casados/as con hipoteca.....30 euros
-
Divorciados/separados/arrimados/pecadores.....25 euros
-Resto mortales.....20 euros
-Marcelino.....la colecta del domingo de misa.
Publicar un comentario