jueves, 4 de septiembre de 2008
OUI-JA
Oui- Sí en francés, Ja- Sí en alemán, estas dúas palabras combinadas fan o nome dun ¿xogo?, ou más ben unha especie de aparello para poñerse en contacto co máis alá, consiste nunha táboa co alfabeto os números e as palabras SÍ e NON, e unha especie de punteiro sobre o cal os ceremoniantes poñen os seus dedos, e que se vai movendo buscando as letras e números que darán respostas ás preguntas que se lle efectúen ó espíritu en cuestión.
Non sei exactamente coma se puxo de moda, pero creo que todo empezou con Fran Sánchez (Supersan), facendo na clase de 3º A unha sesión de relaxación, pola cal accederíamos a unha especie de trance que nos serviría para atoparnos a nós mesmos.
O feito é que fomos dez ou doce os que fixemos a dita sesión, dos cales dez tivemos que aguantar a risa e só unha rapaza,(avisade si me equivoco) logrou un punto de semi-relaxación que a fixo entrar en trance e non se acordaba de nada, en realidade eu creo que se quedou durmida, porque non era que non se atopase a sí mesma, senón que casi non atopa porta para sair.
Por aquela época empezaron un grupo de rapazas a flirtear co paranormal, e non se lles ocurriu nada máis que fabricar unha OUIJA, era unha OUIJA caseira, xa que consistía en escribir as letras, os números e as palabras SÍ e NON nunha mesa escolar, e na vez do punteiro utilizaban un vaso que supostamente unha vez contactado o espíritu se iría movendo para dar respostas., se o profesor Jimenez del Oso chegara a ver o que estaban facendo, a verdade non sei o que faría , pero foi un espectáculo bastante lamentable, mozas, engañándose a sí mesmas, suxestionándose, pensando que estaban tomando contacto cos difuntos, cando en realidade eran elas mesmas as que movían o citado vaso.
Hai tempo que non vou polo instituto, pero alá polo ano 85, había (non sei si hai), unha
especie de tellado que impedía que nos molláramos cando ibamos ó ximnasio, e pensando ben, si tapaba, tamén se podía camiñar por riba.
As clases de 3º estaban situadas no primeiro andar, de frente á esquerda, a do fondo era 3º A (letras), a do medio era 3º B (ciencias), e a primeira ó lado das escaleiras e en frente ós baños, era a aula de desdobles, onde daban clase os de optativas diferentes; Ahí , exactamente nesta clase era onde se facían as sesións que intentaban contactar cos espíritus dos finados.
Nunca fun a unha sesión de este tipo, a mín as cousas dos mortos danme moito respeto, pero nembargantes o que sí facíamos era escoitar tra-la porta. E foi cando sucedeu, estabamos escoitando Eu e máis outro chaval cando oimos unhas voces dentro que invocaban a un finado:
-"Paquirri, Paquirri, manifiéstate", gritaba a medium.
-"Se mueve niñas , se mueve ", dixo outra contactada.
-"Paquirri, Paquirri, ¿cuándo es mi cumpleaños?",interviu outra rapaza,
O vaso empezou a moverse, e empezou a marcar 8.....1....1...
-"¡Sí, sí, es el ocho de noviembre, es él, es él!
Non sei ben quen movía o vaso, supoño que entre todas un pouco, creo que eran seis ou sete, e xa supoñedes quenes eran, pero o caso é que estaban entusiasmadas.
-"Paquirri, danos una señal"
Nese momento, outro compañeiro se descolgara pola fiestra de 3ºA, e camiñando pola pasarela, chegou ata a da aula de desdobre, que estaba coas persianas baixas, e empezou a golpealas.Ese era o sinal que estaban esperando.
Saíron escopetadas da clase gritando como posesas, mentras os rapaces nos partíamos o cú de risa; Penso que aquel foi o último día que xogaron a OUI-JA, porque xa sabedes, cos mortos non se xoga.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
a mala sorte do espectáculo "cultural" de tortura de animales. Non sempre morre o torturado.
falando da ouija, era moi popular nese momento invocar ao espiritu de verónica, acordádesvos?
Publicar un comentario