miércoles, 24 de septiembre de 2008

ESE IMBÉCIL DO CHAPEU



O Bar Muñiz é un dos poucos, xunto co Bocacho, Central e Os Trillizos que durante estes vintecinco anos permaneceu aberto,non mutou a súa imaxe e cambiou un pouco de tipo de clientela, antes iamos os rapaces e xoves que nos creiamos entendidos en música a poñer a andar a vella pianola e poder escoitar música de actualidade (eu poñía o Shine de Mike Oldfield) e tamén vellos clásicos,agora,...non teño nin idea do tipo de xente que vai.

Ademáis tiña as maquinitas que, claro está, enganchaban, .... lembro unha de circuitos de coches na que Luis o camareiro era un experto xogando a unha sola man,e tamén a mítica Ghost n' Goblins, na que un cabaleiro da idade media iba paseando por un camposanto en coiros, lanzando dagas ou lanzas, destruindo monstruos, para í poder rescatar á súa dona.
Era 1985, e eu e máis un par de rapaces de primeiro, nos veíamos polas tardes antes da entrada do Instituto, no Muñiz, alí poñíamos unhas cantas cancións na vella pianola, e lle pedíamos a Luis o do Muñiz, que nos dese cambio, collíamos as moedas de cinco pesos, e llas botábamos á maquinita de INDIANA JONES AND THE TEMPLE OF DOOM (vamos, o Templo Maldito), alí intentábamos pasar o tempo e as fases, da mellor amaneira que as nosas habilidades nolo permitían.
Na primeira, o personaxe, Indiana, iba unha vella mina, subindo, baixando, esquivando hindúes, que dedicaban a perseguirte, e liberando rapaces cautivos nunhas gaiolas de madeira.O sumo sacerdote lanzaba corazóns de lume que tí espantabas dándolle co látigo.

Cando conseguías liberar a todos, pasaban á vagoneta, carretilla ou como lle queiras chamar, alí, nunhas vías semidestruidas, intentabas chegar ó final, accionando o cambiador de raís a latigazos, mentras intentabas librarte dos pesadísimos hindúes.
Na terceira e última fase, Indiana, intentaba recuperar a Pedra de Sankara, coa que volverían as colleitas e os nenos ó poboado. Saltabas un río de lava, espantabas ós omnipresentes hindúes a latigazos, mentras tanto Mola Ram, o sacerdote da deusa Kali, lanzaba os repetitivos corazóns de lume, que trataban de rematar co enredo, coma se soubesen que era hora e liscar para a clase.

Nunca entendín porque non poñían na maquinita á guapísima Kate Capshaw, tampouco entendín porque ó acabar as fases non te regalaban unha partida, o que sei e que alí nos deixabamos cinco ou dez pesos diarios, xogando a ser Indiana Jones, eles xogaban moito mellor ca mín, pero eu pasabao ben.
Chegaba tarde á clase, claro, e entraba ante a mirada dos meus compañeiros e compañeiras mentras Deira decía eso de "¡A ver, oh!, ¿cómo chegas tan tarde oh?", total, que a Filosofía deixeina para Setembro, e curiosamente me empezou a interesar cando xa deixara o Instituto.
Pasaron moitos anos, e Indiana Jones aínda rebule, Deira tamén, os dous rapaces de primeiro non acabaron moi ben, un morreu en extranas circunstancias e ó outro vexoo pola rúa como un zombi e collendo o autobús para ir á UMAD de Ribeira, ¿e eu?, pois,....xa non me gustan os video xogos e espantame ver como rapaces de 5 anos están enganchados á Nintendo, pero de vez en cando miro para eles e boto un sorris......lembrando cando hai moito tempo, durante algúns momentos, podías ser INDIANA JONES.



5 comentarios:

Anónimo dijo...

Que tempos aqueles, é certo que os vídeo xogos evolucionaron moito ata o punto de que hoxe en día parecen reais, e daquela eran pequenos macacos con movementos torpes, coches que non tiñan tanto realismo.
Non sei se esa evolución é boa ou non, o que si sei é que antes non tiñamos playstation, gameboy, nintendo ds, antes íamos xogar a algún dos bares que tiñan máquinita de xogos, lembrome da que tiñan no Farmasia, era un xogo de atletismo na que para gañar os 100 mts tiñas que darlle tan rápido o botón que ata che quedaban os dedos adoecidos.
Plantexo unha pregunta os que hoxe son pais: ¿Credes que é bo que os nenos pasen tanto tempo xogando coa consola ou no ordenador cos xogos?
Saúdos.

Anónimo dijo...

non dou pasado o primeiro regato do ghost and goblins. esa illa móvese demasiado.alguén sabe o truco?

Anónimo dijo...

hai que manter o equilibrio sobre a illa, saltar en vertical cando che disparen, sempre cocher os cuchillos e non perder a armadura. Se pasas vale a pena, esa máuina engancha

Anónimo dijo...

Aqueles videoxogos tamén marcaron época. Paperboy,double dragon, bagman, charlie circus,phoenix, comando...
Gráficos sinxelos,baixa definición, pouca capacidade de maniobra e outros handicaps non puideron evitar que todos nos enganchásemos a unha ou outra maquiniña.¿Cal era o voso favorito?

Anónimo dijo...

o meu videoxogho favorito era un dunha moto ca que viaxabas a distintas siudades de EEUU.tiñas que evitar os coches que che viñan de frente e sortear toda clase de ostáculos que ían aparesendo no teu camiño ("cáctuses", pedrasas , posas de aseite...) tamén tiñas que repostar "fuel" para evitar quedarte seco.
non sei como se chamaba pero jastei unhas cuantas moedas de sinco pesos do mundial 82 e outras cuantas dun tipo con pouco pelo intentando chejar a "chi cago de noite".