As novas xentes de este mundo cren que inventaron a dinamita, pero non, foi Alfred Nobel,(e non se dou un premio para as matemáticas para que non o poidese levar Magnus Gösta Mignas Leffler, o seu enemigo, que lle levantara unha moza),agora que se o finado vise para que se usa e usou, devolvería o invento ó Hades, con esto quero dicir que hai vintecinco anos, veu desembocar neste país un invento dos Americanos do Norte, que se facía chamar Break Dance.
Era un tipo de baile novo que consistía a facer figuras co corpo coma se rompeses, e despóis dar volteretas, tombos , xirar sobre a cabeza, e moitas cousas raras máis.
O baile, ó igual que pasara nos cincuenta co Doo. woop, naceu nas rúas da Gran Mazá, onde os mozos e mozas neoyorquinos reuníanse e intentaban abstraerse do pouco futuro que o mundo moderno lles brindaba; Foi , ó igual que moitas, unha moda pasaxeira, que despóis rexurdeu mediada a primeira década de este milenio, pero que durante os 80 durou dous ou tres anos nada máis.
Empezaba a oirse por aquí, e en Boiro,igual que noutras vilas , tamén se empezou a bailar, influenciados polos programas de radio e de televisión como o que rompía na época TOCATA.
Pois aquel día en Disco Ritmo, anterior e actualmente Dyke, se lles ocurreu a brillante idea de facer un concurso de Break Dance.
Disco Ritmo era un sitio de paso; Ibas á primeira hora dos domingos antes de ir a Disco 3, non pagabas entrada, e atopabas alí a todo o mundo, se tiñas cartos tomabas unha, pero eso era a minoría, xa que as escasas pagas que na casa nos daban, rondaban as catrocentas e quiñentas pesetas, con eses cartos non te podías permitir máis ca entrada de Disco 3, e tomar unha caña ou hamburguesa no Cabaña.
Con ese concurso lograron que a xente quedara un rato máis no local antes de fuxir a outro, e alí se concentraron os bailaríns do concello.
Pode que me olvide algunha xente, pero creo que empezou o concurso Rafael o Janchelo, seguido de Carlos o Rubio, de Cabo, eterno autoestopista, que aparte de bailar ben, intentou xirar sobre a cabeza e logrou un par de voltas.
Non era fácil o dichoso baile, había que ter boa forma física, algo do que eu adolecía, como moito, podía sacar a cadeira do sitio, facer o espello, o moonwalk, paso que fixo famoso Michael Jackson, e un pouquiño o robot, pero alí había rapaces da miña idade, que sí o podían facer.
Saíron dous bailaríns de Vilariño, que non me acordo o nome, e por fin saiu o mellor bailarín de Boiro, que non era outro que J.R. o pintor, bailou moi ben, o seu parecido con Drazen Petrovic, co seu estectacular cardado, xunto con esa elegancia, rapidez e coordinación de pés,pantalón pitillo e tenis de basket coa lengueta fora, fixeron de él o máximo aspirante ó trono do Break Dance,...... pero o summum chegou ó final.
Juanjo Boo, bailaba de vicio, entráballe a todo tía que se movese (a menudo triunfaba), e manexaba pelas, co cal, era todo o mundo estaba disposto a velo bailar.E así foi, elegante, sempre con pantalóns de pinzas, camisa e zapato negro; Pegou uns pasos, que necesitaban de todo, coordinación , forma física, e sobre todo imaxinación, supoño que calquera persona que vaia con regularidade a un ximnasio e teña dez e tantos anos o poderá facer, pero nos 80 todo era distinto.
Como foi de esperar, levou o premio, e aquel día non fomos a Disco 3, quedamos con Boo, tomando as dúas botellas de champán Dubois que levar de premio, e nos deron as doce, hora tope para chegar á casa.
Coma se fose hoxe lembro aquel día, e se algún xovenciño da voltas sobre a cabeza ou pensades que baila ben, é porque non coñecechedes ó Baile da rúa de Vao. Street Dance..
5 comentarios:
Que tempos aqueles, pensar que hoxe saímos da casa cando daquela tiñamos que regresar, eu lembro que en moitas ocasións aproveitabame un pouquiño máis pois viña con un veciño e así en vez de saír de Disco 3 para coller o autobús das doce, saía a hora en que chegaba o bús a Cabo, e daquela media horiña máis na disco era moito, era estar o lado dos maiores que se quedaban ata máis tarde, era poder bailar os temas das lentas ata o seu remate.
Se daquela non había moito a onde ir, a movida estaba toda na zona darriba, tiñamos o Dados, o Cabaña e Dico 3 e Disco Ritmo, non tiñamos moito máis, logo chegou o Anubis e que ben o pasabamos, e pensar que hoxe Boiro ten toda unha rúa adicada á movida nocturna, como cambiou e tamén como cambiamos, agora iso de saír xa che é outra historia.
Saúdos para todos, e a ver se a xentiña se vai animando a contar anécdotas daqueles tempos ou do que lles sucedeu no instituto, ai que darlle vida a este blog, veña todos a escribir que ai que participar.
Os administradores ánimo e que segan adiante.
eu estiven nese concurso,o campeonato ganbouno xirando sobre unha rodilla.
Carlos o Rubio segue a facer dedo
Carlos o Rubio, non está aquí, dende fai uns anos vive nas Canarias e agora é un pai de familia, e xa non fai dedo creo eu.
Me alegro por él, a verdade é que bailaba ben, pero aquel día nn pudo facer nada.
Un dos de Vilariño ten un taller enfrente da gasolinera.
Supoño que todos cos anos vamos cambiando, e que xa somos maiores aínda que segamos tendo dentro de nós un cativo, pero é que agora a maioría sodes pais e iso fai ver a vida doutra maneira e fainos madurar.
Saúdos.
Publicar un comentario