Non o coñecín case nada, tan só nos dou clase un mes, non sei nen sequera como foi parar a Boiro, supoño que porque lle quedaba cerca de Dodro, que era onde tiña a súa xente.
Aquel ano de COU noi 86 apareceu pola porta e nos deixou atónitos, espigado, alto, extremadamente delgado, devorado pola enfermidade que meses despois o apartaría dos seus; No seu lugar veu Ánxeles, unha rapaza moi nova e moi pequeneira coa que tiven algún intercambio de opinión un tanto subido de tono, pero non nos olvidamos de él.
Unha mañá nos avisaron, ....morrera, e non tivemos clase, fomos en varios buses ó seu enterramento, como quen vai a unha excursión, adolescentes sen sentido, sen preocupacións, sen capacidade de meditación, e rematou o día, ...e a vida segueu.
Un bó día lendo o libro O Xene da Chuvia, de X.R. Losada, souben que Ricardo tamén o coñeceu, e volvín a lembrarme de el, no atopei a súa Gramática do Silencio, pero sí lle botei un ollo Á Morte Presentida, agorera, nihilista,agonizante, ferinte coma unha vella canción de Hank Williams, resignada co fado que lle era gardado, que se fixo realidade naquel lonxano ano.
Agora hai un colexio no seu nome, un certame literario, e moitos rapaces de 17 anos, que sen saber quen era, non rematan de olvidalo.
IN MEMORIAM EUSEBIO LORENZO BALEIRÓN
Para rematar disfrutemos de esta canción gañadora de eurovisión 83- Se a vida é un regalo.
15 comentarios:
Nunca mellor dito "A VIDA É UN REGALO" e coma tal hai que disfrutar cada minuto, cada pequeno detalle, cada conversa, cada día como se fose o último.
Sei do que falo, eu trato de disfrutar cada instante pois pode que sexa o último, e quero que cando se achegue o momento de tomar ese tren sen retorno, non ter que arrepentirme de "non haber disfrutado daquel instante", ou "daquel outro", quero lembralo todo porque todo é grande polo simple feito de vivilo e sen máis.
Disfrutade de hoxe pois pode que maña non chegue.
Saúdos.
Para todos os que xa non están, e para todos os que aínda seguen na nosa compañia.
¡Es humano lo que siento!
Este recuerdo del pensamiento,
De este amor perdido.
Ya no hay fatiga,
Ni orgullo,
Tan sólo el tormento,
De perder
La mitad de su latido.
Hasta pronto decía,
Recuerdo de tantas despedidas, y
Ya son muchas las heridas
Que se han convertido
En sencilla poesía.
esta tía leva o pelo cardado coma suso pousada
:-))) Ben....(o nº de coment.)...pero agora non sabemos a qué temas corresponden...:-(((
O que aparece entre paréntesis non é o número de comentarios, senón o número de artigos publicados no correspondente intervalo de datas. O poñer o número de comentarios é interesante, pero non necesariamente doado e/ou posible, todo depende das ferramentas de administración do blog.
Gracias.Quedou claro.
Na miña humilde opinión creo que todos os recordos que teñamos daquela época das nosas vidas teñen collida neste blog, pois por iso leva o nome de 25 ANIVERSARIO DO IES PRAIA BARRAÑA, e supoño que a persoa que escribiu o artigo se lembrou del coma si eu ou calquera nos lembramos doutras "cousas". E paréceme moi ben que se publiquen todos os artigos que se mandan.
E sinceramente, dime ti se non te lembrabas del, do seu andar cansino subindo as escaleiras que semellaba que non ía chegar o segundo piso, ou da súa extrema delgadeza, que supoño que todos nos fixamos nel cando chegou e tamén supoño que nadie sabía da súa enfermidade. Así que tamén merece un oco neste blog aínda que pasase un breve tempo no instituto.
Eu quería saber: caben os 25 anos neste blog ou só se pode falar do 1º ano?? A miña opinión é que un 25 aniversario componse dun historial de 25 anos; de quedarnos no 1º ano...pois só sería o 1º aniversario; a min non me disgusta recordar...todo o contrario: hai cousas que xa tiña algo esquecidas e resulta agradable que alguen che recorde momentos importantes que vivimos, tanto tristes como alegres.ö longo de estes anos pasaron moitas "cousas" neste instituto e tamen moitos personaxes. Abridevos un pouco e non pechedes o circulo....senon chegaremos a pensar que a nosa paroula sobre neste encontro...:-)))
"Pensas participar nos actos conmemorativos do 25 Aniversario?"
Teño unha dúnida e estou un pouco confusa. Cómo ésta foi a 1ª pregunta que se puxo no blog...eu entendín que se refería á cea; pero como agora aparece a inscrición na cea noutro apartado...gustaríame saber qué outros actos hai previstos e poder participar.
x k tds os k dn brrds sn anonims ?
dxdns n pz o k ns gst e mrchd a outra pxn, x ex. amarjhados.com
APOIO O QUE DIXO ESTE ULTIMO ANONIMO,NESTA PAXINA NON TEÑEN CABIDA OS AMARGADOS DA VIDA QUE UTILIZAN ANONIMAMENTE ESTE BLOG PARA EXTERIORIZAR O SEU COMPLEXO DE INFERIORIDADE METÉNDOSE COS QUE PUBLICAN ARTICULOS OU EXPRESAN AS SUAS OPINIONS SEN METERSE COS DEMAIS.
t q rsmna
Moitas grazas por esta fermosa lembranza dun dos galegos que máis admiro. Para min, é un dos mellores poetas da nosa terra, e merece ser honrado nun Día das Letras Galegas. Sentín moito non coñecelo. Fun coñecer á familia e veu a emoción. Tamén conmove saber que estivo aquí en Boiro. O relato do día do enterro soa moi real.
Graciñas e noraboa ao Praia Barraña.
Eusebio, a túa obra está nas nosas sombras.
como se nota que o administrador é do barça: para o próximo día pon o cabesaso de juanito a matthaus (maradona tivo sorte de que non o pillase por pouco San José
Cando vexa ó administrador heille depreguntar si é do BarÇa.
Non sei.
Creo que nunha entrada anterior O VELLO ATOCHA hai un video con 5 goles do Madrid.
Publicar un comentario