jueves, 18 de septiembre de 2008

O EXAME DE FISICA- Mary Hermo

Recibo anual da APA o Insti.

Lembro un exame de física, a min dábase fatal, parece que non atinaba nunca para aprobar pois sempre me quedaba ás portas do cinco, aínda que claro con Paco o de Física era todo un éxito pois ata os máis estudosos da clase lles custaba, así que os meus case cincos eran para festexar.

Pero lembro una anécdota, pois daquela entendía que os profesores cando corrixían os exames para non ter que traballar moito facían un círculo no chan e tiraban os exames ó aire e os que caerán dentro do círculo serían os aprobados, e logo só era darlle unha nota a uns e outra distinta a outros(ou polo menos eu cría que algúns si o facían, pois o que iamos, eu daquela estaba en 2º e a Física para min era un tortura (logo claro como masoquista en 3º fun por ciencias puras), non sei que exame foi nin como era o exame.

Lembro que decidiramos pegarlle o cambiazo entre algúns compañeiros, así que emprendemos a búsqueda de cómplices para a nosa argallada, e así foi atopamos uns bos cómplices con mentes privilexiadas e que tiveran unha letra similar a de cada un de nós; unha vez tido os cómplices tiñamos que ver como íamos facer para que o exame saíse da clase, e así foi argallámolo ben, eu púxenme ó lado da porta de atrás da aula para votar o exame por debaixo da porta, e como Paco xa daba daquela os folios contados tiven que facer verdadeiras virguerías para que non se notase, así que copiei as preguntas do exame nun folio e quedei coa copia e fun facendo tempo e incluso ata cheguei a preguntarlle de cando en vez algunha dúbida.

E aló foi o orixinal por debaixo da porta e alí estaba o noso cómplice esperando por el para levarllo os outros membros da argallada, dala a un tempo chegou de novo para devolverme o exame pero o problema era que non só era o meu senón o de outras dúas persoas máis, así que sen cortarme un pelo levanteime para entregalo (ata nin me molestei en pasalo coa miña letra, entregueino tal cal) e como se fose o vento deixeillo as outras dúas persoas máis, ninguén se deu conta do que pasaba.

Esperando os resultados, chegou o inesperado, como había tan poucos aprobados, Paco decidirá que con ter un 4,75 (creo que era esa a nota pero non me lembro ben) xa servía. Así que cando chegou o día de dar as notas e entregarnos os exames chegou a tolería e a tortura, eu aprobei coa nota xusta pero as outras dúas persoas non, pero si as respostas eran idénticas, non cambiaba nin unha coma, non cambiaba nada, lembro que ata tivera ganas de darlle cos tres exames na cara, pois non se entendía que tivésemos notas distintas se era exactamente igual, pero bueno, así foi ,eu aprobei e as outras dúas persoas creo lembrar que non.
Así que daquela quedei coa sensación de que algúns profesores utilizaban o círculo para corrixir e que logo daban as notas ó azar en función do nome do alumno.
Foi a única vez que fixen algo así para poder aprobar, dende aquel momento dixen que nunca máis despois de todos os nervios que pasei e sobre todo do medo a que nos pillaran, resulta que tanto traballo non serviu para moito, así que dende aquela a Física era un dos suspensos que me acompañaba.



19 comentarios:

Anónimo dijo...

Estou abraiado e moi contento de ver que tanta xente daquela promoción triunfou e fixo cousas tan importantes. Pero digo eu, ¿non hai nadie ó que lle fora mal, que estea no paro, separado, sea unha simple ama/o de casa, ou que pese a manter un eterno sorriso teñan pasado un inferno e ó mellor ó siga pasando. Supoño que esta cea é non só para os que triunfaron e poideron traballar e loitar , coma para aqueles que non poideron non quixeron ou non superon chegar a mais. Espero que a reunión non sea para comparar a ver quen a ten mais grande e non me refiro únicamente ó que estades pensando.

Anónimo dijo...

No me puedo creer lo que leo. Pero hombre mira yo era de las guapas, con muchos amigos y amigas con buenas notas e iba a hacer carrera en el campo de las ciencias.
Pero me casé con un compañero de Instituto, persona importante hoy en esa localidad, tuve dos niños como no encontraba trabajo me dediqué a cuidar a mis hijos. Años después dejé a mi marido al que le gustaba más la botella que yo, me fui de Boiro engordé veinte kilos y de mi pelo rizado solo queda el recuerdo, tengo un coche de veinte años, mi ordenador es más viejo que yo pero al m enos entró en la red un rato al día y me lo paso en grande y soy feliz, vivo tranquila y tengo claro que lo importante son las personas y no sus cargos o cargas.
Desgraciadamente no voy a la cena porqué no tengo ganas de verle la cara al padre de mis hijos que sino ¡vamos! yo la primera . Un beso para todos y seguid con el blog que es muy divertido.

Anónimo dijo...

Eu penso que gran parte das cousas que neste foro se escriben teñen certo tono humorístico, e como tal hai que tomalas. Hai que sacarlle ferro ó asunto e, desde logo, non meterse a mirar si este triunfou mais o menos que aquel outro. ¿Qué importa eso nunha reunión/cea destas características? Outra cousa é que alguén, por exemplo, diga: mira, fulano chegou a arquitecto e diseñou tal edificio. Vale, mentres non sexa o fulano mesmo o que se alabe todo está ben.

Anónimo dijo...

Ojala vinieras a la cena tu y no el padre de tus hijos.Pareces una persona muy interesante y quien sabe..............

Anónimo dijo...

A min foime fatal, cambiei seis veces de domicilio nos últimos sete anos, de parella... nin che conto, de traballo a ostia de veces e para acabar de jodela son socio do Celta.
Pero da cintura para abaixo estou feito un rapás........cagho por min, mexo por min...
aínda así se hai que comparar non hai duda de que a máis grande teñoa eu.

Anónimo dijo...

Eu non comparo a ninguén polo que ten ou deixa de ter, aprendín a valorar os pequenos detalles da vida (cousa que daquela non me ensinaron nin a min nin a ningún de vós naquel instituto), non vou dicir que me fose mal na vida; eche certo non teño traballo, nin un pai o que lle importe moito se estou viva ou morta, pero do que estou moi orgullosa é de ser eu sen máis.
A miña vida dende aquela foi un transcorrir de hospital en hospital , e de médico en médico, cousa que aínda hoxe segue sendo así; traballei nisto e naquilo e agora son unha alegre pensionista que vive, eso sí sempre sentada, por iso de manter a boa reputación que xa tiña daquela de gran vaga.
E asegurovos que non me queixo, escribo a míudo neste e noutros sitios, coño se me sobra o tempo,polo menos xa logrei vatir un récord dunha morte anunciada.
Esa cea terá que ser unha boa argallada, para pasalo ben e nada máis, sen comparacións absurdas que nunca serven para nada, e aínda que vexamos caras que non nos gustan, coño que cojones se esta vida tan só é para vivila e desfrutala, que ó final son catro días e de aquí non nos levaremos nada, bueno levaremos os bos recordos e os momentos nos que gozamos.
Así que ninguén diga que non vai ir para evitar ver a alguén, se eu vou ten que ir todo o mundo, pensade que algúns xa non están entre nós, pensade en que veredes os antigos compañeiros cos que algún día desfrutachedes.
Así que todos a esa cea e que non se diga, nada de cobardías.
Veña adiante e para arriba.

Anónimo dijo...

Non tiña pensado crear tanta polémica pero alégrome porqué alomenos a xente animouse a escribir. Por certo Mary Hermo eu coñezo alguna persoa xoven coma ti que tamen a pesar de que enfermou moitas veces ou tivo una vida dura tamen sigue cun soriso e cada dia loita polas pequenas cousas. A ela xa a coñezo agora espero coñecerche a ti na cea. Un forte abrazo.

Anónimo dijo...

Por cambiar de tema, despues de leer lo que escribió Saborido, me acordé de que yo tambien fui de los que llevaron las mesas del Francisco Franco al Santa Eulalia, asi se llamaban de aquella, en Séptimo de EGB, o sea que tambien lo inauguré. Tambien recuerdo que estuvimos un tiempo en las colonias no me acuerdo del motivo, pero si que pasamos las de san quintin con el frio y con Juan Antonio "medio metro", que daba cada guantazo que te quedabas atontado, aunque claro ya venías acostumbrado de don Antonio un director que había en Cabo de Cruz, los de allí lo recordareis, y de doña María JOsé que te batían la cabeza contra el encerado en menos que cantaba un gallo.
Por cierto uno muy simpático y que dio clase a los que fuimos un año a Ribeira, parecía de todo menos profesor de gimnasia, bajito delgado y con gafas de culo de botella, ¿alguien recuerda como le llamabamos?.

Anónimo dijo...

Este blog foi creado simplemente para reencontrar ós vellos compañeiros/as cos que pasamos momentos agradables fai agora un puñado de anos, creo que os vellos rencores se deberan olvidar e pensar simplemente que nos imos atopar o día 17, uns máis vellos, outros máis xóvenes, uns con máis sorte na vida outros con menos, pero o máis importante é poder disfrutar desa cea.
Por certo Mari Hermo un saúdo
e sigue sempre con ese humor.

Anónimo dijo...

Pode que incluso xa nos coñezamos, aínda que eu non ando moito por Boiro, máis paseo polo Cabo que é a miña terra, e coma sempre sitio distinto, estou case segura que nos coñecemos, ou que polo menos seguro que daquela no instituto coincidimos aínda que non fose na clase, seguro que na cafetería si, claro está se eras unha persoa que adoitase pasar algún tempo na cafetería e tomando os bocadillos de tortilla de Angelita, ou indo a buscar os bocadillos de calamares do Xunta, o a votar a partida na do Sheriff. Ademáis a miña foto anda por aí, esa do libro azul.
Dariavos a todos unha recomendación, en vez de escribir como anónimo, podedes escribir co nome e se tedes algunha web así dadeslle publicidade cando os demais queiramos saber quenes sodes.
E non vos esquezades de visitar a web de Cabo, pinchades no meu nome e xa vos leva alí, ten moitas fotos e merece a pena.
Tamén vos recomendo Boirocidadán sobre todo a parte de ASOCIÁNDONOS, que realmente estas webs teñen un traballo detrás de moita xentiña que non tiña nin idea do que era un ordenador e agora xa se van mentendo nesto das novas tecnoloxías (que de novas teñen ben pouco, pois xa levan dez anos chamandolles novas, jajaja).

Anónimo dijo...

Nin maìs xovenes nin maís vellos. Todos con 25 anos maís.A ver si aprendemos a sumar. A ver si algún fai trampas

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
Anónimo dijo...

Esto empesa a animarse, veña sejidelle dando.

Anónimo dijo...

Esa persoa á que lle aburren tantos comentarios de Mary Hermo é un pouco desconsiderada ó manifestalo desa maneira. Ó fin e ó cabo non está obrigado/a a leelos si non quere, ¿ou si?
Sigue escribindo canto queiras Mary.

Administrador dijo...

Non é que queira aplicar a tixeira , xa que eu non son Cela nen Catón para andar de censor pola vida, pero a verdade é que hai comentarios que podn ofender.
Queremos que este blog sexa un punto de encontro entre todos aqueles que non nos vemos ou non falmos dende hai moito e único punto de unión foi o instituto.
Así que adiante cos comentarios e sen ofender.
Por certo,ó que lle cansan os comentarios de M.H. que entre na páxina do Marca que seguramente a atopará máis gratificante e tamén recorda os vellos tempos.
Só quixeramos como administradores que a metade d xente puxera a ilusión e as gañas de colaborar que pon M.H.
Unha aperta.

Anónimo dijo...

Pero esto que ven sendo? se non fose por esta rapaza este blog sería bastante menos interesante. Deixemonos de queixas que todos temos moito que rascar, vale, que a uns foilles moi ben e a outros mais mal, e qué? esto non e unha axencia de contactos, simplemente sirve para qué contemos e recordemos algunhas das mellores batalliñas que temos pasado.
Por certo o profesor polo que preguntaban chamabanlle Tijiringo, non sei porqué pero asi era coma Mortadelo pero en pequeno.
Xa se me olvidaba Mary Hermo ¿por qué sempre pensei que te chamabas Cristina?

Anónimo dijo...

A min non me ofenden os comentarios, pois o fin non son máis que palabras.
Así que por min non hai ningún problema e o que non lle guste que o diga, pero que escriba algo polo menos que o final trátase de darlle vida a este blog de antigos compañeiros.
A ese compañeiro que cría que me chamaba Cristina, supoño que sería por ese aspecto de querer gobernar, jajajaja.
Veña que temos que ir pensando no día da cea para rirnos todos xuntos coma naqueles tempos.
Saudiños a todos.

Anónimo dijo...

Mary Hermo, encánttame a sereidade dos teus comentarios.Adiante.Unha apreta moi forte do teu vello profe Rodrigo

Anónimo dijo...

Menú sugerido
1º Ancas de rana con curry (tipica salsa inglesa)
2º Terndeira en bloque nacionalista galego
3ºPostre Platinis flambeados
Precios
-Triunfadores en la vida +60.000 euros anuales......50euros
-Casados/as con hipoteca.....30 euros
-
Divorciados/separados/arrimados/pecadores.....25 euros
-Resto mortales.....20 euros
-Marcelino.....la colecta del domingo de misa.