Era o libro que estrenamos ós catorce anos, e que todos esperabamos pechar ós dazaoito con unha boa nota no COU e na Selectividade.
Algúns tiveron a brillante idea de borrar as notas con tipex e poñerlle aprobados por riba, pero non colou.Foron pillados e castigados, foi unha anécdota divertida.Se agora os seus fillos, que os teñen, fixeran o mesmo, habería que escoitalos.
Ese libro azul tamén nos revela como cambiamos nun cuarto de século, (tamén cambiamos nun cuarto de baño), pero non pasamos tanto tempo, bueno...., algunha xente sí.
.jpg)
Esta rapaza é unha das nosas maiores colaboradoras e lectoras no blog,comparte as súas ideas con todos e sobre todo ten unhas ganas enormes de entrar en contacto con tódolos que fomos os seus e as súas compañeiras, hai tempo que non a vemos, pero esperemos que todo lle vaia moi ben.Ela leva a páxina web de Cabo da Cruz e vos animamos a visitala http://cabodecruz.org .
Tivo a grande idea de enviarnos a foto do libro azul ,con selo incluido, de aquel libro causante de alegrías e preocupacións, aquel libro que Mari Carmen a administrativa gardaba con tanto celo na vella secretaría, ese libro que toda a nosa xeración quería ter con todo escrito en tinta azul, como o ceo, como o mar,a verdade é que eu tamén estiven buscando a foto, pero non atopo o libro, seguramente está nalgunha caixa con todos os recordos que forman parte do inesquecible da vida.
Unha homenaxe para todos e todas os que tivemos e conservamos na nosa memoria O LIBRO AZUL.
Grazas por enviarnos o voso material.
1 comentario:
Estiven pensando, agora nos institutos e en moitos centros de ensinanza primaria fan como unha especie de orla. Naquel tempo non a faciamos, pero que vos parece se todos ides recuperando aquela foto do libro azul (que tantas noticias deu os nosos pais, claro boas e malas)e facemos unha gran orla cos primeiros 260 alumnos do IES PRAIA BARRAÑA, que daquela non era máis que o IBM DE BOIRO. Veña animadevos e buscade ese tesouro do libro e a mandalo o administrador, a ver se entre todos podemos facer esa orla, aínda que o ideal sería por o lado a foto do libro e unha de hoxe, está claro que tamén deberían facelo todos os que ano tras ano repetiron a súa asignatura, sí, refirome os profesores que eran os maiores repetidores de curso pois sempre dician o mesmo nas súas clases un ano e o outro tamen.
Espero que vos guste a idea, aínda que semelle unha americanada, pero fagamola nosa, coa foto do libro e o lado unha actual.
Jo, as miñas greñas desapareceron, e non tiña canas, e agora, miña nai teño o pelo case branco e para que teñilo debeme de dar un aire máis intelectual.
Saúdiños para todos vós.
Noraboa os administradores deste blog. e porque non facer publicidade da web de cabo http://cabodecruz.org
Publicar un comentario