Platini foi un profesor de francés que houbo no instituto;Ninguén sabía o seu nome , simplemente Platini.
Veiamolo pasar coa única alumna que había de francés , que lle sacaba dúas cabezas.
Pero Platini houbo outro que nos amargou a tarde un bó día.
Despois do doce -un a Malta.
¿Quen nos iba a decir que despois do penalti fallado por Carrasco?
Despois do Gol de Maceda a Alemaña no último minuto, iba ser ÉL quen nos fallase, pois xa vedes , de heroe a villán.....c´est la vie, c'est Platini.
¡Pobre Arconada!
7 comentarios:
Que lle sacaba duas cabezas e que estaba coma un tren!
a 1:28, sei que non durmes
¿e ti?
Falando de deportes debíamos recordar a Máximo, que nos deixou tan pronto, profesor magnífico en todolos aspectos. ¿qué foi do fino José Antonio, xefe de estudios?, de Lola que non daba unha clase sin gafas de sol, de Anca o de inglés e daquela profe de historia que andaba en cadeira de rodas e daba as clases frente a sala de profesores e que tiña un xenio de mil demonios. De Rodrigo creo que xa se falou bastante supoño que seguira con aquelo de hijas mías, hijas de María. Capítulo aparte merecería Santi, perdon Santiago, pero ese capitulo debería escribilo outra.¿non si?
Acórdome de Platini, aquel profesor petardo que nos dou clase en segundo de xeografía, de
Checha a de música, da Pitufina que nos dera inglés en primeiro, de Fernando o dos ollos saltóns que nos dera matemáticas tamén en primeiro......
"lincharon" a Arkonada por ese gol sin reparar en que os seus paradóns déronnos o pase en cuartos e semifinales". Ó pouco deso non volveu á selección cando aínda lle quedaban varios anos ó máximo nivel. Foi inxusto, xa que lle roubaron 2 ou 3 anos de selección.
Vaia ano con Platinì dàndonos Xeografìa, non fixemos nada en todo o ano.Acordome da excursiòn a que nos levaron èl e Marìa Fandiño por ser unha clase "Modelo".Teño fotos simpàticas desa excursiòn alì en Combarro o que pasa e que estàn borrosas e non podo poñelas.
Publicar un comentario