sábado, 31 de enero de 2009

CANÇIONEIRO POPULAR- O MUIÑO-Ramón Laíño



É o meu propósito dár a conoçer parte das miñas recolleitas levadas acabo na miña época de adolesçente e xuventude, as cales foron herdadasdos maiores do meu lughar dun xeito intençionado e buscado por min eoutras veçes indirectamente.

Todo o isto forma parte do noso patrimonio cultural.

Asímesmo é extensible e está emparentado en boa parte co entornovivençial de toda a nosa xente deste país como denominador común dasnosas semellanças.

Con esta pequena exposiçión pretendo honrar nas miñas humildes posibilidades aos que mantiveron viva esta chama, coa fin detransmitírvola a vós e ás xeraçións vindeiras.


RECOLLIDA DO NOSO CANÇIONEIRO POPULAR



TEMÁTICAS DA EXPOSIÇIÓN:
O MUÍÑO.
- Unha noite no muíño, unha noite non é nada, unha semaniña enteira,esa sí que é muiñada. (ensoufarse de fariña)

- Fun ó muíño con Paula, fun ó muíño con ela. Ela durmeu no meu regaço/ nos meu braços e eu durmín no regaço / nos braços dela.

- Esta noite no muíño ha de haber o que ha de haber, as telliñas domuíño / tellado han de ir ó río beber.

- O muíño troula, troula (roelo millo), se troula déixao troular, afilla do muiñeiro arrabea por casar.

- Unha nena foi ó muíño moer para unha empanada, non trouxo a fariña e veu preñada.

- Esta noite hai muiñada. Bóteme / Tíreme o caldo mimadre que eu tamén son da manada.

- Muíños de Pedrachán, levei os sapatos novos, trouxen as soles.(soles = solas dos sapatos)

- Os muíños de meu pai eu ben lle sei o tempero, cando está alto,baixalo, cando está baixo, erghuelo.

- A nosa burriña cando vai para o muíño, vai toda enfariñada, cheíñade frío, cheíña de frío e máis de xiada. ¡Ai, a nosa burriña sempreanda carghada!.

- Aturuxas, aturuxas, eu ben sei onde os hai. Polo reghueiro arribanos muíños de meu pai.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Pareceme perfecto o de recuperar o cancioneiro. Oxala maís xente se compronetera tanto coma ti e Mary co proxecto. Eu entre eles. O problema e que non teño talento.

Anónimo dijo...

O noso pésame a Luis e familia.

Anónimo dijo...

¿que pasou na familia de Luis?
Dicidemo porque eu non me enterei de nada.

Anónimo dijo...

Ola, como non acabo de chegar e quero da-la grcias a toda a xente que me da o pésame pola morte do meu Tio Jose´, pioneiro dos taxistas de Boiro

Anónimo dijo...

Claro, ants non puxen nome. son LUIs