miércoles, 15 de abril de 2009

CANTARES DO MUNDO ANIMAL-Ramón Laíño

DO MUNDO ANIMAL E NATURAL

Cantar da balea


- Dunha ves caeu un moço ó mar e estaba preto unha balea. Entón a balea sospiraba ao ir açercándose a el, para despois salvalo. Di o cantar:

- “No medio do mar sospiraba unha ballena, no sospiro deçía, muchacho non teñas pena.”

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
A Roxiña:


- E vira roxiña e volve a virar que as túas voltiñas son malas de dar.

(Roxiña tanto podía referirse ao adxectivo cualificativo dunha vaca, xa que era frecuente nomear así ás vacas con esa cor, ou tamén referida a unha persoa).

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Releo por ver un niño:


- Un rapas encontrou un niño e díxolle outro neno, ¿e non mo ensinas?

- Non oh!.

- ¿Por qué?

- Porque se poden asañar. (Cando se encontran crías de paxaros nos niños ou caídas deles, se se lles toca é case seghuro que a nai os desbote e xa non os queira, porque lle queda o cheiro da xente, e sinte como se xa non foran seus. Todo isto significa asañar)

E dille o rapas que quería velo:

- Fulaniño sabe un niño e non mo quere ensinar. Formighuiñas de tal parte ídelo visitar. Se ten ovos, solvédeos e se ten paxaros, comédeos.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

O ghalo da señora María:


- ¡Señora María-aaa! ¡Reprende o teu ghalo que anda pola calle rascando o carallo!

¿Eh logho-ooo que lle pasa?

¿É que non vés que anda dando verghonça a cabalo das ghaliñas?
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------



O moço de Maruxiña que ía botar a aghua á braña:


El foi botar a aghua ás súas brañas e para eso tapou as tornas das dos demáis e abreu as súas para que a aghua entrase nelas e as quedase reghando mentres non viñera ninquén a cambiarllas.

Foise camiño de volta para a súa casa e neso veu á súa moça que viña para apañar herba e botar a aghua ás brañas dela.

El sabía que o traballo que el fixera iba ser desfeito pola súa moça para proveito dela.

Entón el dille que co vento que iba era imposible apañar a herba porque lle desfaçería os mandos e non daría posto o çesto da herba ou non podería façer os feixes, por eso el bota este cantar para tratar de convençela.

Así lle cantaba o moço a súa Maruxiña:

- Ai Maruxiña non vaias á herba que vén o aire, Maruxa, toda che leva, toda che leva, lévacha toda.
- Ai, Maruxiña, Maruxa, non seas tola.


------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

- Esta noite e máis a outra, e máis a que xa pasou, miña pereiriña nova quen vola rama cortou.

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------


- Hoxe é dominco, mañán día santo, tres palomiñas enriba dun (sentadas nun) banco. Dálle que dálle cun bastón hasta que sala a proçesión.
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

A toupeira e o sapo:


- A toupeira tiña ollos pero non tiña rabo e o sapo tiña rabo pero non tiña ollos, entón a toupa doulle os ollos ó sapo e o sapo doulle o rabo á toupa. E así di o refrán:


- Fixestes coma a toupa que cambeou os ollos polo rabo.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------


Pola pinta din dos montes, os mares pareçen fontes.
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Arco da vella vaite para a túa terra, senón vén o demo e lévache.-
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------


O niño de ghorrión:


Unha ves era un rapas e atopou un paxariño. Preghuntoulle un home:

- ¿Cómo se chama?

- Paxariño ghorrión.

- ¿E onde vas façelo niño?

- ¡Ai, á horta do señor cura, ó máis alto ramalliño!

- Ten coidado que os “corvos” non che coman os ovos e mailos paxariños.
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

O touro e os cabaleiros:


- Dous cabaleiros xuntos:


Un: Salga el toro, salga el toro que lo quiero ver salir. Salga el toro, salga el toro que lo quiero ver morir.


Outro: Salga el toro, salga el toro, yo no lo quiero matar. Pena de la vida tiene el que mata un animal.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------


Canta rula na ghaiola, canta rula na ghaiola que hoxe cantas dentro e mañán cantas fóra.
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------


A ruda tódolos males cura, non sendo o da morte que non ten cura.
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------


O chasco e a pimpina:


- Dunha ves era un chasco e máis unha pimpina que iban para unha fiada. Os rapaçes diçían que os chascos eran do demo e as pimpinas de Deus.
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Viña o demo perseghuindo a Deus que iba diante e xa pasara por xunta o chasco e a pimpina.

Entón cheghou o demo xunta os dous paxaros e preghuntoulles se viran a Deus e tamén se pasara por alí e nese caso, qué camiño collera.

Os paxaros contestáronlle ó demo de diferente xeito, seghundo o seu pareçer. Así di o cantar:

O chasco: - Chas, chas, por aquí ben vas.
A pimpina: - Pim, pim, por aquí non vin.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
A castaña no ouriço quixo rir e arrabeou, caeu do castaño abaixo, mira que tombo levou.
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------


Xa morreron os cans, queda o rancho solo. Falta que morra eu para que se acabe todo. Jaiolí, jaiolá.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

A corrida de touros non é festa, nin deporte, nin arte, nin nada.
Claramente é un crime e unha tortura aos animais.
Estou de acordo co segundo cabaleiro que quen mata un animal pena ten desta vida.

Anónimo dijo...

Cantas aventuras dos mozos e mozas daquelas épocas cando se botaba a auga ás brañas.
Que fresquiña debería estar a herba a quen lle tocase poñerse por debaixo.
A cantidade de covadas e figuras que se deixarían na herba fresca os amantes.

Virginia Reprimida Castidad dijo...

Buenooo....¿xa empesamos outra ves coma onte...?sempre levando todo ó terreo sexual...¡Qué xente máis luxuriosa, Dios mío querido...!

Anónimo dijo...

Bule a primaveraaa..!!!!