martes, 14 de abril de 2009

LENDAS - A COBRA DO ENCANTO




Cóntase que unha vez un mozo, que andaba nun prado na beira do río, viu chegar un mouro e una rapaza guapísima, e aquel mouro seica era un xenio.

O mozo agachouse, chegou pé deles sen que o visen, ó tempo que o encanto, despois de falar nunha fala estraña dixo:


— O que te desencantar tres bicos tenche que dar.



E coa mesma desapareceron mouro e muller por riba do río, mesmamente coma se fose a brétema que varre o ar.

O rapaz, curioso de seu, foise ó día seguinte de amañecida ó mesmo sitio. Agardou á beira do río, nun claro entre as ramalleiras, mirándose no buligar das augas.

Ó pouco de chegar, oiu un asubío po-lo medio do río: cando mirou papou máis medo que na vida. Por riba do río viña a cóbrega máis grande que ninguén vira nunca .

Avanzaba por riba da auga coa cabeza ergueita, fitando para o rapaz e botando un ferrete grande como un dedo.

O mozo tiña o medo metido no corpo, mais aguantou mentres a cóbrega se achegaba. Cando a tiña de frente, tiroulle un bico e a serpe fuxiu coma un lóstrego. Outra vez voltou o reptil e otra vez fuxiu ó recibir un bico.

Chegouse a cóbrega unha terceira vez xunto do mozo, quen lle deu otro bico máis. Nese mesmo intre, a serpe perdeu a súa forma e recuperou a da belida moza, que rompeu a chorar nos brazos do rapaz.

Contan por Carral, que o mozo e a rapaza casaron en fóronse vivir ás terras dela co tesouro do xenio.


CARRÉ ALVARELLOS, Lois. Contos populates da Galiza, Museu de Etonografía e História, Junta Distrital do Porto, Porto, Portugal

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Bonito conto. Sabedes se funciona sempre??

Anónimo dijo...

O enamoramento é un estado transitorio de vulnerabilidade adquirida. Pasa co tempo, non fai falla ningunha terapia específica. Gástanse tantas enerxías durante o enamoramento que morreríamos si a cousa non fora temporal.

Anónimo dijo...

:(( facedesme chorar!!! Que se o amor é terrible...que se non dura...Deus de Deus...eu só quería saber se funcionaba o de darlle un bico á serpe ...para que se vaia...:(((( (ou se transforme, claro)

Anónimo dijo...

Eu non quería transmitir que o enamoramento sexa terrible. Polo contrario, é unha cousa estupenda. É unha axitación completa do noso ser. Vas como nas nubes, e polo tanto con algo de desconexión ca realidade. Un estado de... ¿embriaguez exquisita?... ¿un colocón colocado?... Non sei... pero o que sí sei é que os momentos sublimes son efímeros casi por definición. Poñamos un exemplo algo bruto (pero espero que non de mal gusto): non se pode estar en pleno orgasmo toda a vida...

Anónimo dijo...

por qué non?. Ese é o obxectivo da vida...(non sempre alcanzable, claro....pero obxectivo!!!)
jajajajajaja!!!Sigamos intentandoo...non?

CONTACTO CON TACTO dijo...

Sí que se pode estar en pleno orjasmo toda a vida, sí...e sinon que llo prejunten a Nacho Vidal, Rocco Sigfredi ou Shane Diesel...
(¡ oops !,por poñer uns exemplos reales como a vida mesma,e como disía o anterior anónimo,eu tamén espero que non me quedasen de moi mal justo).
Por outra banda desir,con un pouco de tacto tamén no que dijo,por si se me malinterpreta(que sempre hai xente moi mal pensadiña de Dios),que os comentarios no blog están tomando un caris e uns derroteros, que teriamos que plantexarnos tamén a posibilidade de incluir no mesmo unha SEXCIÓN(Unha sección quero disir..un apartado...,un recadro nunha esquina por pequeno que fose), na que os usuarios interesados en ELLO poidesen coljar a súa foto e así poder chejar a chatear, a entablar relasión, ou a CONTACTAR,vamos a supoñer, si se dera o caso cas persoas ou animais(sexan do sexo ou da inclinasión sexual que sexan), interesadas/os en ELLO.
É só unha idea, pero eu deixoa ahí flotando no aire, para considerasión dos encarjados do blog.E insisto, non é porque a mín me interese o TEMA eh,¡que quede claro!.